APERTURA PRAZO SOLICITUDE PAGAMENTO ÚNICO FILLOS/AS MENORES 3 ANOS

 

ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR PRESTACIÓN ECONÓMICA PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS/OS A CARGO ,MENORES DE TRES ANOS PARA ANO 2015

BENEFICIARIOS

  • Persoas que teñan ao seu cargo fillas/os menores de tres anos a data de 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre o 2-1-2012 e o 1-1-2015, incluídos) e que durante o ano 2013 nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo imposto do I.R.P.F correspondente ao periodo, nin a presentarse de xeito voluntario ainda sen estaren obridadas a iso.

  • No caso de fillas ou fillos adoptadas/os ou acollidas/os entre 31/12/2013 e o 31/12/2014,a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrtiva que a declare.

TIPO DE AXUDA E CUANTÍA

· Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €

· Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200€

·Caso sexa a terceira o terceiro e sucesivos: 2.400 €

SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

  • As solicitudes e documentación estarán disponibles na guía de procedementos e servizos que está no enderezo htpp://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos. Así mesmo, poderán solicitar a información e obter a solicitude dirixíndose aos Servicios Sociais do Concello antes do remate do prazo.

LUGAR E PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo  para presentación de solicitudes remata o 14 de marzo de 2015

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica, a través de sede electrónica de Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a presentación das solicitudes será necesario  o D.N.I electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

  • Opcionalmente, tamén poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera  dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da LRX-PAC.

  • A documentación complementaria poderase presentar electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada  do documento orixinal, tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares ou rexistros establecidos no artigo 38.4 de lei LRX-PAC

 O Pino, a 2 de febreiro de 2015

Estás en Avisos Axudas APERTURA PRAZO SOLICITUDE PAGAMENTO ÚNICO FILLOS/AS MENORES 3 ANOS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information