Desenvolvemento Local

SOLICITUDE ESPECTÁCULOS REDE CULTURA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

As entidades sin ánimo de lucro, poderán solicitar os espectáculos incluídos no programa ALICERCE da Rede Cultural da Deputación da Coruña ata o vindeiro  20 de febrero ás 14:00 horas. Deberán dispoñer de certificado dixital ou DNI electrónico para a tramitación da solicitude. A Deputación cofinanciará o 70% do importe do espectáculo. Poderán solicitar como máximo 1 espectáculo.

Enlace ás bases: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/12/14/2017_0000010617.pdf

Enlace consulta espectáculos: https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/redcultural/espectaculos

Enlace á plataforma SUBTEL: https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/acceso/login



REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN 2018 - APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN

Mediante convocatoria da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña para o ano 2018, aqueles grupos non profesionais de música, danza e teatro poderán solicitar a inscrición telemática no programa  ALIERCE ata o vindeiro día 27 de decembro ás 14:00 horas  na súa plataforma informática: https://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural

Para a súa tramitación deberán disponer de DNI electrónico ou certificado dixital.

Enlace convocatoria: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/12/14/2017_0000010617.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/12/14/2017_0000010617.html

O cofinanciamento é o seguinte:

Entidade: 30% do importe do espectáculo

Deputación: 70% do importe do espectáculo

Os participantes neste programa deberán realizar as actuacións fóra do termo municipal en que estean radicados.

CURSO "PLATAFORMA ELEVADORA MÓBIL DE PERSOAL (PEMP)


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (IMPRESO SOLICITUDE.pdf)IMPRESO SOLICITUDE.pdf 394 Kb

SUBVENCIÓNS MATERIAIS E PEZAS DE MOBILIARIO DE COCIÑA E BAÑO


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Convocatoria DOG.pdf)Convocatoria DOG.pdf 989 Kb

PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS ALUMNADO OBRADOIRO EMPREGO "ULLA TAMBRE I"


BASES OBRADOIRO DE EMPREGO ULLA TAMBRE I


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (bases.pdf)bases.pdf 1234 Kb

OBRADOIRO DE EMPREGO "ULLA-TAMBRE I"


OBRADOIRO DE EMPREGO "ULLA - TAMBRE I"


Promovido polos Concellos de Touro e O Pino e financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, no que se impartirá a especialidade de “ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA”. Aquelas persoas interesadas en participar como alumnos/as traballadores deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

  • Ter unha idade igual ou superior aos dezaoito anos.

  • Cumprir os requisitos requeridos para asinar contrato de formación e aprendizaxe durante toda a duración do obradoiro.


As persoas desempregadas que desexen participar neste obradoiro, deberán acudir á Oficina de Emprego Santiago – Norte e inscribirse no obradoiro coas claves: 340, 320 ou 370 para que poidan saír preseleccionados pola referida oficina.

O PRAZO PARA INSCRIBIRSE REMATA O VENRES DIA 18 DE AGOSTO






INTERFERENCIAS NO SINAL DE TELEVISIÓN

INTERFERENCIAS NO SINAL DE TELEVISIÓN


Co fin de solucionar os problemas derivados dos operadores do servicio de telefonía móvil 4G na banda 800MHz e que causan problemas na recepción de Televisión Dixital Terrestre (TDT), poñen a disposición a través da xestora llega800, o seguinte teléfono gratuíto 900 833 999 para os cidadáns que se vexan afectados. Tamén poñen a disposición a páxina web www.llega800.es

Maneiras de contactar:

  • Si é un edificio colectivo, deberán falar co Presidente/a da súa Comunidade de Propietarios ou co seu Administrador de Fincas para que comunique a incidencia.

  • Si vive nunha vivenda unifamiliar, pode contactar directamente.

  • Si se trata dunha empresa ou institución, deberá contactar a través do xestor do seu edifício.


Unha vez se poñan en contacto no número de teléfono ou a través da páxina web comunicando a incidencia, os instaladores pasarán polos seus domicilios a arranxar o problema gratuitamente.

O prazo para solicitar as actuacións gratuítas finaliza o vindeiro 30 de xuño.


Estás en News Local Development

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information