Deportes

I COPA KARATE AVALON KAI CONCELLO DE O PINO

O Concello de O Pino acollerá o vindeiro sábado 9 de maio a I Copa de Kárate Avalon Kai. A competición organizada por Avalón Kai , dará comenzo ás 16.30 horas no polideportivo municipal de Lameiro disputarase nas categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil.


Esta será unha oportunidade de poder ver aos mellores especialistas destas categorías nun arte marcial tradicional moi arraigado na nosa comunidade.


XII Carreira Pedestre Popular



En marcha a XII edición da carreira do Concello de O Pino.


O domingo 3 de maio celebrarase a décimo segunda edición da Carreira Popular do Concello de O Pino. As probas disputaranse na localidade Arca-Pedrouzo e comenzarán ás 10:00 horas pola proba de canicross.

As inscricións estarán abertas ata o mércores 29 de abril ás 22 horas e realizaranse na seguinte ligazón:

http://www.carreirasgalegas.com/carreira/xii-carreira-pedestre-popular-concello-de-o-pino-iii-circuito-provincial-de-carreiras-populares-deputaci-n-provincial-de-a-coru%C3%B1a/2898c9dd-5f34-c088-cab3-39cdfffc8ca5


Nesta edición, a proba formará parte do III Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Podes consultar o reglamento das probas nesta web:

REGULAMENTO: DESCARGA





Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR O PINO 2015.pdf)XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR O PINO 2015.pdf 339 Kb

PRESENTACION DA MEDIASAN DO CAMIÑO 2015



Hoxe presentouse no Centro Comercial Compostela a MediaSan do Camiño 2015, Medio Maratón que unirá o domingo 12 de abril os Concellos de O Pino (Arca) e Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro). 

En dita presentación estiveron presentes o director de relaciones externas de El Corte Inglés Pati Blanco, o técnico deportivo do Concello de O Pino Iván Sanmartín, a concelleira de deportes de Santiago María José Corral e o Alcalde do Concello de O Pino Manuel Taboada Vigo. Ademais destas autoridades estivo o atleta santiagués do clube USC Javier Fernández Feijoo o cal apadriñou o Medio Maratón MediaSan do Camiño 2015.

Todos os presentes coincidiron en destacar a beleza e a dureza do percorrido, pero destacaron por riba de todo o simbolismo do percorrido da proba e a beleza da saída ubicada na localidade de Arca (O Pino) e da meta ubicada na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. 

MediaSan e das poucas probas que une dous Concellos nunha proba lineal polo camiño de Santiago e esto faina especial para os atletas segundo afirmaron os presentes.

As inscricións permanecerán abertas ata o 6 de abril ás 00:00 horas. Toda a información sobre a proba poderase consultar na web www.mediasandocamino.com e directamente desde esta páxina web www.concellodeopino.com


O equipo de categoría alevín do Concello de O Pino campeón comarcal de fútbol sala

O equipo de categoría alevín do Concello de O Pino campeón comarcal de fútbol sala

O pasado venres celebrouse en Santiago de Compostela a final da fase comarcal de deporte en idade escolar na cal tomaba parte o equipo da categoría alevín das escolas deportivas municipais do Concello de O Pino.

A final disputabase entre os conxuntos de Lamas de Abade e o Concello de O Pino, acadando a victoria por 0-2 os deportistas locais dirixidos polo adestrador Rubén Martínez Caamaño e proclamándose campións comarcais.


II TROFEO DE CICLISMO CONCELLO DE O PINO


O vindeiro domingo 8 de marzo celebrarase no Concello de O Pino o II Trofeo de Ciclismo O Pino 2015.

A proba partirá da localidade de Arca-Pedrouzo e conectará os Concellos de O Pino e Arzúa sobre un duro, esixente e vistoso percorrido de máis de 70 km de circuito.

Agárdanse máis de 100 ciclistas nesta segunda edición. 

Consulte o regulamento do Trofeo (ver adxunto)

Máis información na web http://ccasociaciongalegadeciclistas.com

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (Reglamento II Trofeo Ciclista Concello de O Pino.pdf)Reglamento II Trofeo Ciclista Concello de O Pino.pdf 33 Kb

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O vindeiro sábado 7 de febreiro disputarase no circuito da praia de Cabío en A Pobra do Caramiñal, O Campionato Provincial de Campo a través escolar.

Nesta competición tomarán parte os atletas das Escolas Deportivas Municipais Xoel Blanco Parga e Jorge Vázquez Corral.

As probas darán comenzo ás 11.15 horas nun fermoso entorno no Concello da Pobra do Caramiñal.

Descargue aquí a normativa da competición


Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (NORMATIVA-PROVINCIAL-CAMPO-A-TRAVES-2015-1.pdf)NORMATIVA-PROVINCIAL-CAMPO-A-TRAVES-2015-1.pdf 553 Kb

II Xornada de Badminton Intermunicipal

O vindeiro sábado 7 de febreiro disputarase no polideportivo municipal de Arca ubicado a carón do centro escolar CPI Camiño de Santiago a II Xornada Intermunicipal de Badminton na cal participarán os concellos da comarca.


A xornada que dará comenzo ás 10:30 horas, disputarase entre escolares das seguintes categorías:


  • Prebenxamín: nados no 2007 e posteriores;
  • Benxamín:       nados nos anos 2005 e 2006;
  • Alevín:              nados nos anos 2003 e 2004;
  • Infantil:             nados nos anos 2001 e 2002;
  • Cadete:             nados nos anos 1999 e 2000.

CAMPAÑA DE ESQUÍ 2015

A Deputación da Coruña pon en marcha a súa Campaña de Esquí na cal participarán más de 600 nenos da provincia. Dita campaña realizarase na Estación Invernal de Manzaneda.

O prazo de inscrición para a Campaña de Esquí será ata o 19 de decembro e poderás facela na Casa do Concello de O Pino (Departamento de Deportes). 

Esta campaña desenvolverase entre o 30 de xaneiro de 2014 e o 8 de marzo de 2015.

A quenda que lle corresponderá ao Concello de O Pino será a seguinte:

- Quenda 2: do 6 de febreiro ao 8 de febreiro de 2015


Descarga aquí o tríptico informativo

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (Triptico_nieve_2015.pdf)Triptico_nieve_2015.pdf 298 Kb

Fase Comarcal Escolar de Campo a Través. Santiago 24 de xaneiro



O sábado 24 de xaneiro disputarase en Santiago de Compostela a Fase Comarcal de Campo a Través Escolar, na cal tomarán parte 43 atletas do Concello de O Pino clasificados na xornada disputada o 12 de decembro na Area Recreativa da Magdalena. 

As probas levaranse a cabo no Parque municipal da Alameda e darán comenzo as 11 horas da mañá.


Consulte aquí os atletas clasificados e o horario da xornada 

Ver Clasificados

Ver Horarios



Xornada de badminton intermunicipal


O vindeiro sábado disputarase no Concello de Trazo  a primeira xornada de badminton intermunicipal na cal tomarán parte os concellos de O Pino, Trazo e Boimorto.


A xornada dará comenzo ás 10 horas da mañá e extenderase a toda a mañá. Nas vindeiras semanas disputarase unha xornada deeste deporte no Concello de O Pino


Consulte aquí o horario da xornada e o reglamento


Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (CALENDARIO_XORNADA badminton.pdf)CALENDARIO_XORNADA badminton.pdf 208 Kb
Descargar este adjunto (REGLAMENTO XORNADA DE BADMINTON TRAZO.pdf)REGLAMENTO XORNADA DE BADMINTON TRAZO.pdf 26 Kb
Estás en Noticias Deportes

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information