Cultura e Educación

AULA ABERTA

Venres de 17:30h a 19:00h na Casa da Cultura.

Obradoiro, xogos, pelis, contacontos, etc


INFORMACIÓN
981 51 10 65
981 51 04 49

COMEZO O 14 DE NOVEMBRO

Previa inscrición

IV XORNADAS MICOLÓXICAS: 8 de novembro

O próximo 8 de novembro celebramos as IV XORNADAS MICOLÓXICAS.

Prezo: 3€ (GRATIS para os menores de 6 anos)
Saída ás 10:00h dende a Casa da Cultura

Incricións ata o 5 de novembro

Remate cunha degustación.


Máis información nos seguintes teléfonos:
Tlf: 981 51 10 65
Tlf. 981 51 10 02
Concellaría de Educación e Cultura
 


CURSO DE INGLÉS BÁSICO

DATAS:

DE NOVEMBRO A MARZO (COMEZARASE CANDO SE FORME GRUPO)


HORARIO:
LUNS DE 17:00 A 18:30


LUGAR:
CASA DA CULTURA

PREZO: 10€/ MES


INSCRICIÓNS:

981 51 10 02 

981 51 10 65 

981 51 04 49


Café en Idiomas- Practica conversación en inglés e alemán

CAFÉ INGLÉS

  Se queres prácticar conversación en inglés de maneira divertida apúntate no "café inglés" que estará impartido polas dúas voluntarias europeas Zoe Tromberend e Michela Iuliano. 


HORARIOS:

  CAFÉ INGLÉS B1: martes de 19:30 a 20:30 (impartido por Michela na cafetería da Casa da Cultura) 

  CAFÉ INGLÉS B2: martes de 19:30 a 20:30 (impartido Zoe nunha aula na Casa da Cultura)


Para asistir é imprescindible anotarse no: 

Concello (981 51 10 02)

Casa da Cultura (981 51 10 65)

Biblioteca.(981 51 04 49)

Prezo: Gratuíto 



CAFÉ ALEMÁN

Se queres practicar conversación en alemán podes facelo da man de Michela Iuliano e Zoe Tromberend. 


HORARIO

Luns de  18.30 a 20:00 (na Biblioteca)


Para asistir é imprescindible anotarse no: Concello (981 51 10 02)

Casa da Cultura (981 51 10 65)

Biblioteca.(981 51 04 49)

Prezo: Gratuíto

 

Camiña e descubre: I Ruta Concello de O Pino

Como novidade este ano queremos sumarnos aos centos de peregrinos que percorren o noso concello facendo o Camiño Francés. Por iso como cada día somos máis as persoas que nos animamos a saír andar, a facer sendeirismo, ou calquera outra ruta, porque non xuntarnos e facer o camino?

Sería todos os 3º sábados de mes. Empezaríamos o sábado día 25 de outubro dende Pedrafita do Cebreiro. Serán tramos entre 20 e 24 kilómetros.

O prezo será de 8€/día por persoa.

Teremos sempre un coche de apoio por se fixera falta recoller a alguén.

Anímate e Camiñemos xuntos...

(Terá que haber un grupo mínimo) 

MÁIS INFORMACIÓN:

Concellería de Educación e Cultura

Tlf. 981 511 065

Correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  


Inglés Lúdico

Comezo Martes 7 de outubro

Cursos de idiomas

CURSOS DE IDIOMAS EN O PINO 

PREINSCRICIÓN ATA O 1 DE OUTUBRO

FORMULARIOS DE PREINSCRICIÓN



HORARIOS DOS CURSOS

CURSO DE ALEMÁN

ALEMÁN A1: LUNS DE 18:00 A 20:00

ALEMÁN A2: LUNS DE 20.00 A 22:00


CURSO DE INGLÉS

INGLÉS B1

MARTES DE 20:30 A 21:30

    VENRES DE 19:30 A 20:30


INGLÉS B2:

    MARTES DE 21:30 A 22:30

VENRES DE 20:30 A 21:30





Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (FICHA PREINSCRIPCIÓN_ADULTOS_ingles.pdf)FICHA PREINSCRIPCIÓN_ADULTOS_ingles.pdf 302 Kb
Descargar este adjunto (Ficha_inscricion_ALEMAN.pdf)Ficha_inscricion_ALEMAN.pdf 56 Kb

Arrancamos cos cursos 2014/15

Arrancamos cos cursos 2014/15
Prazo de inscrición ata o 26 de setembro.
En breve poñeremos máis novidades, esperando que sexan do voso agrado.


Área Santiago amosará a súa riqueza gastronómica no Festival da Cociña Galega



Santiago de Compostela, 08 de setembro de 2014




Área Santiago amosará a súa riqueza

gastronómica no Festival da Cociña Galega 


  • Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, acollerá catro “showcookings” con produtos e cociñeiros dos Concellos de Área Santiago e colaborará cos talleres gastronómicos para nenos aportando produtos ecolóxicos locais

O Mercado de Abastos de Santiago acolleu a presentación das actividades de Área Santiago en Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que se desenvolverá na capital de Galicia entre o 19 e o 28 de setembro. Á presentación asistiron os Alcaldes de O Pino, Manuel Taboada, Vedra, Carlos Martínez, e Touro, Ignacio Codesido, os concelleiros de Melide, Santos López, Rois, Manuel dos Santos, e Santiago, Reyes Leis. Tamén participaron os cociñeiros Kike Piñeiro, coordinador gastronómico do evento, e Manuel Garea, de Melide, e Elena Vázquez, de Touro.

Área Santiago, grupo para a promoción turística de 16 concellos da zona de influencia de Santiago, ten na súa ampla oferta gastronómica un dos seus principais actractivos turísticos. O obxectivo con esta acción é amosar algúns dos elementos máis destacados desta oferta empregando a Compostela Gastronómica como escaparate.

A presenza de Área Santiago en Compostela Gastronómica concrétase en catro “showcookings” ou demostracións de cociña en directo, na que cociñeiros dos distintos concellos elaborarán pratos con algúns dos produtos máis destacados dos concellos correspondentes. Os “showcookings” rematarán cunha pequena degustación para os asistentes. Tamén haberá puntos onde os produtores locais poderán promocionar os seus produtos.

Área Santiago tamén colabora no talleres para nenos, para o que facilitará produtos de calidade dos concellos do Grupo, en especial produtos ecolóxicos e pan, fomentando así entre os pequenos os hábitos alimentarios saudables en base a produtos locais.

Os “showcookings” de Área Santiago comezarán o sábado 20 cunha demostración de produtos de Melide, Arzúa e Vedra, na que participarán os cociñeiros Manuel Garea e Pilar Rodríguez. Os produtos destacados serán o Polbo e os Doces tradicionais, por parte de Melide, o Queixo DOP Arzúa-Ulloa e o Porco, por parte de Arzúa, e os Viños da DOP Rías Baixas da Adega Pazo de Galegos, por parte de Vedra.

Os protagonistas do segundo “showcooking, o día 24 de setembro, serán os concellos de Padrón, Oroso e Touro, e contará coa participación de Alejandro Rivera, Carlos Mosquera e Elena Vázquez. Os produtos serán o Pemento de Herbón, por parte de Padrón, a Empanada de troita e Pan, por parte de Oroso, e o Queixo DOP Arzúa-Ulloa e filloas, por parte de Touro.

Vila de Cruces e Rois serán os protagonistas do terceiro “showcooking”, o día 25, cos participación das cociñeiras Belén Castro e Ana María Tomé. O produto destacado por parte de Vila de Cruces, que tamén ten grande protagonismo en O Pino, será o Galo de Curral e por parte de Rois será o Porco Celta. Ademais, degustaranse viños da DOP Rías Baixas da Adega CastroBrey do Concello de Vila de Cruces.

O programa de “showcookings” de Área Santiago clausúrase o día 27 cos concellos de Silleda e A Estrada e a participación dos cociñeiros Julio José Mato e Jaume García. O concello de Silleda destacará a súa empanada e o da Estrada amosará a calidade do seu salmón,  acompañado de Sidra Ecolóxica de Lagar de Ribela, do Concello da Estrada. 

O programa completo de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, pode consultarse en compostelagastronomica.es. As inscricións ás actividades poden facerse na propia web ou no punto de información habilitado no propio Mercado de Abastos de Santiago.


Actuación de Panamesiana Teatro




O Mércores día 13 de agosto ás 20 horas

 A compañía Panamesiana teatro representará na Praza do Concello Oh, que bonito é Panamá! Esta é una das actuacións que temos en colaboración con AGADIC. Esperemos que o tempo nos acompañe!!



A actuación será o venres 8 ás 19:00h.

Non o perdas!!


Estás en Novas Cultura e Educación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information