Noticias

Nenas e nenos de 4 a 13 anos poderán participar no PescaPino o 28 de xullo



O Concello do Pino organiza o domingo 28 de xullo o concurso Pescapino, dirixido a nenos de 4 a 13 anos que sexan afeccionados ou queiran iniciarse no deporte da pesca. O concurso celebrarase na área recreativa da Magdalena (Castrofeito) entre as 10.00 e ás 13.00 horas e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas cateogrías de benxamín (4-7 anos), alevín (8-10 anos) e infantil (11-13 anos).

O prazo de inscrición remata o martes, día 24, ás 14.00 horas. Os interesados en participar deberán anotarse na casa de cultura (981 511 065) ou no correo electrónico Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla . O concello facilitará o material necesario a todos os participantes no concurso.

Con este concurso, o Concello do Pino quere resaltar os espazos naturais do concello. O ano pasado o concurso contou cunha trintena de participantes.

A entrega de trofeos do Pescapino 2018 farase a partir das 13.00 horas. As bases do concurso establecen que a clasificación farase, en primeiro lugar, polo número de pezas válidas capturadas (250 puntos por cada peza), e un punto adicional por cada gramo de peso acumulado das pezas. En caso de empate terase en conta o número total de pezas de cada concursante e a idade, primando aos pescadores de menor idade.

Nos arquivos adxuntos figuran tanto as bases do concurso como a folla de inscrición, que pode cubrirse e entregarse ou enviarse por correo electrónico á Concellaría de Cultura ( Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla )
Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (Bases_concurso_pescapino_2018.pdf)Bases do concurso PescaPino 2018 127 Kb
Descargar este adjunto (Inscricion_PescaPino_2018.pdf)Boletín de inscrición para PescaPino 2018 99 Kb

O Pino e Arzúa queren mellorar áreas de descanso do Camiño de Santiago cun obradoiro de emprego



Os alcaldes do Pino, Manuel Taboada Vigo, e o de Arzúa, José Luí García, asinaron esta mañá en Arca o convenio de colaboración para solicitarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria o financiamento dun obradoiro de emprego conxunto que permita á formación de 20 persoas desempregadas e a posta en valor de puntos estratéxicos do Camiño Francés.

A proposta dos dous alcaldes é a de poder empezar co período de formación no vindeiro mes de setembro. As 20 persoas en situación de desemprego para os que está dirixida esta iniciativa formaríanse en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

Durante o período de formación, que será de nove meses, acondicionarían áreas e espazos de descanso localizadas no Camiño de Santiago ou nas súas proximidades ao seu paso polos concellos de Arzúa e O Pino para poñer en valor puntos estratéxicos do percorrido do Camiño Francés. Na proposta contemplase, por exemplo, a ocultación dos contedores de lixo para mellorar o impacto visual nunha ruta que cada día percorren milleiros de peregrinos.

No caso do Pino as actuacións acometeranse na carballeira de Outeiro e na área de descanso de Lengüelle (San Breixo de Ferreiros), e nas áreas de descanso de Cerceda (San Miguel) e Santa Irene (Arca).

CONVOCATORIA E BASES PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS A UNIVERSITARIOS/AS NO CURSO 2017/2018

O PRAZO REMATA O VINDEIRO 10 DE XULLO

XÚNTASE AS BASES REGULADORAS

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (bases becas universitarios_signed.pdf)bases becas universitarios_signed.pdf 523 Kb

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E PATRIMONIO HISTÓRICO

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O VINDEIRO 11 DE XULLO

Xúntase bases e modelos de solicitude:

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (bases cultura, deporte e patrimonio_signed.pdf)bases cultura, deporte e patrimonio_signed.pdf 261 Kb
Descargar este adjunto (Modelos solicitude.pdf)Modelos solicitude.pdf 751 Kb

Aberto o prazo de inscrición da Escola de Verán 2018

Abrese o prazo de inscrición da Escola de verán Concello de O Pino 2018 dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos (ambas idades incluídas) e con actividades variadas deportivas e culturais.

As quendas ofertadas serán as seguintes:

- Xuño. Do 25 ao 29

- Primeira quenda. Do 1 ao 15 de xullo.

- Segunda quenda. Do 16 ao 31 de xullo.

- Terceira quenda. Do 1 ao 15 de agosto.

- Cuarta quenda. Do 16 ao 31 de agosto.

- Setembro. Do 3 ao 7.

Este programa forma parte dos programas de conciliación familiar do Concello de O Pino e a partir do 7 de xuño xa se pode formalizar a inscrición na casa do Concello.

Podes descargar aquí as bases da Escola de Verán 2018, así como as fichas de inscrición e documento de pago para poder participar.

Máis información na Casa do Concello en horario de 9 a 14 horas.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (BASES_escola_veran_2018.pdf)Bases Escola de Verán 2018 514 Kb
Descargar este adjunto (Ficha_inscricion_EscolaVeran_2018.pdf)Ficha inscrición Escola de Verán 2018 526 Kb
Descargar este adjunto (PAGO_escola_veran_2018.pdf)Pago Escola Verán 2018 629 Kb

CURSO OPERADOR CARRETILLA ELEVADORA



Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (IMPRESO SOLICITUDE.odt)IMPRESO SOLICITUDE.odt 9 Kb

Solicitude de prazas ata o 12 de cuño para o Programa de Vacación da Terceira Idade



Os veciños do Pino que desexen participar no Programa de Vacacións da Terceira Idade 2018-2019 deberán presentar a súa solicitude antes do 12 de xuño no Departamento de Servizos Sociais do Concello.

Para inscribirse deberán presentar una fotocopia do DNI do solicitante da praza e do cónxuxe, xustificante da pensión, copia da declaración da renda e fotocopia do certificado de minusvalía, se fose o caso.

No programa de vacacións terceira idade 2018-2019 poden participar as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

- Estar empadroada e residente no Pino

- Ter cumpridos 65 anos

- Ser pensionoista de xubilación do Sistema Público de Pensións

- Ser pensionista de viudedade con idade igual ou superior aos 55 anos

- Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos

- O cónxuxe non é preciso que reúna os requisitos de idade ou pensión

- Admitirase como acompañante a un fillo/a con discapacidade que teña un grado de discapacidade igual ou superior ao 45% sempre que a viaxe a realice cos seus país compartido con eles habitación.

Pódese consultar o bando da alcaldía no arquivo adjunto
Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (20180524_vacacions_terceira_Idade.pdf)Bando_alcaldia_Vacaciones_Terceira_Idade_2018-19 583 Kb

Primeiro concerto da Banda Xuvenil de Música de Arca co gallo das Letras Galegas



As actividades organizadas pola Concellaría de Cultura de O Pino co gallo do Día das Letras Galegas foi a ocasión elixida para que a Banda Xuvenil de Música de Arca ofrecese onte o seu primeiro concerto. O director da agrupación, José María Blanco Pampín, agradeceu a invitación do Concello e sinalou que coa implicación dos mozos e mozas o futuro da centenaria Banda de Música de Arca “ten futuro”, ao tempo que indicou que algúns dos integrantes da Banda Xuvenil xa tocan tamén cos maiores.

Formada por unha vintena de mozas e mozos a Banda Xuvenil de Música de Arca ofreceu un concerto variado, “porque a música é un idioma universal en sí mesmo”, como dixo o director, facendo gozar ao público que asisteu ao auditorio da centro cultural Luis Seoane. Así, interpretaron unha selección dos Blues Brothers e despois trasladaron ao público ao oeste americano con ‘Moment for Morricone’.

Antes da actuación da banda, unha trintena de nenos e nenas puideron gozar coas actividades que lles organizou a Asociación Feitizo, un colectivo do Pino que, de xeito desinteresado, colaborou co Concello oroganizando xogos de pistas e rastreo, crebacabezas, marionetas e un mosaico con obras de María Victoria Moreno, a escritora de orixe extremaño á que este ano se adicou o Día das Letras Galegas.

Podes ver o album de fotos no Facebook do Concello.

Numerosos veciños de O Pino asisten á charla sobre as distancias de plantacións na lexislación galega para a prevención de incendios



Numerosos veciños encheron o auditorio da casa de cultura Luis Seoane para asistir á charla informativa sobre as distancias que deben manter as plantacións na lexislación galega tanto ás estradas como as construcións ou ás zonas agrícolas. Un técnico da consellería de Medio Rural e o axente forestal de zona foron os encargados de orientar aos veciños e darlles información útil.

Un dos principais aspectos no que incidiron tanto os técnicos como o alcalde, Manuel Tabaoda, foi no de recordarlle aos veciños que no caso que reciban unha notificación da Xunta de Galicia para que limpen os montes, unha vez que acometan esa limpeza, “hai que remitirlle un escrito ao organismo correspondente notificándolle que os traballos están feitos. Deste xeito evitarase que o expediente continúe aberto e que ao veciño lle poida chegar unha sanción económica”. O alcalde, que dirixiu o debate, recordoulle aos veciños que no concello hai xa un formulario que os veciños poden cubrir para enviar esta notificación á Xunta de Galicia.

Entre outros aspectos, os técnicos da Xunta recordaron as distancias que marca a lei como franxa de seguridade sobre as estradas, segundo a súa tipificación. Así, recordaron que no caso das estradas da Deputación, hai que deixar unha franxa de 10 metros desde o borde exterior da cuneta antes de empezar a plantación de pino ou eucalipto (no caso de frondosas serían 6 metros). Se a estrada é nacional, no Pino son a N-634 (que vai a Curtis) e a N-547 (que vai a Lugo) a distancia de seguridade é de 13 metros para pinos e eucaliptos e 9 para as árbores autóctonas, contados sempre dende a veira exterior da cuneta. No resto de viais, estean asfaltados ou non, a distancia é de 4 metros dende a beira exterior da cuneta ata os primeiros árbores.

Os técnicos tamén recordaron que a distancia sen árbores a todo tipo de construcións (casas, galpóns, depósitos, etc) ten que ser dun mínimo de 50 metros.

Así mesmo, e entre outros aspectos, os técnicos recordaron que tanto a Lei de Montes de Galicia como a Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, ou o Código Civil, son as que regulan estes aspectos.

Aqueles veciños que queiran ver a cualificación urbanística que teñen as súas fincas para saber a distancias de seguridade que deben manter, poden consultar esta cualificación no concello ou visitando a páxina web http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/inventario.php.
Estás en Noticias

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information