Turismo

VÍA ROMANA XIX

DESCRIPCIÓN DA RUTA
A Via XIX entra no Concello de O Pino a través da parroquia de Pereira, procedente de Loureda (Boqueixón) e pasa moi preto da igrexa parroquial de San Miguel de Pereira. Deixando atrás esta parroquia o camiño segue por Alvarín para pasar despois por un desvío cara Alvite, e continuar todo recto pola estrada ata atopar a N-547 á altura do Amenal.

Neste cruzamento xírase á esquerda para continuar pola estrada nacional. Ao pouco atópase unha intersección á dereita en dirección Castrofeito, cara a onde hai que dirixirse. Continúase ata atopar unha confluencia de estradas e cóllese á esquerda. Vanse pasando varios desvíos a ambos lados ata chegar ao Pazo.

Crúzase o Pazo e séguese ata a bifurcación que hai baixo un tendido eléctrico, onde se torce á esquerda.

Pouco despois atópase unha estrada á dereita cara a Rial, pero séguese pola esquerda ata pasar outro desvío á man esquerda que se ignora. Continúase camiñando, achegándose ata a N-634. Un pouco máis adiante pode verse a igrexa parroquial de Santa María de Castrofeito, no lugar do Pazo. Continúase ata chegar á Casa do Xuíz.

Séguese e atópase outro cruzamento, no que se debe torcer á esquerda para coñecer o depósito arqueolóxico de Agra de Santiso, onde se atoparon restos da calzada romana, dúas aras e unha estela funeraria. Séguese e na primeira intersección á dereita, vírase e desembócase na N-634. Hai que camiñar moi pouco, ata outro cruzamento á dereita que leva a esa estrada nacional. Unha vez nela, séguese todo recto ata que, nunha intersección, pode verse a Capela de Santiso. Xunto a ela atópase un sinal de dirección de vía semicilíndrica.

Dende aquí continúase de fronte pola estrada onde está situada a capela. Un pouco máis adiante hai outro cruzamento, onde se torce cara á dereita, xusto antes da ponte que cruza a nacional cóllese á esquerda. Máis adiante atópase coa estrada nacional noutra intersección, onde queda á man esquerda o sanatorio da Robleda.

Continúase a ruta polo camiño que queda á esquerda da estrada nacional no que máis adiante se ve unha encrucillada a ambos os dous lados da nacional, que indica Budiño e Pedrouzo. Séguese camiñando de fronte, e nese punto acábase a estrada asfaltada e substitúea un camiño de terra. Continúase e tras uns 300 metros o camiño acábase.

Crúzase a N-634 e despois vese unha indicación cara a Rabal, onde morre o camiño. A partir deste punto débese seguir un tramo curto pola nacional e logo vólvese a virar cara á dereita por un pequeno tramo asfaltado que despois se transforma en camiño de terra.

Séguese polo camiño da dereita; ignórase un desvío á dereita dirección a Pedrouzo, e aquí, fronte a unha casa, parece que o camiño termina, pero debemos ir á dereita, bordeando a casa por detrás.

Metémonos por un camiño que vai cruzar o Río Mera, pasando por Ponte Puñide. Este lugar foi asentamento romano, con carácter de estación oficial, xa que se atoparon varios obxetos da época como un modio e unha figura de bronce, así como un sestercio e unha tégula. Neste lugar atópase de novo unha mesa interpretativa da Vía XIX.

Continúase polo camiño da dereita e pásase un desvío á esquerda para entrar en Vilar, onde remata ese camiño. Despois hai que seguir por un tramo de estrada e volve aparecer un camiño, ata unha indicación de Lameiro cara á esquerda. Neste punto é obrigado de novo saír á N-634 ata que de novo aparece o camiño. Despois chégase ao cruzamento de Gonzar, onde se toma a segunda estrada á dereita.

Máis adiante atópase unha intersección na que hai que coller o camiño da dereita. Comeza a baixar e aparece outro cruzamento e un desvío á dereita. Séguese de fronte, entre dúas casas. Na seguinte encrucillada vírase á esquerda.

Séguese camiñando e, no seguinte cruzamento, cóllese á esquerda. Pasando Amarelle, atópase un sinal de STOP, onde se torce á dereita. Ignórase o camiño de terra que aparece á esquerda e cóllese o seguinte desvío á esquerda, que leva a unha granxa. Antes de chegar á granxa tórcese á dereita, xusto antes dunha propiedade privada, para seguir polo camiño de terra.

Continúase por ese camiño ata que cruza coa estrada. Neste punto tórcese á dereita e no seguinte cruzamento á esquerda. Séguese un tramo recto e encóntranse algunhas casas entrando en Cimadevila. Ao pasar estas casas vese outro cruzamento, tamén sen asfaltar e o camiño segue de fronte. Continúase e atópase unha explotación gandeira á esquerda e, á mesma altura, un camiño que se mete á dereita. A partir de aquí o camiño continúa polo limítrofe Concello de Arzúa

LONXITUDE DO PERCORRIDO
Distancia: 21,83 km.
Distancia lineal: 16,11 km.
Altura máxima: 390 m.
Altura mínima: 250 m.
Pendente máxima: 10,16 %
Pendente mínima (baixada): 9,6 %




MAPA

Ver Vía Romana XIX en un mapa máis grande

PERFIL

Estás en Turismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information