Xuventude

Encontro de voluntarios/as ao abeiro do programa Servizo de Voluntariado Europeo (SVE)

 O día 17 de xuño o Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, xunto co Alcalde de O Pino, Manuel Taboada, presidiron un encontro celebrado no Centro Sociocultural de Arca, que reuniu aos 13 voluntarios/as que, ao abeiro do programa Servizo de Voluntariado Europeo (SVE), desenvolven as tarefas de información no Camiño e apoio ó peregrino.

Estes mozos e mozas, que participan nun SVE de grupo, coordinado pola entidade Abertal, presentaron nesta xornada o traballo desenvolvido ata o de agora nos distintos puntos do Camiño, tanto en Galicia coma noutras comunidades.

No Concello de O Pino, cóntase coa voluntaria Linda Dedkova, da República Checa que está a realizar unha gran labor de apoio na oficina de turismo de O Pino e no albergue público. Continuará prestando os seus servizos no noso municipio ata o mes de outubro.

O Alcalde de O Pino, Manuel Taboada, destacou ademais que no próximo mes de setembro, ao abeiro dun novo proxecto do Servizo de Voluntariado Europeo, coordinado polo propio Concello, contarase con outros dous voluntarios procedentes de Alemania, que tamén realizarán labores de información a peregrinos e actividades lúdico-culturais para os vecinos/as de O Pino.

  

TALLER DE IDEAS- INICIATIVA XOVE

TALLER DE IDEAS- INICIATIVA XOVE

Para todos/as os que teñades en mente un proxecto promovido por mozos/as e o queirades poñer en marcha, un dos dinamizadores da Rede Galega de Dinamizadores da DX de Xuventude e Voluntariado explicaravos o sábado 29 de marzo ás 11:00 da mañá, na Casa da Cultura,  como presentar unha iniciativa.
Ademais contaremos coa presenza do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, que se achegará para charlar con vos e explicarvos os distintos programas e oportunidades para a mocidade que se están poñendo en  marcha.

Tratará de poñervos ao día nos diferentes programas que se están a levar a cabo dende a DX, tan interesantes como son as iniciativas xuvenís, os programas de prácticas no estranxeiro, Erasmus +  ou as bolsas de formación en distintos países europeos.


SERVIZO DE VOLUNTARIADO XUVENIL 2014

SERVIZO DE VOLUNTARIADO XUVENIL 2014- CONCELLO DE O PINO

O Servizo de Voluntariado Xuvenil está destinado á mocidade de entre 18 e 30 anos.
Levarase a cabo durante os meses de xullo, agosto e setembro no Concello de O Pino.
O servizo de voluntariado terá unha duracción comprendida entre 15 e 60 días.
As actividades que se levarán a cabo serán as seguintes:
  - Apoio na información turística a peregrinos na Oficina de turismo
  - Apoio na xestión do aloxamento de peregrinos no polideportivo municipal
  - Apoio aos monitores/ras da Escola de verán
  - Apoio e desenvolvemento de actividades na bibliopiscina na piscina municipal
  - Apoio noutras actividades culturais (Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, Festa dos Maiores, etc)
Os/as voluntarios/as reciben unha compensación de 6€/día para cubrir os gastos de transporte e manutención.

Benefícios para as/os voluntarias/os:
As/os voluntarias/os adquirirán experiencia no ámbito xuvenil enfocado principalmente ao Camiño de Santiago e á dinamización turística e cultural, na organización, xestión e dinamización dos programas e actividades que se leven a cabo nestes eidos.
Ao finalizar a súa colaboración a/o voluntaria/o recibirá da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado que acreditará a súa experiencia neste programa.

PARA MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS TENDES QUE CHAMAR AO CONCELLO: 981 51 10 02.

O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NESTE PROGRAMA REMATA O 31 DE MARZO.


VIAXE A ASTURIAS PARA A MOCIDADE EN MAIO

VIAXE A ASTURIAS DO 17 Ó 19 DE MAIO
SE TES MÁIS DE 18 ANOS E QUERES PARTICIPAR NUNHA VIAXE A ASTURIAS, ANÓTATE NO CONCELLO ANTES DO 12 DE ABRIL.

ACTIVIDADES DE AVENTURA PARA A MOCIDADE


AVISO: CAMBIO DE EMPRAZAMENTO PARA A ACTIVIDADE DE PAINTBALL
A actividade, que terá lugar o próximo 20 de abril, realizarase na Carballeira de San Antón (Arca) e non na Carballeira de San Pedro, como estaba previsto.



alt

CURSO DE ALEMÁN PARA OBTER OS CERTIFICADOS OFICIAIS A1E A2

alt

CURSO DE INGLÉS PARA OBTER OS CERTIFICADOS OFICIAIS B1 E B2

alt
Estás en Novas Xuventude

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information