SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE FIESTRAS (PLAN RENOVE)

A Consellería de Economía e Industria concede subvencións para a renovación de fiestras xa existentes por outras de igual ou de inferior tamaño.

A contía máxima por vivenda unifamiliar é de:100 euros por metro cadrado de oco co límite de 3.000 euros. Nas comunidades de propietarios ou edificios de vivendas a contía será de 3.000 euros cun máximo de 50.000 euros. En calquera caso, a cantidade da subvención non superará o 25% do custo total da obra.

Os particulares que queiran beneficiarse destas axudas terán que poñerse en contacto con algunha das entidades colaboradoras, cuxo listado poden consultar aquí:

Fiestras: https://entidadescolaboradoras.xunta.es/adhesion/consulta/

Serán esas as entidades encargadas de tramitar a solicitude. O prazo remata o 30 de outubre de 2015, agás que se produza o esgotamento de crédito.

Normativa: DOG núm.119, venres 26 de xuño de 2015. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150626/AnuncioCA04-180615-0008_gl.pdf
Estás en Employment Subvencións SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE FIESTRAS (PLAN RENOVE)

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information