Turismo

XVIII Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (XVIII-FESTA-DO-GALO.pdf)Folleto XVIII Festa do Galo Piñeiro e mostra cabalar - Feira Celta 1016 Kb

ENTROIDO 2017 XIX CONCURSO DE DISFRACES

Publicamos as bases para poder participar no XIX Concurso de Disfraces que se levará a cabo o 26 de febreiro a partir das 16:30 horas na Praza do Concello.

ENTROIDO 2017 XIX CONCURSO DE DISFRACES

I.- Poden participar todas as persoas que acudan disfrazadas o día do concurso.

II.- Os participantes deberán anotarse na Praza do Concello o mesmo día do concurso pola tarde, a partir das 16:30 horas.

III.- O concurso terá lugar o domingo día 26 de febreiro a partir das 17:30 horas na Praza do Concello (Arca).

IV.- Outorgarase premios polas seguintes categorías:

CATEGORIAS 1º PREMIO 2º PREMIO

INFANTIL 100€ 75€

MAIS ORIXINAL 100€

INDIVIDUAL 100€

PARELLA 125€

GRUPO 150€

CARROZA 200€

COMPARSA 350€

Nota: Todos os rapaces/as de ata 12 anos terán un agasallo se van disfrazados/as, figuran inscritos no concurso e soben ao escenario desfilando co disfraz.

V.- As comparsas terán que ter polo menos 10 membros para poder participar e representarán todos un mesmo motivo.

VI.- O grupo terá como mínimo 3 persoas e máximo 9 para poder participar e representarán todos/as un mesmo motivo.

VII.- As carrozas serán como mínimo de 4 persoas representando algún tema enriba dun móbil ( carro, tractor, etc…) e terán que estar todos os compoñentes (agás o condutor) enriba del.

VIII.- Durante o desenvolvemento do desfile, o xurado valorará:

Comparsas e grupos:

- Vestiario e maquillaxe (traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo): 1 a 4 puntos.

- Orixinalidade: 1 a 3 puntos

- Organización e traballo en equipo: 1 a 3 puntos

- Involucrar ao público(Sorrisos, aplausos, etc...): 1 a 5 puntos.

Disfraces individuais (infantís e adultos)

- Orixinalidade do vestiario (traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo): 1 a 4 puntos.

- Maquillaxe: 1 a 2 puntos.

- Involucrar ao público(Sorrisos, aplausos, etc...): 1 a 5 puntos.

IX.- A selección dos gañadores realizarase a proposta dun xurado composto por persoal alleo ao Concello de O Pino.

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (BASES_CONCURSO entroido 2017.pdf)BASES_CONCURSO entroido 2017.pdf 89 Kb

XVII Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

Descargar Tríptico: aquí


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (XVII_Festa_Galo_Piñeiro_Mostra _Cabalar.pdf)XVII_Festa_Galo_Piñeiro_Mostra _Cabalar.pdf 3269 Kb

Vai de Auga

O Concello de O Pino vendo a gran acollida que ten este programa de Vai de Auga en anos anteriores, informa de unha nova convocatoria para o mes de maio de 5 sesións no Balneario de Cuntis cun prezo de 70€ todo incluido.

Saída esta prevista para as 16:30 horas todos os mércores desde a Praza do Concello e de regreso aproximado ás 20:30 horas ao mesmo lugar.

Para anotarse chamar ao: 981511065 ou por correo electrónico a informació This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it ou This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it  

Data límite de inscrición ata o día 29 de abril.


Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (VAI_DE_AUGA.pdf)VAI DE AUGA 259 Kb

XVI Festa do GALO PIÑEIRO E MOSTRA CABALAR 2015

No próximo fin de semana do 1 e 2 de Agosto 2015 celebrarase no Concello do Pino a XVI Festa do GALO PIÑEIRO e a MOSTRA CABALAR cun Espectáculo Ecueste.


O Sábado 1 tamén se celebrará a VII Feira Celta.

Descarga o programa aquí




Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (DESPLEGABLE_2015.pdf)DESPLEGABLE_2015.pdf 12084 Kb

VII FEIRA CELTA - 1 e 2 agosto

Descarga o PDF aquí



Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (CARTEL FERIA CELTA 2015 DEF-1.pdf)CARTEL FERIA CELTA 2015 DEF-1.pdf 3745 Kb

Sesión no Balneario de Cuntis


O Concello de O Pino organiza cinco sesións no Balneario de Cuntispara as persoas empadroadas no Concello e maiores de idade.

A actividade consiste en: Saída ás 16:30h da Praza do Concello (Pedrouzo - Arca) con destino ao balneario, Baño e regreso aproximado ás 20:30 horas durante os días:
6, 13, 20 e 27 de maio e 3 de xuño.

O custo da actividade é de 70 €

As persoas interesadas poden inscribirse na Biblioteca Municipal, na Casa da Cultura ou na Aula de informática antes do 30 de Abril (prazas limitadas)




CABALGATA DE REIS

PERCORRIDO DA COMITIVA: Luns 5 de xaneiro


PEREIRA ás 11:30 no Campo de Festas.

CASTROFEITO ás 11:45 ao lado da Escola de Santiso.

BUDIÑO ás 12:15 no Campo de Festas.

O PINO ás 12:30 no Campo de Festas.

GONZAR ás 12:50 no Campo de Festas.

MEDÍN ás 13:15 no Campo de Festas.

PASTOR ás 13:30 no Campo de Festas.

LARDEIROS ás 13:45 no Campo de Festas.

Pola tarde:

SAN BREIXO ás 17:00 horas no Campo de Festas.

SAN MAMEDE ás 17:20 no Campo de Festas.

SAN MIGUEL DE CERCEDA ás 17:45 ao lado da Igrexa 

CEBREIRO ás 18:00 no Campo de Festas.



A partir das 17:00, inchables no polideportivo municipal. Antes da chegada de SS.MM. farase entrega os premiados no Concurso de Postais.

 Para finalizar, repartiremos chocolate e roscón de Reis.

ÁS 19:00 CHEGADA AO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL




 ORGANIZA: Concello de O Pino 

Convenio de concellos de Área Santiago para a súa promoción



Santiago de Compostela, 08 de setembro de 2014




Os 16 concellos de Área Santiago asinan un

convenio para a súa promoción turística conxunta


  • Área Santiago ten o obxectivo de promocionar dun modo conxunto os atractivos e recursos dos concellos da área de influencia de Santiago.

  • Os 16 concellos de Área Santiago, doce de A Coruña e catro de Pontevedra, suman unha poboación de máis de 200.000 persoas.

O Pazo de Raxoi acolleu o acto de sinatura dun convenio para a promoción turística conxunta dos concellos de Área Santiago. No acto participaron alcaldes e concelleiros dos 16 concellos do grupo: A Estrada, Arzúa, Boqueixón, Lalín, Melide, Padrón, Oroso, O Pino, Rois, Santiago de Compostela, Silleda, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces, que suman máis de 200.000 habitantes. Tamén participou o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, que comprometeu o apoio da institución aos proxectos que xurdan do Grupo.

Agustín Hernández destacou que coa sinatura deste convenio "culmina un traballo intenso e iníciase una nova etapa de cooperación e de colaboración institucional". Neste sentido, referiuse á unión dos concellos como o mellor instrumento para "aproveitar mellor as nosas posibilidades e crear un destino turístico único, cunha oferta ampla e diversa, que sume para o ben común o mellor de cada un dos nosos concellos".


Repasou o traballo realizado ao longo de 18 meses, en torno a un plan de acción con catro obxectivos: ampliar e mellorar a información turística dos 16 concellos; crear produtos que posicionen a Área Santiago como destino; aumentar o valor engadido da oferta turística existente; e incrementar o número de pernoctacións nos nosos concellos. Deste traballo xurdiron xa accións un mapa turístico da zona, unha web dos 16 concellos, unha campaña promocional no verán do 2013, a presentación do grupo en Fitur deste ano ou a organización dun concurso fotográfico neste verán.


O alcalde insistiu no compromiso co traballo conxunto e de colaboración plasmado neste convenio, convencido de que "esta experiencia vai ser moi beneficiosa para todos e confío en que sirva de espello para outras moitas facetas, do moito que se pode conseguir por esta vía". "Este convenio fortalece a suma de esforzos, a confianza e a aposta polo traballo conxunto que só pode comportar beneficios para os 16 concellos e seguro que tamén para o resto de Galicia", engadiu.


Área Santiago abarca o sur da provincia de A Coruña e o norte da de Pontevedra. É unha zona definida polo río Tambre e os seus afluentes, polo norte, e o sistema fluvial Ulla-Deza, polo sur, que son dúas das principais concas fluviais de Galicia, tanto polo seu caudal como pola súa riqueza faunística, florística, paisaxística e cultural.


Área Santiago nace como un destino turístico que conta con múltiples atractivos, destacando a gastronomía, o Camiño de Santiago, a natureza e o patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais, o grupo conta cunha ampla e diversa oferta de aloxamento, na que se combina a oferta urbana de Santiago e a de turismo rural dos Concellos veciños.


O grupo Área Santiago comezou a súa andaina en marzo do 2013 cando, a proposta do Concello de Santiago, se reuniron varios concellos da área de influencia da capital de Galicia para estudar as posibilidades de promoción turística conxunta. En maio dese mesmo ano, tras varias reunións de intercambio de opinións, os concellos asinaron un protocolo de colaboración no ámbito turístico.


A sinatura do protocolo de colaboración permitiu que Área Santiago deseñase e desenvolvese un programa de accións conxuntas para o período 2013-2014, entre as que destacan: unha campaña de promoción do grupo no verán do 2013; a elaboración dunha web propia, con aplicacións móbiles e contas nas redes sociais; a elaboración dun mapa cos principais recursos e atractivos turísticos dos diferentes concellos; a presentación do grupo en Fitur; ou a organización dun concurso fotográfico en redes sociais neste verán.


XV Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

Non te perdas todas as actividades que haberá!

Descárgate noso despregable para ter toda a información na túa man.


Galería de Fotos do 2014


View the embedded image gallery online at:
http://www.concellodeopino.com/en/news/tourism#sigFreeId35535daf51





Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (DESPLEGABLE 2014.pdf)DESPLEGABLE 2014.pdf 1763 Kb
Estás en News Tourism

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information