Abrese o prazo para os Campamentos Deportivos da Deputación de A Coruña

alt
   Abrese o prazo no Concello de O Pino para solicitar a participación nos Campamentos Deportivos da  Deputación da Coruña. Os interesados poderán facer a súa inscrición no Concello de O Pino ata o xoves 16 de maio.

Estes campamentos celébraranse no Centro Calvo Sotelo en tres quendas dunha semana entre o 30 de xuño e o 20 de xullo. Os destinatarios desta actividade son rapaces dos 94 concellos da provincia nados entre o ano 1999 e o 2003.

A QUENDA DO CONCELLO DE O PINO SERA Do 7 ó 13 de xullo. Deberán solicitar e rellenar a ficha de inscrición nas dependencias do Concello de O Pino en horario de 10.30 a 14.30 horas.

A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe o transporte interno, a estadía e manutención na residencia e o gasto das actividades programadas, así como o material propio das actividades coma raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas que se entregarán a cada participante durante a celebración do campamento.

Os campamentos deportivos inclúen as actividades deportivas preferentes que, nesta ocasión, serán a equitación, paseos a cabalo, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco, tenis, voleipraia, fútbol 7, baloncesto, volei, batuka, capoeira e hip-hop. Ademais, os rapaces participarán nunha pernocta en tendas de campaña dunha noite e o inglés formará parte do programa como novidade.

O programa do campamento inclúe as visitas a centros de interese cultural da comarca e da cidade da Coruña e as veladas nocturnas con actividades e xogos que teñan como obxectivo fomentar a comunicación, a convivencia e o respecto entre os demais.


Estás en Noticias Deportes Abrese o prazo para os Campamentos Deportivos da Deputación de A Coruña

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information