| 12/05/2008 |
JUAN MIRÁS GAÑA O VII CAMPIONATO DE PESCA ORGANIZADO POLO CONCELLO DE O PINO E DEPORTES REMANSO |
| deportes |
O concurso, celebrado no Río Tambre, batiu o seu récord de participación, con 65 inscritos |
|
O concurso, organizado polo concello e Deportes Remanso, batiu o seu propio record de participación con 65 inscritos
Juan Mirás proclámase vencedor do VII Campionato de Pesca do concello de O Pino
A praia fluvial da Tarroeira foi o escenario onde se celebrou o VII Campionato de Pesca que organizan o Concello de O Pino e o establecemento especializado Deportes Remanso. Foi Juan Mirás Rico o gañador da cita, tras capturar 4 troitas. Seguírono Javier Fernández Beis-natural de O Pino-, con 3 capturas, Vilaseco Suárez, con dúas, José Antonio Touriñán Rodríguez, tamén con dúas capturas e Manuel Balboa Castro-tamén de O Pino-, con outras dúas. No apartado infantil, os premios recolléronos José Manuel García Mosquera e Carlos Mirás Fernández, mentres que no apartado feminino, o recoñecemento foi para Mercedes Gacio Vicente.
En canto ao premio á maior captura, recolleuno José María Blanco Otero, cunha peza de 341 gramos. Todos eles repartíronse, ademais dos correspondentes trofeos, 1.000€ en material deportivo de pesca, cedidos por Deportes Remanso. En total, os participantes capturaron 25 pezas, nun río Tambre que presentou un elevado caudal. A entrega de premios estivo presidida polo alcalde de O Pino, Manuel Taboada, e celebrouse no Restaurante A Magdalena, de Castrofeito, onde tivo lugar o tradicional xantar que se celebra entre tódolos participantes no concurso.
Tanto o propio rexedor municipal como o responsable de Remanso, Ramón Carril, amosaron a súa satisfacción polos resultados deste séptimo campionato. Asemade, aproveitaron para mostrar o seu agradecemento a tódolos vixiantes e persoas que colaboraron no desenvolvemento do concurso. |
| desde deportes por María José Gómez |
| |
|
| 06/05/2008 |
PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 2008 |
| cultura |
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello organizará unha serie de actividades de acceso libre e gratuitas |
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2008 o Concello organizará unha serie de actividades culturais de acceso libre e gratuitas, para exaltar a figura de D. Xosé María Álvarez Blázquez, escritor galego nado en Tui (Pontevedra) o cal se adica esta festividade tan característica da Cultura Galega.
PROGRAMACIÓN SÁBADO 17 DE MAIO
HORA
|
ACTIVIDADE
|
LUGAR
|
|
17:00-20:00
|
OBRADOIROS:
v Barro
v Cestería
v Globoflexia
v Bisutería Galega
v Elaboración de marcapáxinas
|
Polideportivo municipal
|
|
17:00-20:00
|
Animación á lectura.
Obradoiro de CREATIVIDADE (pintura...)
Exposición didáctica do carteis sobre o autor galego o que se adica o Día das Letras Galegas:
Xosé María Alvárez Blázquez
|
Casa da Cultura
|
|
20:00-21:00
|
Contacontos a cargo de “CAXOTO”
|
Casa da Cultura
|
|
| desde cultura por Iván Sanmartín |
| |
|
| 24/04/2008 |
A CONCELLERIA DE CULTURA ORGANIZA UNHA EXCURSION Á RIBEIRA SACRA |
| cultura |
Os interesados na visita, que vai ter lugar o sábado 14 de xuño, deben anotarse na Biblioteca Municipal |
|
EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA
O Concello de O Pino, a través da Concellería de Educación e Cultura, organiza unha viaxe o sábado, 14 de xuño. Os menores de 13 anos necesitan ir acompañados dun adulto responsable, e todos os menores de idade necesitan cubrir unha autorización.
A viaxe consiste en: Saída ás 08:00 da Praza do Concello (Pedrouzo-Arca), con destino Monforte de Lemos. Visita demostración de Cadeiras, xantar, ruta en Catamarán polos Cañóns do Sil e visita con degustación do Viño de Amandi nunha bodega. Regreso aproximado ás 22:30 horas.
O custo da viaxe á de 25€ para as persoas empadroadas neste Concello, e de 35€ para o resto. Inclúe entradas e xantar. O autobús subvenciónao o Concello.
As persoas interesadas poden inscribirse na Biblioteca Municipal, sita na Praza do Concello, antes do 30 de maio, en horario de luns a venres de 12 a 14 horas, e de 17 a 20; ou ben os sábados de 12 a 13 horas. Tamén chamando á Casa da Cultura, no teléfono 981 51 10 65.
O Pino, 23 de abril de 2008
O Alcalde
Manuel Taboada Vigo
|
| desde cultura por María José Gómez |
| |
|
| 24/04/2008 |
Subvención para remate exterior de vivendas rurais en construcción |
| alcaldia |
Vivendas en construcción cos acabamentos exteriores rematados e que conten con licencia municipal de obras |
|
SUBVENCIÓNS PARA REMATE EXTERIOR DE VIVENDAS RURAIS EN CONSTRUCIÓN
CONDICIÓNS DAS VIVENDAS: Vivendas en construcción que teñan a cuberta, os paramentos exteriores e a carpintería exterior completa e que conten con licencia municipal de obras, axustándose a ela as obras realizadas, e os acabamentos exteriores subvencionables non estean aínda totalmente rematados.
CONTÍA DA SUBVENCIÓN: 30% do orzamento das obras. A subvención concedida será como máximo de 6.000 €.
BENEFICIARIOS: Propietarios ou usufructuarios de vivendas unifamiliares rurais en construcción, que obteñan uns ingresos ponderados familiares e convivenciales máximos de 16. 765 € anuais .
OBRAS SUBVENCIONABLES:
- Limpeza de pedra 11. Pintura ao aceite para madeira
- Revestimento exterior de cachotería 12. Cuberta de tella
- Cintaxe con argamasa 13.Cuberta de lousa
- Revocadura de argamasa 14. Canalón de chapa metálica
- Picadura de revocadura 15. Baixante de tubo metálico
- Saneamento de pinturas exteriores 16. Varanda de madeira exterior
- Pinturas exteriores 17. Varanda de aceiro exterior
- Imprimación antióxido para metal 18. Varanda exterior de ferro forxado
- Pintura para metal 19. Varanda de pedra
- Decapado de pintura sobre madeira
DOCUMENTACIÓN:
1. Fotocopia compulsada do DNI ou NIF do solicitante
2. Certificado emitido por un técnico competente na materia do estado da construcción das obras realizadas ata o momendo e de que estas se adecuan á licencia municipal de obras, así como certificado de que as obras propostas para a subvención tamén se adecuan á devantita licencia de obras
3. Memoria descritiva asinada por un técnico competente na materia de todas as obras que se pretenden realizar, de modo que os paramentos e cubertas estean reamtados, o seu orzamento e xustificación de que éstas se adaptan ao medio e á paisaxe da zona
4. Licencia municipal de obras
5. Plano de situación da vivenda en construcción no que figure o nome da parroquia, do lugar, da rúa e o número ou denominación da casa
6. Fotografías actuais de todas as fachadas da vivenda en construcción
7. Declaración do IRPF (renta), de non estar obrigado a presenta-la, e presentaran o modelo de solicitude de devolucion 104-105, copia da notificación-liquidación emitida por Facenda. Nos demáis casos presentarán unha declaración responsable de todos os ingresos obtidos aportando tódolos documentos acreditativos de tales ingresos
8. Certificado municipal de situación da vivenda
9. Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas para as obras obxecto desta solicitude, das Administracións públicas
PRAZO DE SOLICITUDE: Remata o 16 de xuño de 2008. O impreso de solicitude están disponibles no Concello. O Plano de situación de vivenda e o Certificado municipal de situación de vivenda, tamén terá que pedilos no Concello. As solicitudes enviaranse a Delegación Provincial da Consellería de Vivenda e Solo de A Coruña.
Para máis información ou tramitación pode dirixirse a Oficina de Desenvolvemento Local deste Concello, ou chamando ao teléfono 981 511002.
O Pino, 23 de abril de 2008
O ALCALDE
Manuel Taboada Vigo- |
| desde alcaldia por Gloria Iglesias |
| |
|
| 21/04/2008 |
IV FESTIVAL DE BANDAS NO CONCELLO DE O PINO O DOMINGO, 4 DE MAIO |
| cultura |
Á cita concorren as Bandas de Arca, Arzúa e a Recreativa e Cultural de Bandeira |
IV FESTIVAL DE BANDAS NO CONCELLO DE O PINO
A Casa da Cultura é o escenario onde, o domingo 4 de maio, poderemos desfrutar da música de tres bandas galegas. Trátase do IV Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música de Arca, en colaboración co Concello de O Pino. Ademais dos anfitrións, estarán no Auditorio do recinto a Banda de Música de Arzúa e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. Será a partir das 18:30 horas, con entrada libre.
A Banda de Música de Arca, que dirixe José Mª Blanco Pampín, continúa así coa súa andaina, levando a bo porto este Festival, que cada vez vai gañando máis adeptos dentro e fóra do concello. Para máis información sobre a Banda ou sobre os seus concertos, pódese visitar a web www.bandadearca.com.
|
| desde cultura por María José Gómez |
| |
|
| 21/04/2008 |
REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TÍTERES "PINOCHO" |
| cultura |
É unha das actividades enmarcadas na celebración, o mércores 23, do Día do Libro |
REPRESENTACIÓN DE "PINOCHO", O VENRES, ÁS 12:30, NA CASA DA CULTURA
A Concellería de Educación e Cultura programa, para este venres, 25 de abril, unha sesión de títeres como unha das actividades previstas co gallo da celebración, o mércores, do Día do Libro. Os profesionais de Títeres Cachirulo serán os encargados de que os rapaces se deleiten con todo un clásico da literatura, Pinocho. A obra vaise desenvolver no Auditorio da Casa da Cultura, ás 12:30 horas. Está previsto que participen os rapaces de Infantil e Primaria do CPI Camiño de Santiago, así comos os nenos que estudan nas unitarias de Gonzar, Castrofeito e Ferreiros.
 |
| desde cultura por María José Gómez |
| |
|
| 18/04/2008 |
ABERTA A INSCRIPCIÓN PARA PARTICIPAR NA SÉPTIMA EDICIÓN DO CAMPIONATO DE PESCA |
| deportes |
O concurso, que se celebra nun tramo do Rio Tambre, vai ter lugar o domingo, 11 de maio |
Aberta a inscripción para participar no VII Campionato de Pesca do concello de O Pino
A praia fluvial da Tarroeira é o punto de partida do VII Campionato de Pesca que organizan o Concello de O Pino e Deportes Remanso por séptimo ano consecutivo. A cita será o domingo, 11 de maio, e discorrerá por un tramo libre do río Tambre. A organización xa ten aberto o prazo de inscripción, que se poderá realizar ata o venres, 9 de maio. Levarán premios os cinco mellores clasificados, os tres primeiros na categoría infantil (menores de 16 anos) así como a mellor pescadora en categoría feminina e a persoa que obteña a mellor captura da xornada.
En total, a organización ten previsto repartir en premios 1.000€ en material deportivo de pesca, así como os correspondentes trofeos en cada categoría. O campionato desenvolverase entre as 08:30 e as 13:00 horas, aínda que a concentración e o sorteo de tramos se producirá a partir das 07:30 horas, na propia Praia Fluvial da Tarroeira. As modalidades de pesca son libres, admitíndose mosca, cebo natural, culleriña...etc.
Os interesados en participar poden anotarse chamando a Deportes Remanso ao número 981 51 13 80 ou ben apuntarse no propio establecemento, na Rúa do Concello, nº 13 (Pedrouzo-Arca). O prezo da inscripción e da posterior comida o propio día do concurso é de 20€. O xantar celebrarase no Restaurante A Magdalena (Castrofeito). |
| desde deportes por María José Gómez |
| |
|
| 17/04/2008 |
BASES PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS |
| concello |
A axudas, que ascenden a 300€ por alumno, pódense solicitar ata o vindeiro 16 de maio |
|
BASES PARA A CONCESIÓN DE BECAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS
1º.- REQUISITOS:
-- Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de O Pino.
-- Cursar estudos universitarios.
-- Ter ingresos inferiores aos especificados na seguinte estacala, e diferenciando o número de membros da unidade familiar:
Nº membros UF Ingresos mínimos
1 a 3 15.000€
4 18.000€
5 21.000€
6 24.000€
7 27.000€
2º.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
-- Resgardo da matrícula e folla académica (notas obtidas no último ano cursado)
-- Instancia de solicitude da axuda
-- Fotocopia do DNI
-- Libro de familia
-- Certificado de empadroamento
-- Xustificante dos ingresos da unidade familiar
-- Recibos ou facturas xustificativas dos gastos a subvencionar.
-- Declaración de non estar incurso e ningunha das causas que determina o art. 13.2º da Lei Xeral de Subvencións.
-- Acreditación de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias ou autorización para que sexa pedida dende o Concello.
3º.- GASTOS SUBVENCIONABLES: Poderán ser obxecto da axuda todos aqueles gastos relacionados directamente co desenvolvemento dos estudos universitarios, tales como gastos de material académico, importe da matrícula, transporte, residencia, etc.
4º.- PRAZO: O prazo de solicitude das axudas rematará o 16 de maio.
5º.- RESOLUCIÓN: Corresponderá a resolución das axudas á Xunta de Goberno Local, que terá en conta os ingresos da unidade familiar e co límite do crédito orzamentario (3.000€). Terán carácter preferente os solicitantes con rendas máis baixas.
6º.- CONTÍA DAS AXUDAS: Concederanse dez bolsas de axuda de 300€ aos que, reunindo os requisitos, acrediten menores ingresos familiares.
7º.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS: Os beneficiarios quedan obrigados a facilitar canta información lles sexa requerida polo Consello de Contas. O Concello resérvase a posibilidade de revisión das subvencións concedidas pola alteración das condicións que se tiveron en conta para o seu outorgamento. Procederá ao reintegro das cantidades percibidas con esixencia do interese de demora dende o momento de pago, nos casos nos que se tivese obtivo sen reunir os requisitos requeridos para elo, ou se incumprise a finalidade para a que foi concedida.
8º.- PUBLICIDADE: A convocatoria será publicada no BOP, no taboleiro de edictos do Concello e nos lugares de costume en cada unha das parroquias do termo municipal.
O Pino, 17 de abril de 2008
O ALCALDE |
| desde concello por María José Gómez |
| |
|
| 16/04/2008 |
AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS ETNOGRÁFICOS |
| alcaldia |
A Consellería de Cultura abre o prazo para optar a subvencións destinadas á recuperación do patrimonio |
|
AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS ETNOGRÁFICOS
D. Manuel Taboada Vigo, Alcalde-Presidente do Concello de O Pino
INFORMA: Que a Consellería de Cultura, mediante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, convoca axudas destinadas á conservación e á restauración de bens do patrimonio etnográfico que formen parte do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.
BENEFICIARIOS: Propietarios de hórreos, cabazos, cabaceiras, piornos, celeiros, cruceiros, petos de ánimas, palleiras, alpendres, pallozas, muíños, fontes, lavadoiros, fornos, pombais.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES: Hórreos, cabazos, cruceiros e petos de ánimas de máis de cen anos de antigüidade; elementos de carácter etnográfico citados no parágrafo anterior que aínda non sexan Bens de Interese Cultural e estean situados no Camiño Francés.
AXUDAS: Ata 2.000€ para obras de conservación e mantemento. Ata 6.000€ para obras de restauración.
PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 15 de xullo de 2008.
DOCUMENTACIÓN: Copia compulsada do DNI; documentación acreditativa do título de propiedade ou dos dereitos reais e do consentimento do propietario, se é o caso, respecto do ben obxecto da intervención para o que se solicita a axuda; declaración responsable das axudas solicitadas, concedidas ou pendentes de resolución, para a mesma finalidade, das distintas entidades, públicas ou privadas; certificación bancaria orixinal da titularidade da conta do solicitante; acreditación da antigüidade e situación (lugar, parroquia e concello) no caso de que sexa Ben de Interese Cultural; memoria descriptiva das obras polas que se solicita a axuda e orzamento detallado do técnico competente ou industrial especialista; fotografías do ben e do seu contorno.
IMPRESOS/SOLICITUDE: A disposición na páxina web da Consellería de Cultura e Deporte: http:culturaedeporte.xunta.es/oficina/oficina ou ben nas Oficinas do Concello.
Para máis información, pódense poñer en contacto coa Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de O Pino.
(D.O.G. Nº68, 9 de abril de 2008)
O Pino, 10 de abril de 2008
O ALCALDE |
| desde alcaldia por María José Gómez |
| |
|
| 11/04/2008 |
Curso de Manipulador de Alimentos |
| alcaldia |
Aberto o prazo para inscrición no curso de "Manipulador de Alimentos" |
|
CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS
D. Manuel Taboada Vigo, Alcalde-Presidente do Concello de O Pino
INFORMA: Que este Concello organiza un curso para obter o carné de Manipulador de Alimentos.
BENEFICIARIOS: Toda persoa que, pola súa actividade laboral, interveña nalgunha das fases polas que pasa o alimento dende que se recepciona ata o seu servizo ó consumidor (preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, transporte, distribución, manipulación, venta, suministro e servizo).
INSCRICIÓN: Oficina de Desenvolvemento Local deste Concello ou no teléfono 981 511 002
PRAZO: Ata o 30 de abrill de 2008
O Pino, 10 de abril de 2008
O ALCALDE |
| desde alcaldia por Gloria Iglesias |
| |
|
|