De conformidade co disposto no art. 4 e) do Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño os vogais deberán posuir unha
titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada e terán voz e voto.
O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas con voz, e sen voto, cando a
natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconselle, limitándose os asesores a presentar a súa colaboración
nas súas especificacións técnicas.
A Presidencia antes de que teña lugar unha das probas e xuntamente coa lista de admitidos, publicará no BOP e no taboleiro
de edictos do Concello a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, comunicándolle ao Sr. Alcalde-Presidente cando concorra neles
algunha das circunstancias previstas no art. 28 da lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos
anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo os aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando
concorra neles algunha das circunstancias previstas para abstención e de conformidade co establecido no art. 29 da lei
30/1992 do 26 de novembro.
O tribunal cualificador deberá constituirse na data que designe o presidente., entendéndose válidamente constituido
cando asista maioría absoluta dos membros titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva adoptaranse as decisións pertinentes
para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.
A partir da sesión de constitución do tribunal, para actuar válidamente, requerirá a presencia da maioría absoluta dos
seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ao disposto na lei 30/92 de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e ás bases da convocatoria.
Adoptará as súas decisións por maioría e a él corresponderalle dilucidar as cuestións plantexadas durante o desenvolvemento
do proceso selectivo, calificar as probas selectivas e aplicar os baremos correspondentes.
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O procedemento de selección é o concurso-oposición que constará de dúas fases:
- FASE DE CONCURSO
Será previa á fase de oposición e non terá carácter eliminatorio, nin poderá ser tida en conta para superar os exercizos
da oposición. A puntuación obtida nesta fase sumarase á da fase de oposición aos efectos de establecer a orde definitiva
de aprobados e sempre que na segunda fase se superase a puntuación mínima necesaria para aprobar. Os méritos a
valorar polo tribunal calificador e a súa puntuación son os seguintes:
BAREMO DE MÉRITOS:
A) ANTIGÜIDADE:
- Por cada mes completo de servizos prestados en postos pertencentes a administración xeral, subescala auxiliar
administrativo na Administración Local: 0,4 ptos
- Por cada mes completo de servizos prestados en postos pertencentes a administración xeral, subescala auxiliar
administración noutras administracións públicas diferentes da local: 0,2 ptos
Neste apartado a puntuación máxima será de 20 puntos
B) NIVEL DE FORMACIÓN
Neste apartado valoararase tanto a asistencia a actividades formativas como os méritos académicos que se indican:
- Por licenciaturas ou diplomaturas universitarias - 2 ptos
- Por título de bacharelato, COU, FP2 ou equivalente - 0,5 ptos
- Por cada curso de máis de 100 horas relacionados co posto a desempeñar - 0,2 pto
- Por cada curso de menos de 100 horas relacionados co posto a desempeñar - 0,1 pto
Neste apartado B a puntuación máxima será de 5 ptos
O resultado da valoración polo Tribunal da fase de concurso publicarase no taboleiro de edictos do Concello con anterioridade
ao inicio da fase de oposición.
FASE DE OPOSICIÓN -
O procedemento de selección en fase de oposición consistirá en probas de coñecementos xerais ou específicos, teóricos e prácticos, así como un test segundo a natureza e as funcións do posto de traballo que vai desempeñar, no seu caso, o aspirante aprobado coa finalidade de asegurar a obxectividade e a racionalidade do proceso selectivo.
De carácter obrigatorio e eliminatorio consistirá de catro probas que se desenvolven da seguinte forma:
PRIMERIO EXERCIZO -
De carácter obrigatorio e eliminatorio- Consistirá en constestar por escrito a un test de 60 preguntas, máis 5 adicionais de reserva con catro respostas alternativas e unha soa correcta, mediante sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por aquel e correspondentes co contido do programa. Cada tres respostas incorrectas anularase unha correcta. O tempo de realización será de 60 minutos. Valorarase de 0 a 20 puntos
SEGUNDO EXERCIZO -
De carácter obrigatorio e elimintario. Consistirá na resolución ou realización dun suposto práctico durante un tempo máximo de corenta e cinco (45) minutos. O suposto referirase a materias e tarefas propias da praza convocada e estará relacionado co contido do programa. Valorarase de 0 a 10 puntos
TERCEIRO EXERCIZO -
De carácter obrigatorio e eliminatorio- Consistirá na realización dun suposto práctico no que amose a experiencia e os coñecementos para manexar ordenadores, sistemas de aplicaciones ou programas informáticos, tales como: tratamento de textos, follas de cálculo etc no tempo que marque o tribunal. Valorarase de 0 a 10 puntos
CUARTO EXERCIZO -
De carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na traducción directa ao idioma galego, sen axuda de diccionario, dun texto en castelán elexido polo tribunal nun tempo máximo de 30 minutos. Valorarase de 0 a 5 puntos
SÉTIMA - COMEZO DOS EXERCICIOS E DESENVOLVEMENTO DOS MESMOS
A) A Alcaldía determinará mediante resolución a data e hora na que deberá constituirse o tribunal así como o día e hora
para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas, xuntamente coa lista de admitidos e a composición
do tribunal, a cal se publicará no BOP e no taboleiro de edictos do Concello. As restantes convocatorias para os seguintes
exercicios e probas serán realizadas polo presidente do Tribunal e se publicarán únicamente no taboleiro de edictos do
Concello.
B) Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único; perderán o seu dereito os opositores
que non comparezan cando se realice, agás nos casos debidamente xustificados que serán resoltos de xeito motivado polo
tribunal.
C) Entre o remate dun exame e o inicio da seguinte proba deberá mediar como mínimo un prazo de 48 horas.
D) Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno
acreditativo da súa personalidade a xuizo do tribunal, así como dos medios materiais axeitados e necesarios para a práctica
dos mesmos.
E) A orde de actuación dos opositores para a realización daqueles exercicios que non podan facerse de xeito simultáneo
determinarase polo tribunal antes do inicio da primeira proba que non poda realizarse de xeito simultáneo e farase constar
na correspondente convocatoria para o exercicio correspondente.
F) Concluido cada un dos exercicios da oposición correspondente o Tribunal fará pública no taboleiro de edictos a
relación dos aspirantes que o superasen coa indicación da puntuación obtida. Os opositores non incluidos na lista terán a
consideración de non aptos.
OITAVA - CUALIFICACIÓN FINAL E RELACIÓN DE APROBADOS
1) A puntuación final dos aspirantes determinarase pola suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios. A
suma anterior engadirase á obtida na fase de concurso.
2) O Tribunal cualificador unha vez rematadas todas as probas, deberá propoñer a un único aspirante para a praza,
sendo nulas de pleno dereito calquera outra proposta que contraveña o establecido. O Tribunal deberá propoñer o nomeamento
do aspirante que maior puntuación teña obtido trala suma de todas as probas
3) No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dous ous máis aspirantes este resolverase tendo en conta a
maior puntuación obtida no primeiro exercizo e se esto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercizos
ata que o empate se resolva, de persistir o empate este resolverase por sorteo.
NOVENA - ACHEGA DE DOCUMENTOS POLO OPOSITOR APROBADO
Por orde do Sr. Alcalde elevarase a definitiva a proposta do Tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo
que se publicará no taboleiro de edictos e que comunicarase ao aspirante seleccionado. Dende a súa comunicación ao
interesado computarase o prazo de vinte días naturais para que ditos aspirantes presenten no Concello os seguintes
documentos.
A) documento nacional de identidade mediante fotocopia compulsada por ambos lados
B) fotocopia compulsada do título académico esixido para o ingreso ou acreditación de ter abonado os dereitos para a
súa expedición.
C) certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade ou eiva física que lle imposibilite para o exercicio
das funcións propias do posto de traballo
D) declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha
das causas de incompatibilidade ou incapacidade determinadas na lexislación vixente e non atoparse inhabilitado para o
exercicio das funcións públicas
Quen no presentase a documentación sinalada anteriormente no prazo fixado, agás causa de forza maior, non poderá
ser nomeado funcionario de carreira nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carece dalgúns dos
requisitos.
O aspirante aprobado que tivese a condición de funcionario público estará exento de xustificar as condicións e os requisitos
xa acreditados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar soamente unha certificación acreditativa
da súa condición de funcionario e demáis circunstancias que consten no seu expediente persoal, así como a xustificación
dos requisitos específicos esixidos para o acceso.
DÉCIMA . NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO E TOMA DE POSESIÓN
Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que o superasen serán
nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do Alcalde que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos do
Concello. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes contado dende a data de publicación
do seu nomeamento no BOP de conformidade coas disposicións previstas na lei.
DÉCIMO PRIMEIRA . CARÁCTER VENCELLANTE DAS BASES
As bases xerais desta convocatoria vencellarán á Administración municipal, ao tribunal cualificador e aos aspirantes
que participen neste proceso selectivo convocado.
DÉCIMO SEGUNDA . INCIDENCIAS
O Tribunal deste proceso selectivo queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver
cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderá adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e
desenvolvemento do proceso selectivo.
DÉCIMO TERCEIRA - IMPUGNACIÓNS E RECLAMACIÓNS
A presente convocatoria, as bases que a regulan e todos os actos administrativos que se deriven delas así como as
actuacións do tribunal de cualificación, poderán ser impugnadas polos interesados na forma prevista legalmente na vixente
lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
No no previsto nas presentes bases será de aplicación a lexislación básica estatal en materia de selección de persoal e a
lexislación autonómica de desenrolo da mesma
DÉCIMO CUARTA - PROGRAMA DA CONVOCATORIA
1.- A Constitución Española de 1978 - Principios, dereitos e deberes fundamentais dos españois
2.- A Coroa - O poder lexislativo - O poder xudicial
3.- A organización territorial do Estado - O Estatuto de Autonomía - O seu significado - O Parlamento de Galicia - A
Administración Autonómica de Galicia - A organización e a súa estructura básica
4.- O Goberno e a Administración do Estado
5.- O Réxime Local español - Principios constitucionais e regulación xurídica
6.- O Municipio: concepto e elementos - Alteración dos termos municipais . A poboación municipal . O Padrón de
Habitantes
7.- A Provincia Organización e competencias - Rexímenes especiais.- Entidades Locais de ámbito inferior ao municipio.-
As comarcas, as mancomunidades e as áreas metropolitanas
8.- O acto administrativo: concepto e clases. Requisitos dos actos administrativos. Eficacia dos actos administrativos.
Nulidade e anulabilidade. O silencio administrativo e a obriga de resolver.
9.- O procedemento administrativo común. Fases do procedemdento. Notificacións e comunicacións. Prazos
administrativos-
10.- A revisión de oficio dos actos administrativos, recursos administrativos, ordinarios e extraordinarios. A xurisdicción
contencioso.administrativa
11.- O administrado: concepto e clases. Os dereitos dos cidadáns
12.- A potestade sancionadora da Administración. Principios, procedemento. A potestade sancionadora local.
13.- A responsabilidade das administracións públicas
14.- Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas. Clases de contratos administrativos, a selección do
contratista
15.- O regulamento de organización e funcionamento do Concello de O Pino
16.- Os bens das entidades locais. Clases, réxime xurídico.
17.- Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Responsabilidade. Réxime disciplinario
18.- As facendas locais - Clasificación dos recursos - Ordenanzas fiscais
19.- Os impostos locais - As taxas
20.- O orzamento das entidades locais
21.- A lei de Administración Local de Galicia
O Pino, 29 de decembro de 2011
O ALCALDE
-D . Manuel Taboada Vigo -