| 22/08/2008 |
ABRE AS SÚAS PORTAS O NOVO CENTRO DE SAÚDE DO CONCELLO |
| concello |
A partir do luns, 25 de agosto, trasládanse as consultas ao novo edificio |
Inaugurado o novo Centro de Saúde do Concello
A partir do vindeiro luns, 25 de agosto, a actividade do actual Centro Médico pasa a desenvolverse no novo inmoble que acollerá este servizo, ubicado xusto a carón do Centro Sociocultural Luis Seoane, do CPI Camiño de Santiago e do Polideportivo Municipal (na Rúa do Peregrino). A inauguración oficial do edificio tivo lugar este mediodía, coa presenza do Alcalde, Manuel Taboada e a corporación municipal, así como da Conselleira de Sanidade, María José Rubio e altos cargos deste departamento autonómico, ademais do actual plantel médico do Centro de Saúde de O Pino. A construcción deste inmoble, tal e como resaltou o Alcalde na súa intervención, responde a unha petición que o propio rexidor trasladou hai xa 5 anos ó anterior goberno da Xunta, que se comprometeu a realizar este edificio. Daquela adxudicouse unha partida de máis de un millón de euros para acometer estas obras, hoxe xa finalizadas e a disposición dos veciños do Concello.
O novo centro conta con tres consultas de medicina, unha de pediatría, unha enfermería, unha de matrona, unha de toma de mostras, unha de cita previa e unha sala de xuntas; hai tamén sala de estar, unha aula de información e varias salas polivalentes. O centro está xa informatizado dende o seu inicio, de xeito que os profesionais teñen acceso á Historia Clínica Electrónica. Tamén atenderá aos pacientes do sintrom a través dunha punción no dedo. De momento o Centro de Saúde de O Pino contará con 2 médicos de familia, 1 pediatra, 1matrona, 2 enfermeiros e 1 efectivo de servizos xerais. Atendendo ás peticións do Concello, que reclama un pediatra a diario, de momento a Consellería de Sanidade anunciou que serán 3 os días de atención en pediatría: luns, mércores e venres, en lugar dos dous que se realizaban ata o de agora. Tamén existe un compromiso por parte da Xunta de que O Pino conte cun terceiro médico de familia antes de que remate este ano.
Outra das novidades é a posibilidade da cita previa informatizada, compatible coa actual telefónica, no número 981 51 11 96. A cita previa vía electrónica solicítase na páxina da Consellería: www.sergas.es. |
| desde concello por María José Gómez |
| |
|
| 20/08/2008 |
O SÁBADO 30 CELÉBRASE A IV EDICIÓN DO SLALOM CONCELLO DE O PINO |
| concello |
A proba, puntuable para o campionato galego, vai ter lugar na Aldea, en Arca |
Cuarta edición do Slalom Concello de O Pino
O Concello de O Pino vístese de festa e deporte o vindeiro sábado, 30 de agosto, coa celebración do IV Slalom Concello de O Pino, patrocinado polo municipio e organizado pola Escudería Talleres Galicia Sport, con sede en Arzúa. Trátase dunha proba que, pese á súa xuventude, está plenamente consolidada no panorama galego, e que congrega cada ano a centos de seguidores así como a importantes pilotos.
O slalom, que se celebra en Pedrouzo-Arca, é unha proba de carácter nacional, puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom. Establécense cinco categorías: Agrupación I (tracción dianteira de ata 1.150cc), Agrupación II (tracción dianteira, de 1.151 a 1.600 cc), Agrupación III (tracción dianteira a partir de 1.601 cc), Agrupación IV (tracción traseira, tódalas cilindradas) e Agrupación V (tracción total, tódalas cilindradas). Poden participar toda clase de vehículos de turismo, con carrocería cerrada ou teito duro, dun mínimo de dúas prazas e que estean homologados, en posesión da ITV e seguro obrigatorio.
As solicitudes para inscripción admitiránse ata 72 horas antes da proba. Os interesados deben dirixirse á Escudería Talleres Galicia Sport, na Avda. De Lugo 115, 3º, Arzúa. O teléfono/fax é o 981 500 069, e o correo electrónico: talleresgaliciaarzua@yahoo.es. Os tres primeiros clasificados de cada agrupación recibirán un trofeo. Haberá premios en metálico para os catro primeiros na xeral scratch (de 300€, 200€, 150€ e 100€ máis trofeo), e trofeo para os dez primeiros.
Horarios do sábado 30:
09:00 h: Verificacións administrativas e técnicas.
11:30 h: Publicación da lista de autorizados a tomar a saída
12:00 h: Comezo dos adestramentos
15:30 h: Saída da 1ª Manga Oficial
A continuación: Saída 2ª Manga Oficial
20:00 h: Publicación de resultados
20:30 h: Entrega de Premios
 |
| desde concello por María José Gómez |
| |
|
| 18/08/2008 |
PROXECCIÓN DO RECOÑECIDO DOCUMENTAL "TIERRA" |
| cultura |
O pase terá lugar o sábado, 23, ás 22:00 h. na Praza do Concello (Arca) |
Proxección da espectacular cinta "Tierra" sobre os efectos do cambio climático
A Praza do Concello (Pedrouzo-Arca) é o escenario onde, se a choiva o permite, poderemos ver este sábado, 23 de agosto, a proxección dunha das cintas máis espectaculares rodadas nos últimos anos. Trátase do documental "Tierra", a película que foi realizad coas máis novidosas cámaras de alta definición. Co Sol como guía, vainos levando cara unha apaixonante viaxe, que nos fai recalar no Ártico, onde unha familia de osos polares esperta na primavera na busca de comida, antes do desxeo. A moitos quilómetros de alí, contemplamos a unha elefanta e á súa cría, que comparten a escasa auga da que dispoñen, buscando o líquido elemento desesperadamente. Tamén acompañaremos a unha balea na súa migración de 6.000 quilometros ata a Antártida, na compaña da súa cría.
Unha espléndida viaxe, que nos fai ser conscientes das marabillas do noso planeta e das consecuencias que ten o famoso "cambio climático". En caso de que chova, a proxección realizarase no Centro Sociocultural Luis Seoane.  |
| desde cultura por María José Gómez |
| |
|
| 06/08/2008 |
A ASOCIACIÓN REVIRAVOLTA CELEBRA UN ANO MÁIS A MALLA E O FESTIVAL "O PINO FOLK" |
| cultura |
Será este sábado, día 9, na Carballeira de Vimieiro, ubicada na parroquia de Lardeiros |
|
A parroquia de Lardeiros acolle o sábado a VI Festa da Malla e o V Festival “O Pino Folk”
A parroquia de Lardeiros (N-634, con destino a Curtis) acolle este sábado a sexta edición da Festa da Malla. A iniciativa, que partiu da Asociación Cultural Reviravolta, recrea todo o proceso da tradicional malla, e conta coa presenza de elementos como máquinas de mallar de hai moitos anos ou outros aparellos utilizados antaño para tal fin. Trátase dunha cita que cada ano congrega a máis veciños e visitantes, e que vai comezar ás seis da tarde.
Previamente, a organización decidiu programar de novo nesta edición unha concentración de coches antigos. Sairán ás doce do mediodía da Praza do Concello (Pedrouzo, Arca), para percorrer parte do municipio e reunirse en Lardeiros, na Carballeira de Vimieiro, xusto ó carón de onde se celebrará pola tarde a malla. Os interesados en pasar todo o día no concello teñen un servizo de pulpería na propia carballeira. Tamén hai programados unha serie de xogos populares, amenizados por música tradicional.
A xornada complétase co V Festival Folk, que comeza ás nove da noite e que porá sobre o escenario ós grupos Tiruleque, Fiandola e os coñecidos pontevedreses Quempallou. |
| desde cultura por María José Gómez |
| |
|
| 06/08/2008 |
A BANDA DE MÚSICA DE ARCA OFRECE UN CONCERTO BASEADO EN BSO DE COÑECIDAS PELÍCULAS |
| cultura |
A cita vai ter lugar o vindeiro sábado, día 9, a partir da posta do Sol na Praza do Concello |
|
A Banda de Música de Arca ofrece un concerto baseado en coñecidas bandas sonoras cinematográficas
A Praza do Concello (Pedrouzo-Arca) é o escenario elixido para a realización dunha interesante e novidosa iniciativa da Banda de Música de Arca, patrocinada polo Concello de O Pino. Trátase da realización dun concerto onte os integrantes da centenaria formación interpretarán fragmentos das bandas sonoras orixinais de coñecidas películas, mentres o público presente desfruta das imaxes desas cintas, nunha gran pantalla instalada para tal fin no lugar antes indicado. O recital comezará unha vez que se poña o Sol, aproximadamente a partir das 22:30 horas, e, como é habitual, con entrada libre.
O programa inclúe a interpretación de bandas sonoras tan coñecidas como as pertencentes ás películas “El fantasma de la ópera”, “Memorias de África”, “La lista de Schlinder”, “Robin Hood”, “Bailando con Lobos”, “Piratas del Cariba” ou “Parque Jurásico”. Películas que todos coñecemos, e que veremos con outros ollos cando escoitemos as súas coñecidas melodías interpretadas pola formación que dirixe Jose Mari Blanco Pampín. Nestes intres a Banda de Música de Arca, fundada no ano 1865, é unha das máis antigas de Galicia, con 143 anos de historia ás súas costas. A agrupación ten tódolos anos unha importante axenda de actuacións espalladas por toda Galicia, que se poden consultar na súa web www.bandadearca.com, onde tamén podemos atopar a historia da agrupación, galerías de imaxes, etc.
|
| desde cultura por María José Gómez |
| |
|
| 28/07/2008 |
PREMIOS DAS DIFERENTES CATEGORÍAS DA IX MOSTRA CABALAR |
| concello |
O Premio Faísca, dotado con 250 euros, será o protagonista da cartelería da próxima edición da Mostra |
PREMIOS DA IX MOSTRA CABALAR
Domingo, 3 de agosto
09:00 Apertura das instalacións.
09:30 Comezo das inscripcións. (Os propietarios de animais con carta de orixe deben amosala no momento de formalizar as inscripcións)
HORA: 10:00 Egoas do país
1º 150 €
2º 90 €
3º 60 €
4º 50 €
HORA: 10:00 Potras cruzadas
1º 150 €
2º 90 €
3º 60 €
4º 50 €
HORA: 10:15 Cabalos do país
1º 150 €
2º 90 €
3º 60 €
4º 50 €
HORA: 10:15 Potros cruzados
1º 150 €
2º 90 €
3º 60 €
4º 50 €
HORA: 10:45 Egoas cruzadas
1º 180 €
2º 120 €
3º 60 €
4º 50 €
HORA: 10:45 Cabalos cruzados
1º 180 €
2º 120 €
3º 60 €
4º 50 €
HORA: 11:15 Potras P.R.E. 1-2 anos
1º 180 €
2º 120 €
3º 60 €
HORA: 11:15 Potros P.R.E. 1-2 anos
1º 180 €
2º 120 €
3º 60 €
HORA: 11:45 Potras P.R.E. 3-4 anos
1º 180 €
2º 120 €
3º 60 €
HORA: 11:45 Potros P.R.E. 3-4 anos
1º 180 €
2º 120 €
3º 60 €
HORA: 12:30 Egoas P.R.E. 5-6 anos
1º 210 €
2º 150 €
3º 90 €
HORA: 12:30 Cabalos P.R.E. 5-6 anos
1º 210 €
2º 150 €
3º 90 €
15:00 Xantar popular
HORA: 17:00 Egoas P.R.E. 7 e máis anos
1º 210 €
2º 150 €
3º 90 €
HORA: 17:00 Cabalos P.R.E. 7 e máis anos
1º 210 €
2º 150 €
3º 90 €
HORA: 17:30 Premio especial ós mellores movementos P.R.E.
1º 250 €
HORA: 18:00 Carreira de trotóns (Obrigatoria Licencia Federativa)
1º 150 €
2º 90 €
3º 60 €
Premio especial FAÍSCA ó mellor producto P.R.E. nado e criado en Galicia. 250 €
(O gañador será o protagonista da cartelería anunciadora da X Mostra Cabalar) Queda excluído do premio o cabalo gañador da pasada edición.
Ó longo de todo o día haberá diferentes exhibicións ecuestres: trotóns, doma vaquera, doma clásica e andadura.
HORA: 18:30 Gran espectáculo a cargo de SINFONÍA ECUESTRE (Madrid), dirixida por D. Francisco Canales.
Xuices da IX Mostra Cabalar:
D. Alberto Tabernero Redondo (Xuiz Oficial P.R.E.)
D. Antonio Vázquez Fernández (Xuiz Oficial P.R.E.)
|
| desde concello por María José Gómez |
| |
|
| 28/07/2008 |
PREMIOS DA VIII FEIRA DE GALIÑAS E GALOS VIVOS DE O PINO |
| concello |
Os interesados deben anotarse a partir das 9 da mañá do domingo no recinto da feira |
|
VIII FEIRA DE GALOS E GALIÑAS VIVOS DE O PINO
Domingo, 3 de agosto
(Inscripcións a partir das 09:00 e ata as 12:00 horas na propia Feira, situada a carón do CPI Camiño de Santiago)
GALO DE CURRAL. RAZA PIÑEIRA
1º Premio: 200 euros
2º Premio: 120 euros
3º Premio: 60 euros
GALIÑA DE CURRAL. RAZA PIÑEIRA
1º Premio: 200 euros
2º Premio: 120 euros
3º Premio: 60 euros
GALO DE CURRAL
1º Premio: 150 euros
2º Premio: 90 euros
3º Premio: 60 euros |
| desde concello por María José Gómez |
| |
|
| 28/07/2008 |
O DOMINGO CELÉBRASE A NOVENA EDICION DA FESTA DO GALO E DA MOSTRA CABALAR |
| concello |
Este ano o gran espectáculo ecuestre que pecha o día corre a cargo dos madrileños "Sinfonía Ecuestre" |
|
O espectáculo ecuestre que pecha a xornada correrá a cargo do recoñecido grupo madrileño “Sinfonía Ecuestre”, dirixidos por Francisco Canales
O Pino celebra este domingo a novena edición
da Festa do Galo e Mostra Cabalar
O Concello de O Pino vístese de festa este domingo, día 3, coa celebración da IX Festa do Galo e da IX Mostra Cabalar, así como da VIII Feira de Galos Vivos. Un recinto habilitado nas inmediacións do colexio público Camiño de Santiago, en Arca, acollerá as diferentes actividades programadas para unha xornada que engloba gastronomía, deporte e música. De feito, a mañá estará amenizada pola Charanga NBA e a Banda de Música de As Pontes.
O día comezará coa tradicional Feira de Galos Vivos, onde os mellores galos e galiñas compiten por unha serie de premios. Existen tres categorías: Galo de Curral-Raza Piñeira; Galiña de Curral-Raza Piñeira e Galo de Curral-Galo de Carne. Haberá premios en metálico para os tres primeiros en cada apartado. Os interesados deben levar os galos e galiñas ese mesmo día, e anotarse no propio recinto. Deste xeito, inténtase continuar coa potenciación da recuperación da raza piñeira, cada vez máis extendida na comarca de Arzúa. De feito, o sábado, día 2, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura, haberá unha conferencia sobre o tema a cargo de Jesús García, presidente de AGALPI (Asociación Galega para a Recuperación, Defensa e Producción da Galiña Piñeira), e na que colabora a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo.
Tamén sobre a diez da mañán, abrirán as súas portas os stands da feira. Corresponden tanto a industrias e a establecimentos comerciais asentados no municipio como a diferentes artesáns interesados en mostrar os seus productos nesta cita. De forma acompasada coa degustación gratuita de galo de O Pino, serán as coñecidas como “Vellas do Luar” as encargadas de pronunciar o pregón desta cita. Asistirán tamén ó xantar popular ó que se suman cada ano centos de persoas. As entradas, ó prezo de 12 euros, están á venda nos establecimentos hosteleiros de O Pino, aínda que tamén se poden adquirir o propio día da festa.
Na sobremesa, o recinto da mostra cabalar seguirá acollendo probas deportivas, que se sucederon ademais ó longo da mañá. Trátase dunha Mostra que ofrece importantes e numerosos premios en metálico nas súas máis de quince modalidades. Estableceuse, asemade, un premio especial, denominado Faísca, dotado con 250 euros e que recoñece o mellor producto de Pura Raza Española nacido e criado en Galicia. O broche de ouro á xornada vaino poñer un espectáculo ecuestre protagonizado polo grupo madrileño “Sinfonía Ecuestre”, dirixido por Francisco Canales. |
| desde concello por María José Gómez |
| |
|
| 16/07/2008 |
CINE E MÚSICA CONFIGURAN A PROGRAMACIÓN DESTA FIN DE SEMANA NO CONCELLO |
| cultura |
Comeza o programa "Noites de cine", coa proxección da comedia "Pequeña Miss Sunshine" |
|
Cine e un divertido espectáculo circense centran a programación desta fin de semana
Tres películas de actualidade compoñen a oferta cinematográfica gratuita que os veciños e visitantes de O Pino imos poder desfrutar este verán. A primeira das cintas, programada dentro do ciclo “Noites de Cine”, en colaboración coa Deputación da Coruña, pódese visionar este sábado, día 19, a partires das 22:00 horas, na Praza do Concello. Trátase da comedia “Pequeña Miss Sunshine”. Previamente, entre as 18:00 e as 21:00 horas, celebrarase o Día do Neno, con inchables e xogos. A esta película seguiralle, o sábado 26 de xullo, outra película para cativos, “Arthur y los Minimoys”, que acadou gran éxito de público nas salas convencionais. A triloxía de proxeccións complétaa o fermoso e impatancte documental “Tierra”, que, a través de imaxes de animais, nos conciencia do efecto do cambio climático. Poderase ver o sábado, 23 de agosto, tamén ás 22:00 horas.
Por outra banda, dentro do programa “Vai de Camiño”, a Praza do Concello (Arca), vai ser escenario este domingo, a partir das 19:00 horas, da representación de “O pequeño circo dos milagres”. Un espectáculo que usa as recoñecidas técnicas de Novo Circo para representar aparicións divinas, curacións espontáneas, relatos marabillosos e moito humor. Tamén, ó igual que o resto de propostas, é de balde. |
| desde cultura por María José Gómez |
| |
|
| 06/07/2008 |
SEMANA CULTURAL |
| cultura |
Unha semana adicada á cultura na piscina municipal do 7 ó 12 de xullo |
PROGRAMA VERÁN LÚDICO (semana cultural) (DO 7 O 12 DE XULLO)
Programación para o verán lúdico entre o 7 e 12 de xullo na piscina.
Tódolos días haberá música ambiente e moitas sorpresas.
No entorno da piscina municipal.
Horario
De 17 a 20 horas.
Para tódalas idades.
Entrada gratuita.
LUNS 7 DE XULLO
AQUAVOLEY
TALLER DE MODELAXE
TALLER DE CESTERÍA
MARTES 8 DE XULLO
INCHABLES ACUATICOS
INCHABLES TERRESTRES
TALLER DE MAQUILLAXE
MÉRCORES 9 DE XULLO
WATERPOLO
TALLER DE MODELAXE
TALLER DE CESTERÍA
XOVES 10 DE XULLO
INCHABLES TERRESTRES
INCHABLES ACUÁTICOS
TALLER DE TATUAXES DE HENA
VENRES 11 DE XULLO
AQUAVOLEY
TALLER DE BARRO
TALLER DE CESTERÍA
SÁBADO DIA 12 DE XULLO
INCHABLES ACUATICOS
TALLER DE ESTAMPACIÓN DE CAMISETAS
TALLER DE GLOBOFLEXIA |
| desde cultura por Iván Sanmartín |
| |
|
|