HOXE VENRES 7 DE FEBREIRO SUSPÉNDENSE DE NOVO AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS

Na tarde de hoxe, venres 7 de febreiro, suspéndense de novo as actividades deportivas (escolas deportivas municipais, pilates, ximnasia nas parrroquias,...) e culturais (inglés lúdico,...) do Concello de O Pino debido a alerta meteoróloxica que plasmamos a continuación:

Alerta meteorolóxica para o venres 7 de febreiro
Xov, 06/02/2014 - 12:47

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña e na Mariña lucense a partir das 18 horas deste venres 7 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de vento de máis de 100 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas, e no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (laranxa) e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf .



Estás en Noticias Deportes HOXE VENRES 7 DE FEBREIRO SUSPÉNDENSE DE NOVO AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information