|
D. MANUEL TABOADA VIGO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE O PINO ( A CORUÑA)
INFORMA
Que está aberto o prazo de solicitude de prazas para pensionístas que desexen participar no Programa de Termalísmo Social ( BALNEARIOS).
REQUISITOS E BENEFICIARIOS
1.- Ser pensionísta do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación ou invalidez, en todo caso, e polo concepto de viudedade ou de outras pensións, únicamente cando o beneficiario tivera cumprido os 60 años de idade. Tamén poderán ser beneficiarios os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, e teñan mais de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
2.- Non padecer transtornos mentais graves que poidan alterar a normal convivencia nos establecimentos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
3.- Poder valerse por sí mesmos para as actividades da vida diaria.
4.- Precisalos tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médicapara a recepción dos mesmos.
5.- O solicitante poderá ir co seu cónxuxe ou persoa que conviva en relación de parella para a que non se esixe a obligatoriedade de cobrar unha pensión pola Seguridade Social.
QUENDAS E SOLICITUDES
- Para as quendas dos meses de xaneiro ata agosto, ambos inclusive:
*Con prioridad na adxudicación de praza dos meses de xaneiro a febreiro ata odía 12 de decembro de 2007.
*Con prioridade na adxudicación de praza dos meses de marzo a agosto ata o día16 de xaneirode 2008
*Ata o 16 de maio de 2008 : para a súa inclusión na orde que corresponda na lista de espera.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos inclusive: Ata o 16 de maio de 2008: con prioridade na adxudicación de praza
*Ata o 31 de outubro de 2008: para a súa inclusión na orde que corresponda na lista de espera.
Se desexan ampliar esta información ou tramitar algunha solicitude poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello
En O Pino, a 7 de novembro de 2007
O ALCALDE
|