

Trátase dun edificio moderno, de tres alturas e cuberta mixta. O principal motivo da aparencia da fachada principal é a potente liña de balcón que aparece na segunda planta. Predomina o movemento volumétrico que artella as diferentes pezas. A porta principal, situada nun dos laterais, conta cun soportal que se forma ó retranquear a liña de fachada na planta baixa uns tres metros. O voado da cuberta sobre o balcón principal, que leva tras de si toda a liña de cornixa, contribúe a destacalo de maneira decisiva.
Na planta baixa está situado o Departamento de Servizos Sociais, ademáis do Xulgado de Paz. Na primeira planta sitúanse o resto de servizos: atención ó público, contabilidade, urbanismo, deportes, desenvolvemento local, turismo, secretaría e alcaldía. Na planta superior atópase o salón de plenos e a aula de informática municipal, ademáis dunha aula de formación.
HISTORIA DA CASA CONSISTORIAL
O rexistro que asinou a mediados do século XIX, Pascual Madoz, situábanos o edificio municipal, sen espazo físico propio, na freguesía de San Vicenzo do Pino. Posteriormente trasladouse ó actual albergue de Santa Irene, e posteriormente a un edificio ubicado en Arca. Este último, trátase dun inmoble situado fronte ó actual albergue de Arca, hoxe en día edificio de correos, e construído nos seus inicios por Luis Santiago Seoane e María López, pais do coñecido e polifacético galeguista Luis Seoane.
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO
De luns a venres: de 8:30 a 14:30
Sábados: de 9:00 a 13:00
SITUACIÓN CASA DO CONCELLO
Ver O Pino - Casa do Concello en un mapa máis grande