Deportes

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA ANUAL 2016/2017


O vindeiro luns 19 de setembro e ate o 9 de outubro, abrirase o prazo de inscrición das Escolas Deportivas Municipais e das actividades deportivas de adultos do Concello de O Pino. 

Consulta aquí a programación deportiva e participa con nós. 

PESCAPINO 2016

¡O próximo 30 de xullo celébrase o PESCAPINO 2016!

Información e inscricións: 981 51 10 02



II Trail de Montaña Concello de O Pino - Senda do Picón

O domingo 12 de xuño terá lugar o II Trail de Montaña do Concello de O Pino. A senda do Picón tomará protagonismo cun entorno fermoso sobre un percorrido de 18 km de distancia.

A saída do Trail darase o domingo 12 de xuño ás 10 horas preto da Igrexa de Arca. 

O track da ruta poderedes consultalo no seguinte link:  http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13347756


As inscricións e regulamento se realizarán a través da páxina www.carreirasgalega.com  (regulamento adxunto)



Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (REGULAMENTO_II_TRAIL SENDA_DO_PICON_CONCELLO_DE_O_PINO.pdf)Regulamento 58 Kb

GALA DE PATINAXE 2016

O vindeiro sábado a partir das 18 horas terá lugar no polideportivo municipal de Reboredo, a carón do centro escolar CPI Camiño de Santiago, a Gala anual da actividade de Patinaxe onde tomarán parte máis de 60 alumnos das Escolas Deportivas Municipais do Concello.


O programa comenzará ás 17 horas. Descarga aquí o mesmo e non te perdas nada!.


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (PROGRAMA GALA DE PATINAXE CONCELLO DE O PINO 2016.pdf)PROGRAMA GALA DE PATINAXE CONCELLO DE O PINO 2016 235 Kb

Clausura Escolas Deportivas Municipais 2015/2016

O vindeiro venres 3 de xuño a partir das 11 horas terá lugar a clasusura das Escolas Deportivas Municipais 2015/2016 no polideportivo municipal de Reboredo, a carón do Centro Escolar CPI Camiño de Santiago.

Podes consultar aquí o programa de actuacións da xornada de portas abertas.


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (CLAUSURA 2016. PROGRAMA DE ACTUACIÓNS 2016.pdf)CLAUSURA 2016. PROGRAMA DE ACTUACIÓNS 2016 141 Kb

V RUTA BTT CONCELLO DE O PINO

O domingo 5 de xuño disputarase a 5ª edición da ruta btt do Concello de O Pino, cun novo percorrido de 43 km aproximadamente e dificultade técnica media que poderás desfrutar pola natureza do Concello de O Pino.


As inscricións poderanse facera a través da páxina web www.emesports.es (link directo: http://emesports.es/event/v-btt-concello-de-o-pino/) ou presencialmente no Concello de O Pino, en Motos Carballeiro, Bicicletas Oliveira e café bar Caminante en Santiago de Compostela ou O' Rey bicis en Bertamiráns. Non te perdas esta cita.


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (REGULAMENTO V BTT CONCELLO DE O PINO 2016.doc)REGULAMENTO V BTT CONCELLO DE O PINO 2016 355 Kb

XIII Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

O domingo 1 de maio celebrarase a décimo terceira edición da carreira popular do concello, unha proba que despois de 12 edicións está a atraer cada día máis afección ao deporte do atletismo no Concello de O Pino.

As probas darán comenzo ás 10 horas coa disputada da tradicional proba de canicross, unha proba moi especial pioneira nas probas galegas en ruta desta especialidade. A proba absoluta será ás 10.45 horas e a partir de ahí iranse sucedendo as diferentes probas das categorías restantes.

As inscricións poderán realizarse na páxina web www.carreirasgalegas.com (enlace directo: http://www.carreirasgalegas.com/carreira/xiii-carreira-pedestre-concello-de-o-pino/000388ac-20c2-4a76-c090-39d67274ecb4 ) ata o mércores 27 de abril ás 23.59 horas. Consulta nesta nova o reglamento das probas.

Calquera dúbida poderana consultar no Departamentos de Deportes do Concello (Tf 981511002).


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (contador8.pdf)contador8.pdf 27 Kb

Cambio de datas no curso de monitor de fútbol sala da Federación Gallega de Fútbol Sala

O CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL SALA previsto para esta semana no Concello de O Pino troca os días de celebración para as seguintes datas:

29 e 31 de marzo, e 1, 5, 7 e 8 de abril.

O curso levarase a cabo na Aula de informátic sita na Praza do Concello e será impartido polo persoal da Federación Gallega de de Fútbol sala en horario de 20 a 23 horas. Estará dirixido a todos aqueles que o desexen realizar con 16 anos cumpridos no inicio do curso ou de maior idade.

O Prezo do curso será de 90,00 € para xente NON empadroada no Concello de O PINO , e será GRATUITO para xente empadroada no Concello (terán que xustificalo).

As inscricións realizaranse de luns a venres de 10:30 a 14:00 horas de luns a venres no Departamento de Deportes do Concello de  O Pino (tf 981 511 002).


Con este curso expediase o título de monitor de fútbol sala.



Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (convocatoria ARCA - gallego.pdf)convocatoria ARCA - gallego 651 Kb

III TROFEO DE CICLISMO CONCELLO DE O PINO

O domingo 28 de febreiro celebrarase no Concello de O Pino a terceira edición do Trofeo de Ciclismo do Concello de O Pino, unha proba da Federación Galega de Ciclismo organizada polo Clube Ciclista Asociación Galega de Ciclistas e que formará parte da I Challenge de Ciclismo C.C.A.G.C. .

As probas disputaranse nas categorías Máster 30, Máster 40, Máster 50 e 60 e realizaranse sobre un percorrido de 69,2 km a partir das 10:30 horas da mañán.

Esta proba será puntuable para a I Challenge de ciclismo C.C.A.G.C. , a cal constará de tres probas, que se celebrarán na comarca de Santiago de Compostela e nas cales se poderá participar de forma independente en cada unha delas.

Os lugares de devanditas probas son: 

  • O Pino (28/02/2016) 
  • Touro (03/04/2016) 
  • A Estrada (24/04/2016)


Poden consultar máis información na páxina web da CC Asociación Galega de Ciclistas (http://ccasociaciongalegadeciclistas.com/ ).

FASE COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR




O vindeiro venres 11 de decembro a partir das 11:00 horas celebrarase a I xornada clasificatoria do Campo a Través Escolar Intercomarcal na Área Recreativa de A Magdalena en Castrofeito (Concello de O Pino).

A esta cita asistirán máis de 600 atletas escolares dos Concellos da comarca, os cales disputarán as probas nos seguintes horarios e coas seguintes distancias:

 

HORA

 

CATEGORÍA

 

NADOS NOS ANOS

 

CIRCUITO

 

11.00 h

 

Benxamín feminino

 

2008-2007

 

500 m

 

11.07 h

 

Benxamín masculino

 

2008 -2007

 

600 m

 

11.15 h

 

Alevín feminino

 

2006-2005

 

600 m

 

11.25 h

 

Alevín masculino

 

2006-2005

 

800 m

 

11.35 h

 

Infantil feminino

 

2004-2003

 

800 m

 

11.50 h

 

Infantil masculino

 

2004-2003

 

1200 m

 

12.05 h

 

Cadete feminino

 

2002-2001

 

1200 m

 
12.15 h

 

Cadete masculino

 

2002-2001

 

2500 m

Ás probas poderá asistir o público que o desexe e rematarán ás 13:00 horas aproximadamente. Do Centro Escolar do Concello de O Pino (CPI CAmiño de Santiago) asistirán case 70 atletas en idade escolar.
Estás en News Sports

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information