|
BASES PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS CON CARGO AO ART. 48, SUBFUNCIÓNS 313, 451, 452, 453 E 463 DO VIXENTE ORZAMENTO MUNICIPAL
1.- En execución do que dispoñen as bases de execución do orzamento sobre réxime de axudas e subvencións públicas, poderán ser obxecto de subvención as actividades incluídas no art. 48, as familias e institucións sen fin de lucro, do capítulo 4 do orzamento de gastos, subfuncións: 313 (acción social), 451 (promoción e difusión da cultura), 452 (educación física, deportes e esparcimento), 453 (outras transferencias para protección do patrimonio histórico-artístico) e 463 (comunicación social e participación cidadá).
2.- BENEFICIARIOS: Escolas Unitarias e CPI do Concello, entidades, sociedades ou asociacións culturais, deportivas ou de pais de alumnos, debidamente constituídas e rexistradas conforme á lexislación de aplicación; comisións parroquais ou veciñais, de festas patronais populares ou doutra natureza, etc., que, sen fin de lucro, radiquen e se domicilien no termo municipal e desenvolvan as súas actividades dentro do mesmo, en beneficio dos seus habitantes, ou familias necesitadas en caso de solicitudes benéfico-sociais. (Exceptúanse desta convocatoria aquelas subvencións que constan asignadas nominativamente no orzamento municipal e as que sexan obxecto de convocatoria específica como as de transporte ou bolsas universitarias).
3.- As peticións deberán dirixirse ao Sr. Alcalde-Presidente, conforme ao modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais, acompañándose dunha memoria na que se fará mención á identidade da entidade solicitante e ás persoas beneficiadas directa ou indirectamente pola axuda; orzamento detallado da inversión a realizar e calendario da mesma; fotocopia compulsada do CIF; fotocopia compulsada dos estatutos polos que se rexe a entidade; se fose o caso, cualidade da representación que ostente o asinante da petición, se o fixese en nome dunha entidade e tal circunstancia non constase xa no Concello; certificado da entidade bancaria na que se teña aberta a conta onde desexe que se fagan os pagos da axuda que se conceda; acreditación de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, ou autorización para que a mesma poida ser pedida dende o Concello; memoria das actividades realizadas no exercicio anterior; declaración responsable de non estar incurso e ningunha das causas que determina o art. 13.2 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Lei Xeral de Subvencións, segundo o modelo que se facilitará nas oficinas municipais. No caso de familias necesitadas, acompañarase informe do Servizos Sociais do Concello. (Non será preciso presentar a documentación que xa obre no Concello, por ter sido presentada en anteriores convocatorias).
4.- PRAZO DE SOLICITUDE: Antes do próximo 30 de abril, ou dentro do prazo de prórroga que no seu caso habilite a Xunta de Goberno Local en tanto os créditos dispoñibles permitan a reproducción das convocatorias.
5.- En xeral, o prazo de cumprimento da finalidade para a que se concede a subvención deberá ser sempre dentro do corrente exercicio económico. A súa xustificación farase mediante facturas ou documentos debidamente acreditativos da efectiva realización do gasto, en orixinais ou fotocopias compulsadas pola Secretaria do Concello ou polo notario.
6.- A Xunta de Goberno Local resolverá sobre as solicitudes presentadas, tendo en conta as memorias presentadas, a importancia das actividades previstas e cos límites do crédito orzamentario, que ascende ao seguinte, diferenciado por partidas:
313.480 = 1.500€
451.489 = 48.000€
452.489 = 13.000€
453.489 = 15.000€
463.489 = 1.000€
7.- Conforme ás bases de execución do orzamento:
a) Os beneficiarios quedan obrigados a facilitar canta información lles sexa requeridad polo Consello de Contas.
b) O Concello resérvase a posibilidade de revisión das subvencións concedidas pola alteración das condicións que se tiveron en conta para o seu outorgamento.
c) Procederá ao reintegro das cantidades percibidas, con esixencia do interese de demora dende o momento de pago nos casos que se tivese obtido sen reunir as condicións requeridas para elo, ou se incumprise a finalidade para a que fora concedida.
8.- PUBLICIDADE: Tanto a primeira convocatoria como as sucesivas prórrogas que puidesen acordarse pola Xunta de Goberno Local, serán obxecto da publicidade axeitada no BOP, no taboleiro de edictos e nos lugares de publicidade de costume en cada unha das parroquias do termo municipal.
O Pino, 7 de marzo de 2008
O ALCALDE
Manuel Taboada Vigo |