SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO

 

 

Aberto o prazo para pedir as subvencións da Deputación a entidades sen fin de lucro para actividades deportivas, culturais, de promoción económica e servizos sociais

 

 

O Concello de O Pino informa que, dende este martes 15 de xaneiro e ata o vindeiro 22 de febreiro, está aberto o prazo de solicitude das axudas da Deputación da Coruña a actividades deportivas, culturais, de promoción económica e servizos sociais destinadas a entidades sen fins de lucro. As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 17 de decembro do 2012.


http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=17/12/2012

As solicitudes de subvención para o exercicio 2013 unicamente se poderán presentar a través da páxina web da Deputación
www.dicoruna.es  na pestana ‘Subvencións’ e acceder ao apartado ‘Subvencións 2013’. O prazo de presentación comezará o 15 de xaneiro e estará aberto ata o 22 de febreiro.

O proceso para presentar as solicitudes de subvencións é moi sinxelo e totalmente gratuíto. So será preciso rexistrarse como usuario na web subministrando un enderezo de correo e un contrasinal nun proceso que leva uns minutos e, unha vez rexistrado, cubrir os formularios de solicitude de subvención e achegar a documentación correspondente.

En canto á documentación requirida, os solicitantes que posúan certificado dixital da FMNT ou DNI electrónico poderán achegala vía web en formato PDF, sendo o proceso similar a incluír un arquivo adxunto nun correo electrónico.

Os solicitantes que non posúan certificado dixital ou DNI electrónico tamén terán a opción de entregar a documentación de forma presencial nas oficinas de rexistro xeral da Deputación, en Correos ou nas oficinas de rexistro dos concellos, neste caso terán que facer sempre referencia ao número de solicitude telemática correspondente.

Por último, haberá que confirmar a solicitude de subvención antes do fin do prazo de presentación de solicitudes xa sexa desde a páxina web mediante sinatura electrónica (para o que é preciso o DNI electrónico ou un certificado dixital da FMNT) ou, en caso de carecer de sinatura electrónica, poderán confirmarse as solicitudes imprimindo o resgardo da solicitude desde a páxina web, asinándoo e entregándoo no rexistro xeral da Deputación, nunha oficina de Correos ou na oficina de rexistro dos concellos da provincia da Coruña.

Dende o Concello poderáse tramitar as solicitudes dirixíndose a Oficina de Desenvolvemento Local sempre que achegan a documentación precisa nas bases da convocatoria publicada no BOP do 17 de decembro de 2012.

As solicitudes para seren válidas terán que formularse de xeito telemático.

 

Estás en Noticias Ayudas y Subvenciones SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information