Servizos Municipais

Oficina de Turismo

Oficina de Turismo de O Pino

A Oficina de Turismo de O Pino está situada no lugar de A Rúa en Arca, nun precioso inmoble restaurado e ubicado ó pé do Camiño Francés. Esta oficina de turismo nace no ano 2010, froito dun convenio entre o Concello de O Pino e a Asociación de  Empresarios de Hostelería de Santiago e Comarca.

Dende a súa apertura, nesta oficina recíbense anualmente máis de 60.000 visitas de peregrinos, que se achegan para informarse sobre os servizos e lugares de interese de O Pino, Santiago de Compostela e resto de Galicia. A información que se ofrece nesta oficina vai dende os percorridos do Camiño Francés e resto de Camiños a Santiago, información turística de Galicia, horarios e rutas de medios de transporte, información sobre programación e actos culturais de Santiago e Comarca, e selado de credenciais de peregrinos.

Ademáis, os camiñantes poden informarse sobre o aloxamento e restauración dos  Concellos de O Pino e Santiago, e incluso realizar a súa reserva nos distintos establecementos hostaleiros.

O edificio está tamén, acondicionado para a realización de diversas actividades, que se levan a cabo durante todo o ano, como exposicións, cursos de formación, etc.

 SERVIZOS

  • Información turística
  • Selado de credenciais
  • Internet e wifi
  • Teléfono
  • Aulas de formación
  • Zonas para exposicións

HORARIO  E PERÍODO DE APERTURA
A Oficina de Turismo está aberta dende Semana Santa ata o mes de novembro.
De martes a domingo: de10:00 a 19:00

CONTACTO
Teléfono: 981 51 05 48
www.santiagohosteleria.net

Estás en Servizos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information