CAMPAÑA DE ESQUÍ 2014. QUENDA CONCELLO DE O PINO

A Deputación da Coruña dentro da súa campaña de promoción do deporte e da cultura pon en marcha este ano unha campaña de esquí na estación de esquí de San Isidro, na provincia de León, para que ata un máximo de 500 rapaces da provincia de A Coruña nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003 poidan gozar dunha fin de semana de estadía na neve. O programa realizarase no marco dun convenio de colaboración coa Deputación de León, que a cambio poderá traer a douscentos rapaces desta provincia a participar nos campamentos de verán que organiza a institución coruñesa no centro Calvo Sotelo.
O obxectivo deste programa, segundo explicou o presidente Diego Calvo, é fomentar que os nenos da provincia poidan familiarizarse cos deportes da neve mentres que os rapaces de León farán o mesmo coas prácticas náuticas.

Ao Concello de O Pino concedéronselle 3 prazas nas seguintes datas:

QUENDA 4:    Do 14/03/2014 ó 16/03/2014

PREZO:         36 €/participante

Todos os rapaces/zas nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003 empadroados no Concello interesados/as en participar deberán recoller e presentar antes do martes 28 de xaneiro ás 14:00 horas a ficha de inscrición solicitando a participación nas CAMPAÑA DE ESQUÍ 2014 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

No caso de superar o número de solicitudes as prazas concedidas (3) realizarase un sorteo perante a secretaria do Concello para determinar os alumnos que viaxarán finalmente.

Máis información en http://www.dicoruna.es/deportes/actividades/esqui-2014


Estás en News Sports CAMPAÑA DE ESQUÍ 2014. QUENDA CONCELLO DE O PINO

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information