APERTURA DAS AXUDAS LEADER 2014-2020 A TRAVÉS DA OFICINA TÉCNICA DO GDR ULLA TAMBRE MANDEO

Xa se poden solicitar as axudas Leader 2014-2020 xestionadas polo GDR Ulla Tambre Mandeo, no seu ámbito xeográfico: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.


Nesta nova programación as axudas están dirixidas tanto a proxectos produtivos de diversos ámbitos (mellora da eficiencia enerxética nas explotacións agrarias así como diversificación cara outras actividades non agrarias, transformación de produtos agrarios  ou forestais e creación e modernización de pequenas e medianas empresas non agrarias), como a proxectos non produtivos de interese público ou colectivo, promovidos por entidades públicas ou de carácter privado.


Prazo de solicitude: Ata o 31 de marzo de 2017.


Requisitos dos proxectos: a) Estar localizados no territorio do GDR, b) Ser viables técnica, económica e financeiramente para os proxectos produtivos e técnica e financieramente para proxectos non produtivos, c) Axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación, d) Non estar iniciados, e) Ser finalistas.


Poderán ser beneficiarios das axudas: a) as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, b) as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores, c) as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.


Intensidade da axuda:


- para proxectos produtivos, entre un mínimo do 15% e un máximo dun 50% dos gastos subvencionables; sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.


- para proxectos non produtivos, entre un mínimo do 30% e un máximo dun 90% dos gastos subvencionables, segundo se encadre a tipoloxía do proxecto nunha ou outra prioridade da EDL (alta, media ou baixa); sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.

Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que desexen promover un proxecto empresarial (produtivo) ou aquelas entidades públicas ou de carácter privado que desexen promover un proxecto non produtivo de interese colectivo, poden  dirixirse ó  GDR Ulla Tambre Mandeo   para recibir asesoramento a través do seguinte contacto:


Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo

(Edificio do antigo centro médico)

Avda. de Lugo, 41 Pedrouzo-Arca. 15821 O Pino

Teléfono: 981 511 377

Correo electrónico: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

www.ullatambremandeo.blogspot.com




Estás en Noticias Ayudas y Subvenciones APERTURA DAS AXUDAS LEADER 2014-2020 A TRAVÉS DA OFICINA TÉCNICA DO GDR ULLA TAMBRE MANDEO

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information