PRESENTACION DA MEDIASAN DO CAMIÑO 2015



Hoxe presentouse no Centro Comercial Compostela a MediaSan do Camiño 2015, Medio Maratón que unirá o domingo 12 de abril os Concellos de O Pino (Arca) e Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro). 

En dita presentación estiveron presentes o director de relaciones externas de El Corte Inglés Pati Blanco, o técnico deportivo do Concello de O Pino Iván Sanmartín, a concelleira de deportes de Santiago María José Corral e o Alcalde do Concello de O Pino Manuel Taboada Vigo. Ademais destas autoridades estivo o atleta santiagués do clube USC Javier Fernández Feijoo o cal apadriñou o Medio Maratón MediaSan do Camiño 2015.

Todos os presentes coincidiron en destacar a beleza e a dureza do percorrido, pero destacaron por riba de todo o simbolismo do percorrido da proba e a beleza da saída ubicada na localidade de Arca (O Pino) e da meta ubicada na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. 

MediaSan e das poucas probas que une dous Concellos nunha proba lineal polo camiño de Santiago e esto faina especial para os atletas segundo afirmaron os presentes.

As inscricións permanecerán abertas ata o 6 de abril ás 00:00 horas. Toda a información sobre a proba poderase consultar na web www.mediasandocamino.com e directamente desde esta páxina web www.concellodeopino.com


Estás en Novas Deportes PRESENTACION DA MEDIASAN DO CAMIÑO 2015

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information