Abrese o prazo de inscrición dos Campamentos Deportivos 2015

Aberto o prazo de inscrición dos Campamentos Deportivos da Deputación Provincial da Coruña que se celebrarán en verán no Colexio Calvo Sotelo da Coruña.


Nestes Campamentos os rapaces/zas en idade escolar empadroados no Concello de O Pino e nados/as entre 1998 e 2005 poderán tomar parte participando nas múltiples actividades deportivas e culturais organizadas durante os mesmos, así coma veladas nocturnas.


O Concello de O Pino tomará parte neste programa nas seguintes quendas:


GRUPO A:   nados/as entre 2001 e 2005:


QUENDA 1ª: do 28 de xuño ó 4 de xullo de 2015


GRUPO B:   nados/as entre 1998 e 2000:


QUENDA 4ª: do 19 ó 25 de xullo de 2015


Todos os interesados en participar nestes Campamentos deberán de pasar pola casa do Concello e inscribirse rellenando a solicitude ou ficha de inscrición que tamén poderán descargar no seguinte enlace, onde tamén está toda a información sobre os Campamentos:


http://www.dicoruna.es/deportes/actividades/campamentos-deportivos/


O prazo de inscrición rematará o venres 29 de maio ás 14 horas.


Estás en Noticias Deportes Abrese o prazo de inscrición dos Campamentos Deportivos 2015

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information