A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de O Pino, é un servizo municipal de promoción do desenvolvemento económico, creación de emprego e formación, que ten como finalidade a procura da mellora da condición de vida dos habitantes deste concello a través da reducción do desemprego e a creación de postos de traballos estables, ben mediante a dinamización do tecido empresarial existente, como a creación de novas empresas aproveitando os recursos endóxenos do territorio. Ofrece ós seus usuarios todo tipo de información sobre subvencións, formación e emprego.
Os obxectivos xerais deste departamento son os seguintes:
- Deseño de actuacións que contribuan ó desenvolvemento do territorio, en base ó estudio da evolución e necesidades do mercado laboral.
- Difusión das Políticas Activas de Emprego da Xunta de Galicia.
- Información sobre os recursos existentes para favorecer o desenvolvemento local no eido municipal.
- Asesoramento a emprendedores sobre os trámites necesarios para a constitución e posta en marcha dun proxecto empresarial.
- Acompañamento no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos.
- Servizo de atención a empresas coa finalidade de lograr unha maior dinamización do sector: información sobre axudas e subvencións para contratación, etc.
- Actualización continuada da base de datos de empresas e comercios do municipio.
- Fomento da utilización de novas tecnoloxías.
- Promoción do desenvolvemento de actividades formativas atendendo ás demandas de empresas e desempregados.
BENEFICIARIOS
Os servizos que ofrece a Axencia de Emprego e Desenvolveento Local van dirixidos a: desempregados, persoas en activo, empresas, asociacións e poboación en xeral.
FUNCIÓNS:
Asesoramento a emprendedores
Consistente en informar e asesorar a persoas con proxectos empresariais, promovendo a creación de empresas, indicándolles as posibles axudas e subvencións das que se poden beneficiar.
Proxectos de formación e creación de emprego
A creación de postos de traballo a nivel local é fundamental nunha poboación na que o paro, principalmente entre os colectivos mais desfavorecidos, mozos, mulleres e parados de longa duración, é importante. Por ese motivo, dende o Concello, deseñanse unha serie de plans de creación de emprego, e realízanse as xestións necesarias para obter financiamento público para os mesmos. Entre estes proxectos destacan os seguintes:
Programas de Cooperación. Forman parte das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia, en colaboración coas entidades locais. Con estes programas lévase a cabo a contratación de traballadores desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. As persoas contratadas adquiren unha experiencia profesional para mellorar a súa empregabilidade e poder acceder con posterioridade a un posto de traballo estable por conta propia ou allea.
Obradoiros de Emprego. Encadrados dentro das políticas activas de emprego, son programas mixtos que combinan accións de formación e emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas maiores de 25 ou máis anos de idade, coa finalidade de facilitar a súa posterior integración no mercado de traballo.
Cursos formativos. Planificación de cursos de formación dirixidos a desempregados, traballadores en activo, tanto por conta propia como por conta allea, empresas e poboación en xeral.
Seguimento de axudas e subvencións
Dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, faise un seguimento diario de boletíns oficiais para a detección de axudas e subvencións de diversos proxectos de formación e creación de emprego susceptibles de financiamento deste tipo de medidas.
HORARIO ATENCIÓN Ó PÚBLICO
De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas
TELÉFONO
981 51 10 02