CONVOCATORIA SOLICITUDE SUBVENCIÓN VIVENDAS CAMIÑO FRANCÉS

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica a convocatoria de solicitude de subvención dirixida a financiar actuación de rehabilitación de edificios e vivendas situadas nas parroquias polas que pasa o Camiño Francés (Arca, Castrofeito, Cerceda, San Breixo e San Mamede de Ferreiros, Gonzar, Medín, Pereira e San Vicente de O Pino).

BENEFICIARIOS: Comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS: 35% do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva e cun importe máximo de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o día 30 de novembro de 2016.

Normativa: DOG núm.63 do 4 de abril de 2016, Resolución do 18 de marzo.

Ver convocatoria e anexos de solicitude en arquivos adxuntos:
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Convocatoria subvenciónsG0423-220316-0002_gl.pdf)Convocatoria subvenciónsG0423-220316-0002_gl.pdf 844 Kb
Download this file (Impresos solicitude.pdf)Impresos solicitude.pdf 1141 Kb
Estás en News Grants and Subsidies CONVOCATORIA SOLICITUDE SUBVENCIÓN VIVENDAS CAMIÑO FRANCÉS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information