Noticias

O Pino acolle en maio o programa universitario ‘Camiños de coñecemento e experiencia’

O Concello do Pino participa, xunto con outra vintena de municipos da Coruña e Pontevedra, nas xornadas Camiños de coñecemento e experiencia. O programa vai dirixido a maiores de 50 anos e busca divulgar a presenza da ciencia e da protección do patrimonio no día a día. Desenvolverase durante cinco días na no centro sociocultual Luis Seoane do Pino, en Pedrouzo, e contará coa presenza de profesores da Universidade de Santiago.

Camiños de coñecemento e experiencia é un proxecto para undefineda democratización do coñecemento que busca achegar o ensino universitario a maiores de 50 anos. Varios temas culturais, científicos e de patrimonio centran as cinco xornadas formativas. A primeira delas, que tratará sobre o medio natural, levarase a cabo o día 9 de maio coa participación de José Antonio Rodríguez Añón e Jorge Proupín Castiñeiras, profesores da Facultade de Física compostelá. O día 14, a actividade sairá da casa da cultura, pois consistirá na visita ao Punto Limpo do Concello, coas explicacións dos mesmos profesores.

O día 16 de maio os asistentes poderán presenciar un concerto, da man da profesora da Facultade de Educación Laura Touriñán Morandeira. De volta no centro sociocultural Luis Seoane, Mercedes López-Mayán, da Facultade de Xeografía e Historia, falará de Historia da Cultura de Galicia. Camiños de coñecemento e experiencia remata o día 24 de maio cunha visita ao Arquivo da Catedral de Santiago da man a profesora López-Mayán.

A matrícula nas xornadas é gratuíta. Para inscribirse hai que dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Pino, situado na casa consistorial, en horario de 8.30 a 14.30 horas. No programa, organizado pola Universidade de Santiago co apoio da Xunta e da Deputación da Coruña, participan os concellos do Pino, Ames, A Baña, A Estrada, Arzúa, Boiro, Brión, Melide, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do son, Rianxo e Ribeira.
Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia. Concello de O Pino.pdf)Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia. Concello de O Pino 1116 Kb

Iván Roade e Edymar Brea gañan a XV Carreira Popular de O Pino



Iván Roade, Edymar Brea, Iria Souto e José Pampín foron esta mañá catro dos protagonistas da XV Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino, que contou con máis de medio milleiro de atletas. Os dous primeiros foron os gañadores da categoría absoluta; Iria Souto, a atleta máis nova, con só 18 meses; e José Pampín, o máis veterano, con 72 anos. Na proba de canicross, que abreu a xornada, os gañadores foron Óscar Piñeiro e Mónica Touriño.

A categoría absoluta foi a máis numerosa, ao contar con máis de 340 participantes, e moi concorrida estivo tamén a categoría de Pitufos, nenas e nenos menores de 6 anos que percorreron unha distancia de 300 metros, espertando a admiración e moitos aplausos entre o público asistente.

O canicross foi a proba que abreu a xornada. Quince atletas, acompañados dos seus cans, fixeron un percorrido algo superior aos 3.000 metros, proclamándose vencedores Óscar Piñeiro e Mónica Touriño.

Na categoría absoluta, os tres primeiros postos en categoría masculina foron para Iván Roade, Amadeo Abal e Anxo Castro. En mulleres impúxose Edymar Daniely, seguida de Esther Rodríguez e Carla Castaño. Gustavo Platas, José Canda e Cristian Muiño foron os tres primeiros na categoría Master 1 masculina.

A pesar da choiva houbo un gran ambiente durante toda a mañá nas inmediacións do CPI Camiño de Santiago de Arca, onde se celebraron as probas, nun circuito habilitado que percorría parte do Camiño de Santiago, no que os corredores compartiron algúns metros cos peregrinos.

Na entrega de premios, celebrada nunha abarrotada casa da cultura, houbo trofeos para os tres primeiros de cada categoría, así como para os atletas locais e os primeiros clubes federados.

Clasificacións por categorías

Absoluta masculina: Ivan Roade Lago, Amadeo Abal Chaves e Anxo Castro Varela

Absoluta feminina: Sonia Ayude González, María Serramito Blanco e Laura Santín Santín

Junior sub-20 masculina: Arturo Ramos Rey, Jacobo Dopazo Ferreiro e Jacobo Eirís del Río

Junior sub-20 feminina: Patricie Viadel Turjanicová, Corinne Alsina Forján e Lucía Ordás López

Promesa sub-23 masculina: Borja Castro Hermida, Anxo Lema Saavedra e Daniel Antelo Neira

Promesa sub-23 feminina: Edymar Daniely Brea Abreu, Carla Castaño García e Sara Costa Faya

Master 1 masculino: Gustavo Platas Vidal, José Canda louzao e Luis Iglesias Raña

Master 1 feminino: Esther Rodríguez Díez, Marinela Mayo Caamaño e María del Carmen Rivas Iglesias

Master 2 masculino: ManuelOliver Pérez López, José Antonio Gómez Ríos e Javier Campos Suárez

Master 2 feminina: Natalia Lorenzo Pérez, Elena Miguens Otero e Silvia Mariño Rey

Master 3 masculina: Samuel Veiga IGlesias, Angel José Rodríguez López e Carlos Busto Lobato

Master 3 feminina: Esther Pedrosa, Mirian Ripoll Pernas e Celina Rodríguez Sobrino

Master 4 masculina: Xosé Luis Otero Cepeda, Manuel Calvo Gerardi e JesúsVázquez Rodríguez

Master 4 feminina: Elvira Tresguerras González

Xuvenil sub-18 masculino: Diego Alonso Campo, Iván Abeledo Varela e Daniel Castro Gómez

Xuvenil sub-18 feminino: Alejandra DomínguezMartis e Sabela Rey Miguens

Cadete sub-16 masculino: Pablo Rey Ansemil, Pablo Porteiro Canay e Alejandro Ventosa Bello

Infantil sub-14 masculino: Daniel Loureiro Mosquera, Fernando Franco García e Raúl Touceda Monteagudo

Infantil sub-14 feminino: Carla Magariños Lodeiro, Candela Pereira Seijo e Carolina Abuín Rodríguez

Alevín sub-12 masculino: Simón Fernández Ponte, Andrés Ramos Piñeiro e Alejandro Mira Veiras

Alevín sub-12 feminino: Nerea Martínez naveiro, Natalia Argibay Domínguez e Sara Noya Vidal

Benxamín sub-10 masculino: Juan Loureiro Mosquera, Alvarecho González Sánchez e Iván Fernández Mella

Benxamín sub-10 feminino: Sabela Raposo Fernández, Sira Ayaso parada e Carmen Salvado Diéguez

Fotos da carreira no Facebook do Concello.

Contacontos e xogo de misterio na biblioteca para celebrar o Dia do Libro



O Concello de O Pino celebra o vindeiro sábado o Día do Libro con diferentes actividades na biblioteca municipal que teñen por finalidade promover a lectura entre a veciñanza e a dinamización cultural, ademais de dar a coñecer a propia bliblioteca entre os nenos e nenas a partir de 3 anos.

Así, o sábado, 28 de abril, a partir das 17.00 horas desenvolverase un xogo de misterio, no que os participantes buscarán e deberán atopar as pistas que lles axuden á resolución dun misterio acaecido na biblioteca.

As seis da tarde dará comezo unha sesión de contacontos con Celtia Figueira e un obradoiro de marcapáxinas coa técnica papel de auga; e algunha que outra sorpresa máis.

Os interesados en participar nestas actividades deberán cubrir a ficha de inscrición que se pode descargar ao pé desta nova e entregala na biblioteca ou no Centro Sociocultural Luis Seoane. Tamén o poderán remitir por correo electrónico ao enderezo Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (20180424_DiaDoLibro_solicitude_actividade.pdf)20180424_DiaDoLibro_solicitude_actividade.pdf 54 Kb

A XV Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino celébrase o 29 de abril



O Concello de O Pino organiza o vindeiro domingo 29 de abril a décimo quinta edición da súa Carreira Pedestre Popular, na que poderán participar todas as persoas afeccionadas ao atletismo dende bebés ata veteranos. Haberá tamén una proba de canicross (7 inscritos xa), na que os cans acompañarán aos participantes. Cando faltan dez días, xa se inscribiron máis de 156 atletas nesta proba, que forma parte do VI Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, e que se celebrará nun circuíto urbano habilitado en Arca, nas inmediacións do colexio público Camiño de Santiago.

A Delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo encargarase do control técnico da proba. A primeira categoría en competir será a de canicross popular, ás 10.00 horas, sobre un percorrido de 3.100 metros. Despois, ás 10.45 horas, tomarán a saída as categorías júnior, promesa, absoluta e máster; seguidos dos cadetes masculinos e xuvenís (11.35). Entre as 12.00 e as 12.30 sairán o resto de categorías (infantil, benxamín, prebenxamín e os pitufos, os menores de seis anos, que desde as 12.30 horas percorrerán unha distancia de 300 metros.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría (agás na categoría biberón), e para as tres primeiras mulleres e homes da carreira absoluta, así como para o participante máis novo e máis veterano. Haberá tamén premios en metálicos para os participantes nas carreiras júnior, promesa, sénior e máster, así como premios por clubes (sempre que estean federados).

Os interesados en participar na XV Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino deberán inscribirse antes das 23.59 horas do xoves 26 de abril na web de Emesports.

Enlaces de interese:

Inscrición na proba

Regulamento

Regulamento Canicross

O Concello de O Pino organiza o programa 'Vai de auga’ todos os mércores de maio



O Concello de O Pino convoca un ano máis o programa Vai de auga para facilitar aos veciños e veciñas do municipio maiores de idade poder coñecer de primeira man os beneficios da balneoterapia e recibir sesións no balneario de Cuntis. Este programa, promovido dende a Concellaría de Educación e Cultura, desenvolverase todos os mércores do mes de maio, con saída en autobús dende a praza do Concello ata o balneario de Cuntis, onde os participantes recibirán sesións. Os interesados en participar deberán inscribirse na biblioteca municipal ou na casa de cultura antes do 28 de abril, estar empadroados no Concello do Pino e realizar unha achega de 70 euros. Se precisan máis información poden chamar ao teléfono 981 511 065 o a través do correo electrónico Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla Durante o pasado ano, máis de trinta veciñas e veciños do Pino participaron neste programa.

Marián Cobela explica nunha charla como educar con disciplina positiva


Pais e nais de O Pino asisten esta mañá no centro sociocultural Luis Seoane á charla informativa “Educa con disciplina positiva” na que a especialista Marián Cobela está dando consellos de cómo conectar mellor cos fillos e fillas en idades escolar. El Correo Gallego fíxose eco desta iniciativa da Concellaría de Cultura do Concello do Pino e publicacou unha información na que María Cobelas explica os obxectivos e cómo aplicar esta metodoloxía. Podes leer a información neste enlace: https://bit.ly/2JKj41b ou no arquivo adxunto
Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (20180414_ECG_charlas_positivas.pdf)20180414_ECG_charlas_positivas.pdf 132 Kb

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS CULTURAIS REALIZADAS POR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

A Deputación da Coruña concede subvencións para a realización de actividades e investimentos culturais ás entidades sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña

Beneficiarios:

  • Entidades de natureza cultural
  • Entidades de natureza vecinal
  • Entidades de natureza socioeducativa
  • Entidades de natureza social/asistencial
  • Corais, bandas de música populares en entidades de música e baile tradicional galego

Tramitación solicitude: As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma electrónica da Deputación (SUBteL)

Para poder tramitar a solicitude a entidade deberá dispoñer dun único enderezo electrónico de contacto durante toda a tramitación do expediente, así como de certificado dixital ou DNI electrónico quen ocupe a presidencia e secretaría da entidade. Para rexistrarse na sede electrónica da Deputación entrar no enlace: https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/acceso/login

Prazo de solicitude: Dende o 4 de abril ata as 14:00 horas do 27 de abril de 2018.

Contía subvención: Para as seguintes entidades a subvención será de ata o 80% do orzamento de gastos subvencionable, oscilando entre un mínimo de 1.000 € e un máximo que varía en función da modalidade:

Entidades culturais: 30.000 €

Entidades veciñais: 10.000 €

Entidades socioeducativas: 10.000 €

Entidades sociais/asistenciais: 20.000 €

Para corais, bandas de música populares en entidades de música e baile tradicional galego, a subvención será de:

  • Actividades: Axudas de entre 1.000 € e 30.000 €
  • Investimentos: Axudas de entre 1.000 € e 15.000 €


En arquivos adxuntos, poderá obter información sobre as bases reguladoras xerais e específicas das convocatorias:



CHARLA INFORMATIVA AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

O vindeiro xoves 5 de abril, no Centro Sociocultural Luis Seoane de Arca ás 11:30 horas, realizarase unha charla informativa, impartida por técnicos da Xunta de Galicia, na que explicarán as axudas vixentes para a rehabilitación de vivendas. Esta charla está dirixida ás persoas interesadas pertencentes aos concellos de Arzúa, Boimorto, Touro e O Pino.

alt


SUBVENCIÓNS INSTALACIÓN DE ASCENSORES

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda convoca subvencións para a instalación de ascensores , de elevadorres, de salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencias colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares.

Beneficiarios: Comunidades de persoas propietarias, as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas, as persoas físicas propietarias dun dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e as persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar.

Contía:

Edificacións e vivendas sitas en ámbitos históricos e dos Camiños de Santiago:

  • Vivendas unifamiliares e dúplex: 60% do gasto subvencionables ata un máximo de 4.500 euros.
  • Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas igual ou inferior a 8: 60% do gasto subvencionable, se que poida exceder os 35.000 euros.
  • Edificios de tipoloxía residencial colectira cun número de vivendas superior a 8: 60% do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 28.000 euros.

Edificacións e vivendas que non estean situadas en ámbitos históricos e dos Camiños de Santiago:

  • Vivendas unifamiliares e dúplex: 60% do gasto subvencionable ata un máximo de 2.500 euros.
  • Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas igual ou inferior a 8: 60% do gasto subvencionable, se que poida exceder os 25.000 euros.
  • Edificios de tipoloxía residencial colectira cun número de vivendas superior a 8: 60% do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 18.000 euros.

En todo caso, si a instalación é dun salvaescaleira de cadeira a contía será dun 60% do gasto subvencionable, ata un máximo de 1.000 euros e si se trata da instalación de salvaescaleiras de plataforma, ata un máximo de 2.000 euros.

Prazo de solicitude: Ata o 30 de maio de 2018 ou, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito. As solicitudes realizaranse electrónicamente, agás as persoas físicas que as poderán presentar en formato papel.


Máis información en arquivo adxunto


Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este adjunto (Convocatoria ascensores.pdf)Convocatoria ascensores.pdf 949 Kb
Estás en Noticias

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information