Axudas a Autónomos

A Consellería  de Economía, Emprego e Industria concede axudas ás persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego,  que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia e se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, como titulares ou cotitulares do negocio.

A orde de convocatoria establece dúas liñas de subvencións:
  • Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil: 1.200 euros ás persoas menores de 30 anos.
  • Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia: desde 5.000 euros ata 10.000 euros, sempre que acredite realizar un investimento en inmovilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros Ive excluído.
O prazo para a presentación de solicitudes: 

29/02/2016 (altas entre o 01/10/2015 e 30/09/2016) para autónomos.

30/09/2016 para mozos de alta entre o 01/10/2015 e 30/09/2016.

Máis información en arquivo adxunto


Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (axudas_autonomos.pdf)axudas_autonomos.pdf 1290 Kb
Estás en Noticias Ayudas y Subvenciones Axudas a Autónomos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information