Cultura e Educación

Primeiro concerto da Banda Xuvenil de Música de Arca co gallo das Letras Galegas



As actividades organizadas pola Concellaría de Cultura de O Pino co gallo do Día das Letras Galegas foi a ocasión elixida para que a Banda Xuvenil de Música de Arca ofrecese onte o seu primeiro concerto. O director da agrupación, José María Blanco Pampín, agradeceu a invitación do Concello e sinalou que coa implicación dos mozos e mozas o futuro da centenaria Banda de Música de Arca “ten futuro”, ao tempo que indicou que algúns dos integrantes da Banda Xuvenil xa tocan tamén cos maiores.

Formada por unha vintena de mozas e mozos a Banda Xuvenil de Música de Arca ofreceu un concerto variado, “porque a música é un idioma universal en sí mesmo”, como dixo o director, facendo gozar ao público que asisteu ao auditorio da centro cultural Luis Seoane. Así, interpretaron unha selección dos Blues Brothers e despois trasladaron ao público ao oeste americano con ‘Moment for Morricone’.

Antes da actuación da banda, unha trintena de nenos e nenas puideron gozar coas actividades que lles organizou a Asociación Feitizo, un colectivo do Pino que, de xeito desinteresado, colaborou co Concello oroganizando xogos de pistas e rastreo, crebacabezas, marionetas e un mosaico con obras de María Victoria Moreno, a escritora de orixe extremaño á que este ano se adicou o Día das Letras Galegas.

Podes ver o album de fotos no Facebook do Concello.

O Pino acolle en maio o programa universitario ‘Camiños de coñecemento e experiencia’

O Concello do Pino participa, xunto con outra vintena de municipos da Coruña e Pontevedra, nas xornadas Camiños de coñecemento e experiencia. O programa vai dirixido a maiores de 50 anos e busca divulgar a presenza da ciencia e da protección do patrimonio no día a día. Desenvolverase durante cinco días na no centro sociocultual Luis Seoane do Pino, en Pedrouzo, e contará coa presenza de profesores da Universidade de Santiago.

Camiños de coñecemento e experiencia é un proxecto para undefineda democratización do coñecemento que busca achegar o ensino universitario a maiores de 50 anos. Varios temas culturais, científicos e de patrimonio centran as cinco xornadas formativas. A primeira delas, que tratará sobre o medio natural, levarase a cabo o día 9 de maio coa participación de José Antonio Rodríguez Añón e Jorge Proupín Castiñeiras, profesores da Facultade de Física compostelá. O día 14, a actividade sairá da casa da cultura, pois consistirá na visita ao Punto Limpo do Concello, coas explicacións dos mesmos profesores.

O día 16 de maio os asistentes poderán presenciar un concerto, da man da profesora da Facultade de Educación Laura Touriñán Morandeira. De volta no centro sociocultural Luis Seoane, Mercedes López-Mayán, da Facultade de Xeografía e Historia, falará de Historia da Cultura de Galicia. Camiños de coñecemento e experiencia remata o día 24 de maio cunha visita ao Arquivo da Catedral de Santiago da man a profesora López-Mayán.

A matrícula nas xornadas é gratuíta. Para inscribirse hai que dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Pino, situado na casa consistorial, en horario de 8.30 a 14.30 horas. No programa, organizado pola Universidade de Santiago co apoio da Xunta e da Deputación da Coruña, participan os concellos do Pino, Ames, A Baña, A Estrada, Arzúa, Boiro, Brión, Melide, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do son, Rianxo e Ribeira.
Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia. Concello de O Pino.pdf)Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia. Concello de O Pino 1116 Kb

Contacontos e xogo de misterio na biblioteca para celebrar o Dia do Libro



O Concello de O Pino celebra o vindeiro sábado o Día do Libro con diferentes actividades na biblioteca municipal que teñen por finalidade promover a lectura entre a veciñanza e a dinamización cultural, ademais de dar a coñecer a propia bliblioteca entre os nenos e nenas a partir de 3 anos.

Así, o sábado, 28 de abril, a partir das 17.00 horas desenvolverase un xogo de misterio, no que os participantes buscarán e deberán atopar as pistas que lles axuden á resolución dun misterio acaecido na biblioteca.

As seis da tarde dará comezo unha sesión de contacontos con Celtia Figueira e un obradoiro de marcapáxinas coa técnica papel de auga; e algunha que outra sorpresa máis.

Os interesados en participar nestas actividades deberán cubrir a ficha de inscrición que se pode descargar ao pé desta nova e entregala na biblioteca ou no Centro Sociocultural Luis Seoane. Tamén o poderán remitir por correo electrónico ao enderezo Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (20180424_DiaDoLibro_solicitude_actividade.pdf)20180424_DiaDoLibro_solicitude_actividade.pdf 54 Kb

O Concello de O Pino organiza o programa 'Vai de auga’ todos os mércores de maio



O Concello de O Pino convoca un ano máis o programa Vai de auga para facilitar aos veciños e veciñas do municipio maiores de idade poder coñecer de primeira man os beneficios da balneoterapia e recibir sesións no balneario de Cuntis. Este programa, promovido dende a Concellaría de Educación e Cultura, desenvolverase todos os mércores do mes de maio, con saída en autobús dende a praza do Concello ata o balneario de Cuntis, onde os participantes recibirán sesións. Os interesados en participar deberán inscribirse na biblioteca municipal ou na casa de cultura antes do 28 de abril, estar empadroados no Concello do Pino e realizar unha achega de 70 euros. Se precisan máis información poden chamar ao teléfono 981 511 065 o a través do correo electrónico Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla Durante o pasado ano, máis de trinta veciñas e veciños do Pino participaron neste programa.

Marián Cobela explica nunha charla como educar con disciplina positiva


Pais e nais de O Pino asisten esta mañá no centro sociocultural Luis Seoane á charla informativa “Educa con disciplina positiva” na que a especialista Marián Cobela está dando consellos de cómo conectar mellor cos fillos e fillas en idades escolar. El Correo Gallego fíxose eco desta iniciativa da Concellaría de Cultura do Concello do Pino e publicacou unha información na que María Cobelas explica os obxectivos e cómo aplicar esta metodoloxía. Podes leer a información neste enlace: https://bit.ly/2JKj41b ou no arquivo adxunto
Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (20180414_ECG_charlas_positivas.pdf)20180414_ECG_charlas_positivas.pdf 132 Kb

Entroido 2018. Concurso de disfraces

O Departamento de Cultura do Concello de O Pino organiza o XX Concurso de Disfraces para celebrar o Entroido 2018. Celebrase o domingo 11 de febreiro na Praza do Concello. A inscrición ábrese ás 16.30 horas e o concurso comenzó ás 17.30. Se queres participar, consulta as bases que figuran no documento adxunto.


Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (20180211_BASES_ENTROIDO.pdf)Bases Concurso Disfraces Entroido 2018Bases do Concurso de Disfraces do Entroido 2018. Concello de O Pino273 Kb

Camiña e Descubre

O Departamento de Cultura volve co programa "Camiña e Descubre"
Este ano percorreremos o Camiño do Norte, empezando en Ribadeo o día sábado 21 de outubro.
Previa inscrición
Anímache e Camiñemos xuntos!!


ESCOLA DE VERÁN 2017



Abrese o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2017, unha proposta do Concello de O Pino a través dos seus departamentos de deportes e servizos sociais que pretende non  só ocupar o tempo de lecer dos  nosos cativos, senón permitir as familias compaxinar a vida familiar e laboral.

O programa ofertarase para escolares de entre 3 e 12 anos de idade e levarase a cabo no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago que colabora activamente nas actividades.

O prazo de inscripción permanecerá aberto na primeira quenda do 1 ao 15 de xullo ate o vindeiro 23 de xuño. A mesma formalizarase nas oficinas municipais en horario de 9 a 14 horas. Poden descargar as fichas de inscrición nesta nova e consultar as bases incluidas nas mesmas.
Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (FICHAS DE INSCRICIÓN E BASES O PINO.pdf)FICHAS DE INSCRICIÓN E BASES O PINO.pdf 126 Kb

Curso básico de informática

Este curso está pensado para esas personas que se ven un pouco desbordados polas novas tecnoloxías.

Será un curso básico para aprender a facer un documento, crear un correo, saber como achegar ese documento, poder solicitar as citas médicas, os permisos para poder queimar, buscar por internet información de interese, etc.

Aberto o prazo de inscrición ata o 20 de febreiro ( Prazas Limitadas)

Para máis información chama o: 981511065

Cabalgata de Reis 2017


O xoves  5 será un día especial para os cativos/as do concello xa que contaremos coa visita de SSMM Os Reis Magos de Oriente, os cales farán un percorrido polas parroquias rematando a xornada no pavillón onde teremos inchables e varios obradoiros...

Outro ano máis  o Concello  colabora coa  campaña "Os Reis Magos cos celíacos" onde os caramelos que repartirán SS.MM. son aptos para celíacos.

Estás en Noticias Cultura e Educación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information