AXUDAS DO IGAPE-PROGRAMA GALICIA RURAL EMPRENDE

O Instituto Galego de Promoción Económica (Xunta de Galicia), concede subvenciós a fondo perdido a proxectos en réxime de concorrencia competitiva para a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais. Enlace

BENEFICIARIOS:

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) As microempresa e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

SECTORES INCENTIVABLES:

Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE).

c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos, ...).

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), innovación tecnolóxica e comercio electrónico

h) Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros?) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

Non se considera que existe nova actividade se a persoa física ou calquera dos socios dunha peme desenvolvese a mesma actividade por conta propia nos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.

CONTÍA DAS AXUDAS:

A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica establécese en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un máximo de 70.000 euros nas seguintes situacións:

a) De acordo ao seguinte rango de gasto e investimento admisible:

1º De 20.000 a 30.000 : incremento sobre a prima básica de 12.500 euros.
2º De 30.001 a 40.000 : incremento sobre a prima básica de 17.500 euros
3º De 40.001 a 60.000 : incremento sobre a prima básica de 25.000 euros
4º De 60.001 a 80.000 : incremento sobre a prima básica de 31.500 euros
5º De 80.001 a 100.000 : incremento sobre a prima básica de 40.500 euros
6º Maior de 100.000 : incremento sobre a prima básica de 45.000 euros

b) Creación de emprego indefinido (mínimo 1 emprego UTA). A creación de emprego debe ser adicional, ademais da man de obra correspondente ao beneficiario da axuda: 20.000 euros.

c) Ubicación nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións específicas relacionadas no anexo VII das bases reguladoras: 5.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDES: Ata o 26 de marzo.

Máis información: Enlace











Estás en Noticias Ayudas y Subvenciones AXUDAS DO IGAPE-PROGRAMA GALICIA RURAL EMPRENDE

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information