Novas

Carla Gómez, Martina Otero, Agustín Orechia e Rita Duro gañan no Pino o concurso "Falando de mulleres"



O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, inauguraron esta mañá a exposición cos traballos de redacción que enviou o alumnado do CPI Camiño de Santiago para participar no concurso "Falando de Mulleres" que organiza o Concello. Ao mesmo tempo, entregáronlles os premios ás gañadoras e gañador nas catro categorías establecidas.

Carla Gómez Seijas gañou na categoría de Infantil, levando como premio un lote de xoguetes educativos e contos coeducativos. No primeiro ciclo de infantil a gañadora foi Martina Otero García, que recibiu unha tablet; mentres que no segundo ciclo (4º, 5º e 6º de Primaria) gañou Agustín Orechia, quen recolleu unha cámara instantánea de mans do alcalde. A cámara instantánea para a gañadora na categoría de ESO foi para Rita Duro Asorey.

O alumnado tivo que escribirlle unha carta a unha muller que, segundo os criterios dos participantes, consideren relevante. Con todas as cartas recibidas, montouse unha exposición na entrada do centro sociocultural Luis Seoane, de Arca, que se poderá visitar ata o vindeiro venres, día 16 de marzo.

Podes ver o album de fotos do acto no no Facebook do Concello.

O alcalde entrega os premios do concurso de tapas 'Camiñando e tapeando'



O alcalde do Pino, Manuel Taboada, entregou hoxe os premios do concurso de tapas "Camiñando e Tapeando", no que participaron oito locais de hostalería durante a fin de semana do Entroido (do 09 ao 11 de febreiro).

O Restaurante Bello gañou o primeiro premio coa súa tapa Fusión de pulpo. Obdulia Bello e Paula García, a cociñeira, recolleron a placa conmemorativa e os 300 euros cos que estaba dotado o galardón. O segundo posto foi para o Restaurante Acivro, pola súa tapa Tosta de bacallau ao pil-pil de mazá. A placa e os 150 euros deste premio foron recollidos por Elena Pérez.

O concurso incluía o sorteo de dous premios entre os comensais, que recaeron en Víctor Blanco Santos (unha fin de semana nunha casa de turismo rural) e en Roberto Carnota Sánchez (unha comida para dúas persoas). Neste segundo concurso de tapas participaron oito locais de hostalería e un total de 810 persoas degustaron a oferta gastronómica, das que 408 foron mulleres.

Por orde de puntuación, a clasificación dos restaurantes participantes foi a seguinte: Bello, Acivro, parrillada Andaina, Casal da Calma, parrillada O Toxo, café bar Rúa Nova, bar Cabaleiros e café bar Casqueiro. Cada un deles presentou dúas tapas a concurso.

Máis fotos no Facebook do Concello.

SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS SITUADAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou a convocatoria para solicitar a subvención para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas que estén situadas nas parroquias polas que pasa o Camiño de Santiago.

Beneficiarios: Comunidades de persoas propietarias, agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas.

Contía da subvención: O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 euros serán de financiamento estatal e non poderán superar máis do 35% do custo subvencionable, e 4.000 euros de axuda autonómica co límite do 10% do custo subvencionable da actuación reflectida na cualificación definitiva.

Prazo de solicitude: Ata o 31 de outubro de 2018. Só as persoas físicas poderán presentar a solicitude por vía electrónica ou en formato papel, os demais solicitantes deberán presentala electrónicamente.

Para poder solicitar a subvención, os solicitantes deberán estar en posesión da RESOLUCIÓN DE CUALIFICACIÓN DEFINITIVA concedida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo antes do remate do prazo de solicitude.

Os/as solicitantes que non posúan a Cualificación Definitiva, para obtela primeiro deberán seguir os seguintes pasos:

1º.-Solicitar a Cualificación Provisional sempre que as obras non estean rematadas. Unha vez obtida a Cualificación Provisional o seguinte paso é,

2º.- Solicitar a Cualificación Definitiva, no prazo dun mes dende o remate das obras, e sempre antes do cumprimento do prazo máximo de execución fixado na resolución de cualificación provisional.

3º.- Solicitar a axuda, sempre que conte coa resolución de cualificación definitiva antes do 31 de outubro de 2018 (data na que remata o prazo para solicitar a axuda).

Máis información en documentos adxuntos:

SOLICITUDE DE AXUDAS POR FILLOS A CARGO MENORES DE 3 ANOS

O Concello do Pino informa que está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único ao que se poden acoller aquelas familias que a data 1 de xaneiro deste ano tivesen ao seu cargo fillos menores de 3 anos, e que no ano 2016 ningún dos membros da unidade familiar estivese obrigado a presentar a declaración polo imposto do IRPF. Desta prestación tamén se poden beneficiar as familias adoptantes. A contía da axuda varía segundo sexa a primeira filla ou fillo (360 euros), a segunda (1.200 euros) ou o terceiro e sucesivos (2.400 euros). O prazo remata o 21 de marzo. As solicitudes deben facer preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da xunta de Galicia https:/sede.xunta.es As persoas que o precisen poden acudir aos Servizos Sociais do Concello do Pino para solicitar información sobre os trámites a seguir. Podes descargar o bando do alcalde no arquivo que acompaña esta nova.
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (20180305_prestacion_fillo_cargo.pdf)Bando prestación por fillos a cargo 84 Kb

AXUDAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA ÁS EMPRESAS

A Deputación da Coruña convocou distintas axudas enmarcadas no Plan de Emprego Local dirixidas ás empresas que teñan o domicilio fiscal e centro de traballo en algún municipio da provincia da Coruña:

LÍNEA 2: PEL EMPRENDE INVESTIMENTO 2018 - Convocatoria de axudas á consolidación do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables relacionados co desenvolvemento da actividade empresarial(maquinaria, aplicacións informáticas, mobiliario ou equipos e útiles de traballo). As empresas que queira solicitar as axudas, deberán ter unha antigüidade máxima de 5 anos anteriores ao 15 de febreiro de 2018, tanto si son persoas físicas como xurídicas. O presuposto mínimo de gasto deberá ser de 2.500 € e máximo de 25.000 (excluído o IVE), do cal poderán solicitar, como máximo, o 80% acadando 20.000 € de subvención (excluído o IVE) podendo incrementarse 3.000 € máis se o solicitante ten a empresa nun concello de menos de 20.000 habitantes, si é una muller ou si é una persoa con discapacidade igual ou superior ao 33% ou en risco de exclusión social. Os investimentos deberán realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.


LÍNEA 3.1: PEL - PEMES 2018 - Convocatoria de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas, consistente na contratación dun/dunha traballador/a en situación de desemprego e inscrito como demandante de emprego na Oficina de Emprego. A duración do contrato deberá de ser por un período mínimo de 12 meses, acadando o 75% dos custos salariais totais cun mínimo de 13.500 € e máximo de 16.500 € de subvención, segundo a categoría profesional do traballador/a a contratar. Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2018 e ata dous meses despois da data de resolución de concesión da axuda.


LÍNEA 3.2: PEL - PEMES. MANTEMENTO 2018 - Convocatoria do programa de incentivos ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. Para acollerse á subvención, a empresa deberá ter sido beneficiario/a da subvención PEL PEMES 2017 e ter levado a cabo a contratación de maneira indefinida e manter a mesma á data de solicitude desta axuda. A axuda cubrirá como máximo o 50% dos custos salariais totais da persoa contratada dende o momento en que finalice o período subvencionable anterior. O importe da subvención a conceder irá dende os 9.000 € aos 11.000 € segundo a categoría profesional na que estea enmarcado o traballador/a.


PRAZO DE SOLICITUDES: Dende o 28 de febreiro ata ás 14:00 horas do 22 de marzo de 2018. A tramitación das solicitudes realizaranse de maneira telemática en todalas fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación.


Ver convocatorias en arquivos adxuntos:


AXUDAS DO IGAPE-PROGRAMA GALICIA RURAL EMPRENDE

O Instituto Galego de Promoción Económica (Xunta de Galicia), concede subvenciós a fondo perdido a proxectos en réxime de concorrencia competitiva para a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais. Enlace

BENEFICIARIOS:

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) As microempresa e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

SECTORES INCENTIVABLES:

Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE).

c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos, ...).

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), innovación tecnolóxica e comercio electrónico

h) Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros?) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

Non se considera que existe nova actividade se a persoa física ou calquera dos socios dunha peme desenvolvese a mesma actividade por conta propia nos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.

CONTÍA DAS AXUDAS:

A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica establécese en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un máximo de 70.000 euros nas seguintes situacións:

a) De acordo ao seguinte rango de gasto e investimento admisible:

1º De 20.000 a 30.000 : incremento sobre a prima básica de 12.500 euros.
2º De 30.001 a 40.000 : incremento sobre a prima básica de 17.500 euros
3º De 40.001 a 60.000 : incremento sobre a prima básica de 25.000 euros
4º De 60.001 a 80.000 : incremento sobre a prima básica de 31.500 euros
5º De 80.001 a 100.000 : incremento sobre a prima básica de 40.500 euros
6º Maior de 100.000 : incremento sobre a prima básica de 45.000 euros

b) Creación de emprego indefinido (mínimo 1 emprego UTA). A creación de emprego debe ser adicional, ademais da man de obra correspondente ao beneficiario da axuda: 20.000 euros.

c) Ubicación nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións específicas relacionadas no anexo VII das bases reguladoras: 5.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDES: Ata o 26 de marzo.

Máis información: Enlace











SOLICITUDE ESPECTÁCULOS REDE CULTURA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

As entidades sin ánimo de lucro, poderán solicitar os espectáculos incluídos no programa ALICERCE da Rede Cultural da Deputación da Coruña ata o vindeiro  20 de febrero ás 14:00 horas. Deberán dispoñer de certificado dixital ou DNI electrónico para a tramitación da solicitude. A Deputación cofinanciará o 70% do importe do espectáculo. Poderán solicitar como máximo 1 espectáculo.

Enlace ás bases: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/12/14/2017_0000010617.pdf

Enlace consulta espectáculos: https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/redcultural/espectaculos

Enlace á plataforma SUBTEL: https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/acceso/login



Dano cerebral adquirido. Charla informativa

A traballadora social da Asociación Sarela Olalla Domínguez vai impartir unha charla informativa sobre o "Dano cerebral adquirido" o venres 23 de febreiro, a partir das 18.00 horas, no Centro Sociocultural Luis Seoane de Arca. Falará sobre ictus, traumatismos e outras causas que provocan dano cerebral, ao tempo que nos dará consellos sobre a prevención, a atención e a rehabilitación que precisan as persoas que os sofren. O dano cerebral adquirido é unha das principais causas de discapacidade e dependencia en persoas adultas. Sarela, Asociación de Dano Cerebral Adquirido, ten unha grande experiencia na atención a persoas que pasan por esta situación.? Máis información en www.sarela.org


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (20180223_Sarela_Charla_O_Pino.pdf)Charla Sarela sobre Dano Cerebral Adquirido 161 Kb

Entroido 2018. Concurso de disfraces

O Departamento de Cultura do Concello de O Pino organiza o XX Concurso de Disfraces para celebrar o Entroido 2018. Celebrase o domingo 11 de febreiro na Praza do Concello. A inscrición ábrese ás 16.30 horas e o concurso comenzó ás 17.30. Se queres participar, consulta as bases que figuran no documento adxunto.


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (20180211_BASES_ENTROIDO.pdf)Bases Concurso Disfraces Entroido 2018Bases do Concurso de Disfraces do Entroido 2018. Concello de O Pino273 Kb
Estás en Novas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information