Turismo

Sesión no Balneario de Cuntis


O Concello de O Pino organiza cinco sesións no Balneario de Cuntispara as persoas empadroadas no Concello e maiores de idade.

A actividade consiste en: Saída ás 16:30h da Praza do Concello (Pedrouzo - Arca) con destino ao balneario, Baño e regreso aproximado ás 20:30 horas durante os días:
6, 13, 20 e 27 de maio e 3 de xuño.

O custo da actividade é de 70 €

As persoas interesadas poden inscribirse na Biblioteca Municipal, na Casa da Cultura ou na Aula de informática antes do 30 de Abril (prazas limitadas)




CABALGATA DE REIS

PERCORRIDO DA COMITIVA: Luns 5 de xaneiro


PEREIRA ás 11:30 no Campo de Festas.

CASTROFEITO ás 11:45 ao lado da Escola de Santiso.

BUDIÑO ás 12:15 no Campo de Festas.

O PINO ás 12:30 no Campo de Festas.

GONZAR ás 12:50 no Campo de Festas.

MEDÍN ás 13:15 no Campo de Festas.

PASTOR ás 13:30 no Campo de Festas.

LARDEIROS ás 13:45 no Campo de Festas.

Pola tarde:

SAN BREIXO ás 17:00 horas no Campo de Festas.

SAN MAMEDE ás 17:20 no Campo de Festas.

SAN MIGUEL DE CERCEDA ás 17:45 ao lado da Igrexa 

CEBREIRO ás 18:00 no Campo de Festas.



A partir das 17:00, inchables no polideportivo municipal. Antes da chegada de SS.MM. farase entrega os premiados no Concurso de Postais.

 Para finalizar, repartiremos chocolate e roscón de Reis.

ÁS 19:00 CHEGADA AO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL




 ORGANIZA: Concello de O Pino 

Convenio de concellos de Área Santiago para a súa promoción



Santiago de Compostela, 08 de setembro de 2014




Os 16 concellos de Área Santiago asinan un

convenio para a súa promoción turística conxunta


  • Área Santiago ten o obxectivo de promocionar dun modo conxunto os atractivos e recursos dos concellos da área de influencia de Santiago.

  • Os 16 concellos de Área Santiago, doce de A Coruña e catro de Pontevedra, suman unha poboación de máis de 200.000 persoas.

O Pazo de Raxoi acolleu o acto de sinatura dun convenio para a promoción turística conxunta dos concellos de Área Santiago. No acto participaron alcaldes e concelleiros dos 16 concellos do grupo: A Estrada, Arzúa, Boqueixón, Lalín, Melide, Padrón, Oroso, O Pino, Rois, Santiago de Compostela, Silleda, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces, que suman máis de 200.000 habitantes. Tamén participou o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, que comprometeu o apoio da institución aos proxectos que xurdan do Grupo.

Agustín Hernández destacou que coa sinatura deste convenio "culmina un traballo intenso e iníciase una nova etapa de cooperación e de colaboración institucional". Neste sentido, referiuse á unión dos concellos como o mellor instrumento para "aproveitar mellor as nosas posibilidades e crear un destino turístico único, cunha oferta ampla e diversa, que sume para o ben común o mellor de cada un dos nosos concellos".


Repasou o traballo realizado ao longo de 18 meses, en torno a un plan de acción con catro obxectivos: ampliar e mellorar a información turística dos 16 concellos; crear produtos que posicionen a Área Santiago como destino; aumentar o valor engadido da oferta turística existente; e incrementar o número de pernoctacións nos nosos concellos. Deste traballo xurdiron xa accións un mapa turístico da zona, unha web dos 16 concellos, unha campaña promocional no verán do 2013, a presentación do grupo en Fitur deste ano ou a organización dun concurso fotográfico neste verán.


O alcalde insistiu no compromiso co traballo conxunto e de colaboración plasmado neste convenio, convencido de que "esta experiencia vai ser moi beneficiosa para todos e confío en que sirva de espello para outras moitas facetas, do moito que se pode conseguir por esta vía". "Este convenio fortalece a suma de esforzos, a confianza e a aposta polo traballo conxunto que só pode comportar beneficios para os 16 concellos e seguro que tamén para o resto de Galicia", engadiu.


Área Santiago abarca o sur da provincia de A Coruña e o norte da de Pontevedra. É unha zona definida polo río Tambre e os seus afluentes, polo norte, e o sistema fluvial Ulla-Deza, polo sur, que son dúas das principais concas fluviais de Galicia, tanto polo seu caudal como pola súa riqueza faunística, florística, paisaxística e cultural.


Área Santiago nace como un destino turístico que conta con múltiples atractivos, destacando a gastronomía, o Camiño de Santiago, a natureza e o patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais, o grupo conta cunha ampla e diversa oferta de aloxamento, na que se combina a oferta urbana de Santiago e a de turismo rural dos Concellos veciños.


O grupo Área Santiago comezou a súa andaina en marzo do 2013 cando, a proposta do Concello de Santiago, se reuniron varios concellos da área de influencia da capital de Galicia para estudar as posibilidades de promoción turística conxunta. En maio dese mesmo ano, tras varias reunións de intercambio de opinións, os concellos asinaron un protocolo de colaboración no ámbito turístico.


A sinatura do protocolo de colaboración permitiu que Área Santiago deseñase e desenvolvese un programa de accións conxuntas para o período 2013-2014, entre as que destacan: unha campaña de promoción do grupo no verán do 2013; a elaboración dunha web propia, con aplicacións móbiles e contas nas redes sociais; a elaboración dun mapa cos principais recursos e atractivos turísticos dos diferentes concellos; a presentación do grupo en Fitur; ou a organización dun concurso fotográfico en redes sociais neste verán.


XV Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

Non te perdas todas as actividades que haberá!

Descárgate noso despregable para ter toda a información na túa man.


Galería de Fotos do 2014






Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (DESPLEGABLE 2014.pdf)DESPLEGABLE 2014.pdf 1763 Kb

PETER PUNK E A CHUNGATRONA


XIV FESTA DO GALO PIÑEIRO E MOSTRA CABALAR











O DOMINGO DÍA 4 EMITIRASE EN DIRECTO DENDE UNHA CARPA INSTALADA NA PROPIA FESTA, O PROGRAMA DA RADIO GALEGA "COME E FALA" http://www.crtvg.es/rg/programas/come-e-fala.

DENDE O DÍA 26 DE XULLO SORTEARANSE NOS SEGUINTES PROGRAMAS DA RADIO GALEGA UN TOTAL DE 8 GALOS PIÑEIROS:
- PROGRAMA "A TARDE"- DIA 26 XULLO
- PROGRAMA "QUEDAMOS NA GALEGA"- DIA 27 XULLO
- PROGRAMA "SOMOS QUEN"- DIA 27 XULLO
- PROGRAMA "PENSANDO EN TI"- DIA 29 XULLO
- PROGRAMA "GALICIA POR DIANTE"- DIA 29 XULLO
- PROGRAMA "COME E FALA"- DIA 4 AGOSTO EN DIRECTO DENDE A PRAZA DE FORCAREI
---------------------------------------------------------------------

PODEN DESCARGAR O FOLLETO DE PROGRAMACIÓN DA FESTA NO SEGUINTE DOCUMENTO AXUNTO
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (DESPLEGABLE 2013.pdf)PROGRAMA FESTA GALO PIÑEIRO 2013 9325 Kb

NORMAS Y CONDICIONES DE LAS RESERVAS DEL PABELLÓN POLIDEPORTIVO PARA GRUPOS DE PEREGRINOS


NORMAS Y CONDICIONES DE LAS RESERVAS DEL PABELLÓN POLIDEPORTIVO PARA GRUPOS DE PEREGRINOS

 

1. El pabellón polideportivo municipal, NO realiza reservas para pernoctar.


2. Sólo se facilita para pernoctación de peregrinos durante los meses de julio y agosto siempre y cuando estén completas las plazas de los alojamientos que se encuentran en el Ayuntamiento de O Pino.


3. Sólo se admitirán grupos de más de 30 personas.


4. El precio de la taxa por utilización del polideportivo, aprobado en el BOP de la Provincia, es de 4€ por persona.


5. Se deberán respetar las siguientes normas de utilización de las instalaciones. El incumplimiento de las mismas será responsabilidad de los grupos que hayan reservado el pabellón polideportivo:


- El pabellón polideportivo debe quedar libre antes de las 8:00 de la mañana.

- Está prohibido cocinar y comer dentro del pabellón.

- No se pueden fregar platos, ropa, etc, dentro de los vestuarios del pabellón, ya que atascan y ensucian los baños.

- Las colchonetas deben quedar recogidas y el pabellón limpio, tal y como lo encuentran los peregrinos a su llegada.

O CONCELLO DE O PINO POTENCIARÁ O TURISMO DENTRO DO GRUPO "ÁREA SANTIAGO"

DEZANOVE CONCELLOS, ENTRE ELES O CONCELLO DE O PINO, CREAN "ÁREA SANTIAGO" PARA POTENCIAR O TURISMO

Os alcades de A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces asinaron no Pazo de Raxoi o día 27 de maio, o protocolo de colaboración co que nace formalmente Área Santiago, un grupo de traballo para potenciar conxuntamente o sector turístico na zona. Os concellos suman unha poboación de 270.000 persoas, practicamente o 10% da poboación de Galicia.

Coa sinatura formalízase a existencia dun Grupo de Traballo de varios concellos, impulsado dende o Concello de Santiago, que comezou a reunirse informalmente a comezos do mes de marzo. Dende entón o grupo aumentou o seu número ata os dezanove concellos actuais, que celebraron a sinatura cunha selección de produtos grastonómicos característicos das súas zonas. Á sinatura asistiu o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo.

 O Grupo nace xa cun borrador de cronograma de actuacións para a o periodo 2013 – 2014, definido nas reunións previas en base aos traballos que se están realizando nas tres comisións técnicas creadas a partires da análise dos recursos turísticos cos que se conta: A pesca e o turismo fluvial, Gastronomía e Paquetes. Posteriormente, iranse creando novas comisións para estudar outras temáticas de interese evidente para a Área de Santiago, como a dos Camiños de Santiago ou o aproveitamento das múltiples rutas de sendeirismo que hai na zona.

 O Grupo Área Santiago tamén estableceu que un dos primeiros proxectos que desenvolverá será: “A pesca como recurso turístico”. Pártese de dous feitos: por unha banda o territorio do grupo está fondamente marcado por dous dos ríos máis importantes de Galicia, o Ulla e o Tambre, así como polos seus afluentes; por outra banda, a pesca ten demostrado noutros territorios, como Canadá, Irlanda, ou países do leste de Europa, que pode ser un recurso turístico con gran atractivo.

Outra das iniciativas que se consideran prioritarias é a elaboración dun mapa de recursos turísticos, que sirva para poder informar sintética e visualmente dos atractivos que se atopan nos diferentes Concellos do grupo, que en moitos casos son descoñecidos tanto para os visitantes, como para os propios residentes nos Concellos e mesmo para o propio sector turístico.

Tamén se está traballando na actualización de eventos de interese turístico da Área Santiago na axenda da web www.santiagoturismo.com, que no ano 2012 sumou máis de medio millón de visitas e preto de tres millóns de páxinas vistas. Estes eventos de interese turístico estanse actualizando ademais a través da conta en Twitter @santiagoturismo, empregando o hashtag #muycercadeSantiago. 
 
Estás en News Tourism

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information