AXUDAS PARA REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS E RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PARA A “REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS”  e “RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA”

BENEFICIARIOS: Os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva. En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ninguna actividade empresarial ou profesional.

ACTUACIÓNS E GASTOS SUBVENCIONABLES:

- REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS: Os tipos de fachadas ou envolventes térmicas subvencionables son fachadas pegadas de granito, fachadas trasventiladas de granito e fachadas de perpiaño. Só serán subvencionables as actuacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 14 de novembro de 2014 e efectivamente pagados.


Gastos subvencionables: custo de informe técnico previo de avaliación da situación actual da fachada e da solución construtiva proposta realizado polo Centro Tecnolóxico do Granito, custos dos informes técnicos acreditativos da calidade e bo uso do granito utilizado, da execución da obra e da obra final executada realizados polo Centro Tecnolóxico do Granito, custos de memorias básicas ou proxectos de arquitectura, custos de licencias, desmontaxe do material da fachada ou envolvente existente, granito, morteiros e adhesivos, ancoraxes e sistemas de ancoraxe e material illante, man de obra civil e instalación auxiliares necesarias para a montaxe da nova envolvente de granito.

CONTÍA: 110 € por m2 no caso da fachadas pegadas de granito, 140 € no caso de fachadas trasventiladas de granito e 130 € no caso de fachadas de perpiaño de granito. En todo caso, a contía da subvención será do 30% dos custos totais subvencionables cun máximo de 12.000 € por vivenda unifamiliar illada e 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.

- RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA: A actuación subvencionable será a renovación de cubertas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva, así como nas súas edificacións anexas, por una cuberta de tella cerámica. Só serán subvencionables os gastos realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao 14 de novembro de 2014.

Gastos subvencionables: custos de materiais das novas cubertas de tella cerámica, desmontaxe das novas cubertas existentes, montaxe das novas cubertas de tella cerámica, licenzas e custos dos proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións a subvencionar.

CONTÍA: Máximo de 55 € por m2 de cuberta, cun tope máximo do 30% dos custos totais subvencionables.

PRAZO: Ata que se esgote o crédito, en todo caso finalizará o 31 de xullo de 2014.

Para máis información na páxina web da consellería: http://http://economiaeindustria.xunta.es/axudas-da-conselleria ou nos teléfonos: 981 95 70 92 ou 981 95 72 59.

NORMATIVA: DOG nº 121 do venres 27 de xuño de 2014

Estás en Avisos Axudas AXUDAS PARA REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS E RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information