SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS DO CONCELLO NO DÍA DE HOXE

Debido os fenómenos meteorolóxicos adversos que a Xunta de Galicia notificou para a tarde deste martes 4 de febreiro, a Comisión Escolar de Alertas determinou a suspensión de toda actividade docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares para este martes nos centros educativos situados nos municipios das zonas de predicción meteorológica de A Mariña; asimesmo, acordou a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos situados nos municipios das provincias de A Coruña e Pontevedra, así como nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, a causa da alerta laranxa.

Nesta tarde de martes quedan suspendidas por precaución seguindo as indicacións desta alerta, todas as actividades culturais e deportivas do Concello de O Pino, sexan estas de adultos ou escolares (aerobic, ximnasia por parroquias, fútbol sala, tenis, inglés lúdico...).



Estás en News Sports SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS DO CONCELLO NO DÍA DE HOXE

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information