A MEDIASAN DO CAMIÑO


Os Concellos de O Pino e Santiago de Compostela organizarán o domingo 13 de Abril de 2014 o I Medio Maratón “MediaSan do Camiño” que terá unha distancia aproximada de 21.097,50 metros. A proba dará comenzo ás 10:30 horas. 
 
Circuito 
A saída estará situada na localidade de Arca-O Pedrouzo, derradeiro punto do Camiño de Santiago. 
A meta estará ubicada no Estadio Multiusos de San Lázaro, rematando a proba dentro da súa Pista de Atletismo. 

Control técnico da proba 
 A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta. 
 
Peche de control da carreira: O peche de control da proba realizarase ás 13:00 horas (2 horas e 30 minutos despois da súa saída). Pasado este tempo correspondente, o participante que siga en carreira deberá retirarse do circuito oficial de competición. 
 
Inscricións 
A inscrición estará aberta desde o 27/02/2014 ás 00:00 horas ata o 11/04/2014 ás 14:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido. 
 
Entrega de dorsal/chip e bolsa de corredor 
 A entrega de dorsais/chip e bolsa de corredor realizarase na planta de deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés - Hipercor) nos seguintes días e horarios: 
• Venres 11 de abril de 10:00 a 22:00 horas. 
• Sábado 12 de abril de 10:00 a 22:00 horas. 
De xeito excepcional permitirase a recollida do dorsal/chip e bolsa de corredor o día da proba entre ás 08:30 e as 09:30 horas no Estadio Municipal Multiusos de San Lázaro. 

Categorías 
Junior 1995-1996 
Promesa 1992-1993-1994 
Senior Desde 1991 e anteriores ata veteranos 
Veteranos 1 De 35 a 39 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 2 De 40 a 44 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 3 De 45 a 49 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 4 De 50 a 54 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 5 De 55 a 59 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 6 De 60 a 64 anos cumpridos o día da proba 
Veteranos 7 Máis de 65 
 
Sistema de cronometraxe 
O cronometraxe realizarase mediante sistema de dorsal/chip. Haberá varios puntos de control ó longo do percorrido. Os participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control, serán descualificados. 
 
Avituallamentos: Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido nos puntos kilométricos 5, 10, 15 e na liña de Meta para favorecer a hidratación dos participantes. 
 
Servicios médicos: A proba dispondrá dos servicios médicos regulamentarios así como de ambulancias. 
 
Outros servicios 
 A organización porá a disposición dos participantes avituallamento de meta, gardarroupa na zona de saída que trasladará á zona de meta todo o depositado nel, servicio de duchas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de SAIDA. 
 
OS AUTOBUSES SAIRÁN DESDE O ESTADIO MULTIUSOS DE SAN LÁZARO CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 09.00 HORAS DA MAÑÁ EN DIRECCIÓN A ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAIDA SERÁ AS 10.00 HORAS.
Estás en Novas Deportes A MEDIASAN DO CAMIÑO