XVIII XUNTANZA DOS NOSOS MAIORES

O día 12 de xullo celebrouse a XVIII edición da Festa dos Nosos Maiores no entorno da Carballeira da Magdalena, a que asistiron preto de 1.000 persoas.

Ese día homenaxeáronse ás catro persoas de maior idade entre os veciños e veciñas de O Pino, exceptuando as que xa foron homenaxeadas en pasadas edicións.

Os recoñecementos neste 2014 foron para:

-      José Vaamonde García, da parroquia de San Breixo de Ferreiros, que naceu en 1920.

-      Manuel López Maroño, do lugar de Pena, parroquia de Pastor, nado en 1920.

-      Carmen Vigo Gacio, tamén do lugar de Pena, parroquia de Pastor, tamén do 1920.

-      Josefa Barreiro Botana, a centenaria de San Mamede de Ferreiros que o pasado 18 de xuño cumpreu 100 anos.

O progama de actos comezou ás 12:00 co tradicional concerto da Banda de Arca, que deu paso ás 13:00 horas á misa de campaña.

Ao longo da tarde houbo diversos xogos de mesa e baile a cargo do dúo Eva e Camilo.


Estás en Novas Cultura e Educación XVIII XUNTANZA DOS NOSOS MAIORES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information