III TROFEO DE CICLISMO CONCELLO DE O PINO

O domingo 28 de febreiro celebrarase no Concello de O Pino a terceira edición do Trofeo de Ciclismo do Concello de O Pino, unha proba da Federación Galega de Ciclismo organizada polo Clube Ciclista Asociación Galega de Ciclistas e que formará parte da I Challenge de Ciclismo C.C.A.G.C. .

As probas disputaranse nas categorías Máster 30, Máster 40, Máster 50 e 60 e realizaranse sobre un percorrido de 69,2 km a partir das 10:30 horas da mañán.

Esta proba será puntuable para a I Challenge de ciclismo C.C.A.G.C. , a cal constará de tres probas, que se celebrarán na comarca de Santiago de Compostela e nas cales se poderá participar de forma independente en cada unha delas.

Os lugares de devanditas probas son: 

  • O Pino (28/02/2016) 
  • Touro (03/04/2016) 
  • A Estrada (24/04/2016)


Poden consultar máis información na páxina web da CC Asociación Galega de Ciclistas (http://ccasociaciongalegadeciclistas.com/ ).

Estás en Noticias Deportes III TROFEO DE CICLISMO CONCELLO DE O PINO

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information