II RUTA BTT CONCELLO DE O PINO

alt

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

Regulamento

 

  1. O Concello de O Pino organiza o domingo 16 de xuño o 2º BTT CONCELLO DE O PINO, unha marcha cicloturista cuia saída terá lugar ás 10:00 horas diante do Centro Escolar CPI Camiño de Santiago ubicado na localidade de Arca-Pedrouzo (a 3 km do aeroporto de Santiago N-547). O percorrido e o track da marcha será publicado con antelación á mesma na web www.concellodeopino.com e na web www.championchipnorte.com.

 

  1. A entrega de dorsais realizarase no Centro Sociocultural Luis Seoane a partir das 09:00 horas do domingo 16 de xuño. A saída da proba darase ás 10:00 horas na rúa do Concello fronte o centro escolar CPI Camiño de Santiago.

 

  1. Nesta proba non federada e non competitiva poderán participar todos aqueles deportistas con 18 anos cumpridos ou menores de 16 e 17 anos con autorización paterna/materna que acepten e cumpran as condicións reglamentarias da competición e que se inscriban no xeito e prazo precisos.
  2. As inscricións online poderán realizalas a través da web www.championchipnorte.com no apartado de EVENTOS. Para elo os participantes que non sexan usuarios deberán rexistrarse na páxina (proceso indicado na mesma).  Presenciamente poderán realizar as súas inscricións no Concello de O Pino sito na localidade de Arca-Pedrouzo, e nos establecementos Motos Carballeiro (Basquiños Nº 50,Santiago), Bicicletas Oliveira (Sánchez Freire Nº 83, Santiago), Cafe Bar Caminante (San Lázaro, Santiago) e O'Rey Bicis (Entrerríos Nº 8, Bertamiráns).         O prezo de inscrición será de 5 € que deberán ingresarse na conta de NOVA GALICIA BANCO 2080 0337 11 3110000078 (titular: Concello de O Pino) poñendo no CONCEPTO o nome e apelidos do atleta participante na proba. Ningún atleta poderá participar na marcha se non realiza o ingreso da cota de inscrición no número de conta indicado. O prazo de inscrición rematará o mércores 12 de xuño ás 22 horas. NON SE ADMITIRAN BAIXO NINGUN CONCEPTO INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. Calqueira dúbida ou problema relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse os teléfonos 982 816 884 e 981 511 002.
  1. Os ciclistas percibirán un dorsal que se colocará no manillar da bicicleta e un chip de control que se colocará nunha tobillera e que terán que devolver unha vez conclúa a proba. Todo ciclista que entre na meta sen algún destes elementos será automáticamente descalificado.
  1. A participación na proba incluirá avituallamento líquido e sólido, tanto no punto intermedio do circuito, como na zona de meta, servizo de lavado de bicicletas na zona próxima a SAIDA, seguro de RC e de accidentes deportivos, servizo de duchas e vestiarios no polideportivo municipal e no campo de fútbol de Reboredo e agasallo cortesía da organización.
  1. O emprego de casco será obrigatorio; non levar este elemento de protección suporá a descalificación e retirada inmediata do circuito.
  1. Todos os participantes deberán respetar o entorno polo cal transcorre a marcha, tendo en conta que haberá zonas nas cales poidan atoparse con outros usuarios que non tomen parte da marcha debendo deste xeito, extremar as precaucións.
  1. Haberá servizo de ambulancia e persoal de voluntariado colocado ó longo do percorrido. Un vehículo abrirá en todo momento á marcha.
  1. Compre lembrar que cada participante será responsable do seu propio material e das averías que poida ter ó longo do percorrido. En caso de avería deberá dirixirse o punto de control máis próximo ou á zona cuberta polo persoal voluntariado.
  1. O feito de inscribirse na proba suporá a TOTAL aceptación deste regulamento.

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

LEMBRASE QUE ESTA E UNHA MARCHA CICLOTURISTA NON

UNHA CARREIRA OU COMPETICION, POLO CAL PREGASE

REALIZALO CIRCUITO CON PRECAUCION E SEN ASUMIR

RISCOS INNECESARIOS



Estás en Novas Deportes II RUTA BTT CONCELLO DE O PINO

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information