SOLICITUDE DE AXUDAS POR FILLOS A CARGO MENORES DE 3 ANOS

O Concello do Pino informa que está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único ao que se poden acoller aquelas familias que a data 1 de xaneiro deste ano tivesen ao seu cargo fillos menores de 3 anos, e que no ano 2016 ningún dos membros da unidade familiar estivese obrigado a presentar a declaración polo imposto do IRPF. Desta prestación tamén se poden beneficiar as familias adoptantes. A contía da axuda varía segundo sexa a primeira filla ou fillo (360 euros), a segunda (1.200 euros) ou o terceiro e sucesivos (2.400 euros). O prazo remata o 21 de marzo. As solicitudes deben facer preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da xunta de Galicia https:/sede.xunta.es As persoas que o precisen poden acudir aos Servizos Sociais do Concello do Pino para solicitar información sobre os trámites a seguir. Podes descargar o bando do alcalde no arquivo que acompaña esta nova.
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (20180305_prestacion_fillo_cargo.pdf)Bando prestación por fillos a cargo 84 Kb
Estás en News Social Services SOLICITUDE DE AXUDAS POR FILLOS A CARGO MENORES DE 3 ANOS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information