Área Santiago amosará a súa riqueza gastronómica no Festival da Cociña Galega



Santiago de Compostela, 08 de setembro de 2014




Área Santiago amosará a súa riqueza

gastronómica no Festival da Cociña Galega 


  • Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, acollerá catro “showcookings” con produtos e cociñeiros dos Concellos de Área Santiago e colaborará cos talleres gastronómicos para nenos aportando produtos ecolóxicos locais

O Mercado de Abastos de Santiago acolleu a presentación das actividades de Área Santiago en Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que se desenvolverá na capital de Galicia entre o 19 e o 28 de setembro. Á presentación asistiron os Alcaldes de O Pino, Manuel Taboada, Vedra, Carlos Martínez, e Touro, Ignacio Codesido, os concelleiros de Melide, Santos López, Rois, Manuel dos Santos, e Santiago, Reyes Leis. Tamén participaron os cociñeiros Kike Piñeiro, coordinador gastronómico do evento, e Manuel Garea, de Melide, e Elena Vázquez, de Touro.

Área Santiago, grupo para a promoción turística de 16 concellos da zona de influencia de Santiago, ten na súa ampla oferta gastronómica un dos seus principais actractivos turísticos. O obxectivo con esta acción é amosar algúns dos elementos máis destacados desta oferta empregando a Compostela Gastronómica como escaparate.

A presenza de Área Santiago en Compostela Gastronómica concrétase en catro “showcookings” ou demostracións de cociña en directo, na que cociñeiros dos distintos concellos elaborarán pratos con algúns dos produtos máis destacados dos concellos correspondentes. Os “showcookings” rematarán cunha pequena degustación para os asistentes. Tamén haberá puntos onde os produtores locais poderán promocionar os seus produtos.

Área Santiago tamén colabora no talleres para nenos, para o que facilitará produtos de calidade dos concellos do Grupo, en especial produtos ecolóxicos e pan, fomentando así entre os pequenos os hábitos alimentarios saudables en base a produtos locais.

Os “showcookings” de Área Santiago comezarán o sábado 20 cunha demostración de produtos de Melide, Arzúa e Vedra, na que participarán os cociñeiros Manuel Garea e Pilar Rodríguez. Os produtos destacados serán o Polbo e os Doces tradicionais, por parte de Melide, o Queixo DOP Arzúa-Ulloa e o Porco, por parte de Arzúa, e os Viños da DOP Rías Baixas da Adega Pazo de Galegos, por parte de Vedra.

Os protagonistas do segundo “showcooking, o día 24 de setembro, serán os concellos de Padrón, Oroso e Touro, e contará coa participación de Alejandro Rivera, Carlos Mosquera e Elena Vázquez. Os produtos serán o Pemento de Herbón, por parte de Padrón, a Empanada de troita e Pan, por parte de Oroso, e o Queixo DOP Arzúa-Ulloa e filloas, por parte de Touro.

Vila de Cruces e Rois serán os protagonistas do terceiro “showcooking”, o día 25, cos participación das cociñeiras Belén Castro e Ana María Tomé. O produto destacado por parte de Vila de Cruces, que tamén ten grande protagonismo en O Pino, será o Galo de Curral e por parte de Rois será o Porco Celta. Ademais, degustaranse viños da DOP Rías Baixas da Adega CastroBrey do Concello de Vila de Cruces.

O programa de “showcookings” de Área Santiago clausúrase o día 27 cos concellos de Silleda e A Estrada e a participación dos cociñeiros Julio José Mato e Jaume García. O concello de Silleda destacará a súa empanada e o da Estrada amosará a calidade do seu salmón,  acompañado de Sidra Ecolóxica de Lagar de Ribela, do Concello da Estrada. 

O programa completo de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, pode consultarse en compostelagastronomica.es. As inscricións ás actividades poden facerse na propia web ou no punto de información habilitado no propio Mercado de Abastos de Santiago.


Estás en Novas Cultura e Educación Área Santiago amosará a súa riqueza gastronómica no Festival da Cociña Galega

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information