Contratación



PERFIL DO CONTRATANTE


Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á actividade contractual do Concello de O Pino, ponse a disposición de todos os interesados o presente perfil de contratante, de conformidade co establecido na Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público.


CONTRATO DE SERVIZOS DE ORGANIZACIÓN DA FESTA DO GALO 2018. EXPEDIENTE CS 4.2018

De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local de data 15 de xuño de 2018, aprobouse o expediente de contratación de servizos de organización da Festa do Galo 2018 (CS 4.2018), por procedemento aberto e tramitación simplificada abreviada, así como o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares que ha de servir de base á licitación.

Os documentos referidos a este expediente pódense consultar dos arquivos adxuntos.

CONTRATO DE SERVIZOS ORGANIZACIÓN DA FESTA DOS MAIORES 2018. EXPEDIENTE CS 3.2018

Anuncio de adxudicación no Perfil do Contratante

De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local celebrada o día 2 de xullo de 2018, foi adxudicado o contrato de SERVIZO DE ORGANIZACIÓN DA FESTA DOS MAIORES. EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº CS 3.2018, por procedemento aberto simplificado abreviado cuxa formalización se publica para os efectos do artigo 154 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público -LCSP 2017-.

O acordo de adjudicación pódese consultar do documento adjunto con nome "Anuncio adxudicación servicio organización festa dos maiores 2018"


Anuncio de licitación no Perfil do Contratante De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local de data 15 de xuño de 2018, aprobouse o expediente de contratación de servizos de organización da Festa dos Maiores 2018, por procedemento aberto e tramitación simplificada abreviada, así como o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares que ha de servir de base á licitación. 1. PODER ADXUDICADOR: 1.1.- Nome: Concello de O Pino 1.2.- Código de Identificación Fiscal: P1506700B 1.3.- Dirección: Rúa do Concello s/n 1.4.- Localidade: O Pino (A Coruña) 1.5.- Código Postal: 15.821 1.6.- Código NUTS: ES111 1.7.- Teléfono: 981 511002 1.8.- Fax: 981 511123 1.9.- Sede electrónica: https://sede.opino.gal/es/ 1.10 Perfil do Contratante: http://www.concellodeopino.com 2. ACCESO AOS PREGOS DE CONTRATACIÓN: Poderanse consultar no perfil do contratante do Concello de O Pino, podendo acceder ao mesmo a través da dirección: http://www.concellodeopino.com. _3. TIPO DE PODER ADXUDICADOR E PRINCIPAL ACTIVIDADE EXERCIDA: 3.1.- Tipo: Administración Pública 3.2.- Actividade Principal: Administración Local. 4. CÓDIGO NUTS DEL LUGAR PRINCIPAL DE ENTREGA OU DE EXECUCIÓN: - ES111 5. DESCRICIÓN DA LICITACIÓN: NATUREZA E ALCANCE DOS SERVIZOS: - SERVIZO DE ORGANIZACIÓN DA FESTA DOS MAIORES. EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº CS 3.2018 - VALOR ESTIMADO DO CONTRATO: 31.482,00.- euros. - IVE: 3.148,20.-€. - IMPORTE TOTAL DO CONTRATO: 34.630,20.- 6.- CÓDIGO CPV: 55321000-6 e 55322000-3 7.- PROHIBICIÓN DE VARIANTES: Non se admitirán variantes. 8.- DURACIÓN DO CONTRATO: - DURACIÓN: 14 de xullo de 2018 9.- TIPO DE PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN: Procedemento aberto simplificado abreviado 10.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: Oferta económica, calidade dos materiais empregados no servizo, e medios persoais. 11. PRAZO PARA A RECEPCIÓN DE OFERTAS: 10 días naturais contados a partires do día da publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante. 12. DIRECCIÓN Á QUE DEBERÁN TRANSMITIRSE AS OFERTAS OU SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN As ofertas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de O Pino, sito na Rúa do Concello s/n.- 15821.- O PINO, en horario de atención ao público, de 08.30 h a 14.00 h. 13.- DATA, HORA E LUGAR DE APERTURA DAS OFERTAS Data: 29 de xuño de 2018 Hora: 12.30 h Lugar: Salón de Plenos do Concello de O Pino O Pino, 19 de xuño de 2018 O ALCALDE-PRESIDENTE, Manuel Taboada Vigo

CONTRATO DE SERVIZOS SEGUROS PARA O CONCELLO DE O PINO. CS 2.2018

DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA CONTRATO DE SEGUROS PARA O CONCELLO DE O PINO
PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO ABREVIADO
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 10 DÍAS HÁBILES
3 LOTES
LOTE 1: SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E PATRIMONIAL
LOTE 2: SEGURO MULTIRRISCO DE INMOBLES E PATRIMONIO
LOTE 3: SEGURO DE ACCIDENTES COLECTIVOS

CONTRATO DE SERVIZOS DE CONSERVACIÓN, MANTEMENTO E ROZA DE PISTAS MUNICIPAIS. EXPTE CS 1.2018

ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE 'SERVIZOS DE CONSERVACIÓN, MANTEMENTO E ROZA DE PISTAS MUNICIPAIS'

De conformidade co a acordo da Xunta de Governo Local celebrada o día 2 de tullo de 2018, foi adjudicado o contrato de SERVIZOS DE CONSERVACIÓN, MANTEMENTO E ROZA DE PISTAS MUNICIPAIS. Expeidente contratación, por procedemento aberto simplificado (expediente nº CS 1.2018) cuxa formalización se publica para os efectos do artigo 154 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público -LCSP 2017-

A resolución pódese ler integra no documento adxunto "ADXUDICACIÓN EXPEDIENTE CS 1".



Anuncio de licitación no Perfil del Contratante

_

_

Na Xunta de Goberno Local de data 29 de maio de 2018 foi aprobado o expediente de contratación do SERVIZO DE CONSERVACIÓN, MANTEMENTO E ROZA DE PISTAS MUNICIPAIS. EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº CS 1.2018, polo procedemento aberto simplificado así como os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e de prescricións técnicas particulares que han de rexer a contratación, e servirán de base á licitación.

_

1. PODER ADXUDICADOR:


1.1.- Nome: Concello de O Pino

1.2.- Código de Identificación Fiscal: P1506700B

1.3.- Dirección: Rúa do Concello s/n

1.4.- Localidade: O Pino (A Coruña)

1.5.- Código Postal: 15.821

1.6.- Código NUTS: ES111

1.7.- Teléfono: 981 511002

1.8.- Fax: 981 511123

1.9.- Sede electrónica: https://sede.opino.gal/es/

1.10 Perfil do Contratante: http://www.concellodeopino.com

_

2. ACCESO AOS PREGOS DE CONTRATACIÓN:


Poderanse consultar no perfil do contratante do Concello de O Pino, podendo acceder ao mesmo a través da dirección: http://www.concellodeopino.com.

3. TIPO DE PODER ADXUDICADOR E PRINCIPAL ACTIVIDADE EXERCIDA:

3.1.- Tipo: Administración Pública

3.2.- Actividade Principal: Administración Local.


4. CÓDIGO NUTS DEL LUGAR PRINCIPAL DE ENTREGA OU DE EXECUCIÓN:

ES111

5. DESCRICIÓN DA LICITACIÓN: NATUREZA E ALCANCE DOS SERVIZOS:

SERVIZO DE CONSERVACIÓN, MANTEMENTO E ROZA DE PISTAS MUNICIPAIS. EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº CS 1.2018

VALOR ESTIMADO DO CONTRATO: 50.625,00 euros

IVE: 10.631,25 euros

IMPORTE TOTAL DO CONTRATO: 61.256,25 euros

6.- CÓDIGO CPV:

77312000-0 servizo de desbroce

77312100-1 servizo de eliminación de maleza.

7.- PROHIBICIÓN DE VARIANTES:

Non se admitirán variantes.

8.- DURACIÓN DO CONTRATO:

DURACIÓN: 3 MESES

9.- TIPO DE PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN:

Procedemento aberto simplificado

10.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

PREZO

MELLORAS CUANTIFICABLES

11. PRAZO PARA A RECEPCIÓN DE OFERTAS:

15 días naturais contados a partires do día seguinte da publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante.

12. DIRECCIÓN Á QUE DEBERÁN TRANSMITIRSE AS OFERTAS OU SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN

As ofertas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de O Pino, sito na Rúa do Concello s/n.- 15821.- O PINO, en horario de atención ao público, de 08.30 h a 14.00 h.

13.- DATA, HORA E LUGAR DE APERTURA DAS OFERTAS

Data: 18 de xuño de 2018

Hora: 12.30 h

Lugar: Salón de Plenos do Concello de O Pino

En O Pino, a 1 de xuño de 2018


O ALCALDE- PRESIDENTE,


RELACIÓN DE ADMITIDOS PARA COBERTURA DE DÚAS PRAZAS DE PEÓN DA CONSTRUCIÓN

Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas de persoal laboral temporal de peóns da construcción, publicamos a lista de admitidos/excluídos:

ADMITIDOS/AS

APELIDOS, NOME e DNI

BOTANA NAVEIRO MANUEL, 33227739F

SANDÁ CODESIDO JOSÉ, 76512415V

PUGA ÁLVAREZ JESÚS, 73219Q

EXCLUÍDOS/AS

Non hai ningún excluído.

“A presente lista queda condicionada a que os aspirantes acheguen a documentación pendente de entregar coa solicitude, tal como reflicten na mesma, o día do exáme”. O exáme queda fixado para o 24 de maio de 2018 ás 10:00 horas na Casa do Concello, no Salón de Plenos.

En O Pino, a 23 de maio de 2018

Pódese consultar a publicación tamén no documento adjunto
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (20180523_Lista admitidos _signed.pdf)20180523_Lista admitidos _signed.pdf 481 Kb

BASES QUE REXIRÁN A CONVOCATORIA PARA CUBRIR DOUS POSTOS DE PEÓN DA CONSTRUCCIÓN DO CONCELLO DE O PINO

A continuación reprodúcese ás bases que regirán a convocatoria e creación don posto de Traballo, mediante concurso-oposición para cobertura de días prazas de personal laboral temporal de peón da construcción no Concello de O Pino (pódense descargar as bases en formato PDF no arquivo que figura ao final do texto ou neste enlace.

Primeira.- Obxecto da Convocatoria

O obxecto da presente convocatoria é a creación dun posto de traballo, mediante concurso - oposición para cobertura de dúas prazas de persoal laboral temporal de Peón da construción.

A contratación a realizar será por contrato de servizo determinado, para a cobertura temporal das necesidades municipais.

O contrato de traballo terá unha duración desde a data de contratación ata o 31 de decembro de 2018.

O salario bruto mensual será de 1.338,95 euros para a xornada completa (por todos os conceptos retributivos incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias).

A xornada de traballo será de 40 horas semanais cos descansos e as vacacións previstas na Lei 7/2007 do 12 de abril do Estatuto Básico do empregado público.

Segunda.- Requisitos dos/as aspirantes

a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da mesma norma. “Artigo 57 referido ao acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados, nos seguintes termos:

.- Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea poderán acceder, como persoal funcionario en igualdade de condicións que os españois ós empregos públicos, con excepción de aqueles que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou nas funcións que teñen por obxecto a salvagarda dos intereses do Estado ou das Administracións Públicas.

A tal efecto, os ó do Goberno das Administracións Públicas determinarán as agrupacións de funcionarios contempladas no artigo 76 á que non poden acceder os nacionais doutros Estados.

.- As previsións do apartado anterior serán de aplicación calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte un anos ou maiores de dita idade dependentes.

.- O acceso ao emprego público como persoal funcionario, estenderase igualmente á persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, nos termos establecidos no apartado 1 deste artigo.

.-Os estranxeiros ós que se refiren os apartados anteriores , así como os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder á Administración Pública como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.

Conforme o artigo 1 da Lei 17/1993, de 23 de decembro, en redacción dada pola Lei 55/1999 de 29 de decembro, poderán tomar parte nas probas selectivas, ademais dos españois: 1)os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea, do Reino de Noruega ou da República de Islandia, 2)os cónxuxes dos españois e os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, do Reino de Noruega ou da República de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, así como os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, menores de 21 anos ou maiores de dita idade que vivan ás súas expensas.

Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar o cumprimento dalgún dos requisitos anteriores xuntando á solicitude fotocopia compulsada do documento de identidade ou pasaporte. As persoas incluídas no apartado a.2) deberán presentar, ademais, os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e, no seu caso, unha declaración xurada ou promesa do español ou do nacional da Unión Europea, de Noruega o de Islandia co que existe este vínculo de que non está separado de dereito do seu cónxuxe, ou de que o aspirante vive as súas expensas.

As persoas que non teñan nacionalidade española que superen o proceso selectivo non poderá desempeñar postos de traballo que supoñan a participación directa ou indirecta no exercicio do poder público. A Administración será a competente para determinar cales serán ditos postos de traballo.”

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Non padecer enfermidade nin estar afectado por doenza física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. No caso de minusvalía que non impida o exercicio das súas funcións deberá xustificarse por medio de certificación da Consellería competente da Xunta de Galicia.

c) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos ó constitucionais ou estatutarios das CCAA nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares á que desempeña no caso de persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. De ser nacional doutro Estado non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade có disposto na Lei 53/1984 do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.

f) Serán requisitos específicos en aplicación do disposto no artigo 56.3 da Lei 7/2007 os seguintes:

Requisito de titulación:

Certificado de escolaridade ou certificado de estudos primarios ou equivalente.Copia compulsada. Requisito de experiencia:

6 meses en posto similar.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN; NON OBRIGATORIA ACREDITACIÓN COÑECEMENTO DO GALEGO

De presentar esta documentación os/as aspirantes que estean en posesión do Celga 2 ou equivalente estarán exentos da realización de proba de acreditación do coñecemento do galego.

De non acreditarse o coñecemento do galego por non presentar méritos neste apartado será obrigatoria a realización dun exercicio para os que non acrediten o coñecemento do galego, na data fixada polo Tribunal.

Exercicio de coñecemento de galego, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá nunha proba oral. O exercicio será cualificado de apto e non apto e terá carácter eliminatorio.

Será corrixido e farase proposta de aptitude por asesores especializados na lingua galega para finalmente adoptarse a decisión polo Tribunal, que será convocado para a realización deste exercicio antes do outorgamento de puntuacións finais e proposta dos/as candidatos/as.

Terceira.- Presentación de solicitudes e proceso de selección

O Concello de O Pino dará publicidade á convocatoria e as bases de selección por anuncios no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web, a través do perfil.

Cada aspirante terá como data límite de presentación de instancias no rexistro xeral do Concello para a participación neste proceso selectivo ata o 23/05/2018 incluído ás 14:00 horas, solicitude de instancia de participación cuxo modelo se adxunta no Anexo I, dirixida ao Sr. Alcalde no Rexistro Xeral do Concello de O Pino.

A instancia acompañarase de

.-Fotocopia compulsada do DNI

.-Copia cotexada do título ou declaración ou certificado de estar en condición de obtelo título esixido nas bases para a praza antes da sinatura do correspondente contrato.

.- Toda a documentación orixinal ou compulsada acreditativa do cumprimento dos requisitos de participación contados na cláusula segunda destas bases.

.- A relación dos méritos que aleguen, nomeados segundo a orde establecida no apartado de méritos.

A dita relación acompañaranse os documentos xustificativos dos mesmos:

Por ter experiencia na administración pública ou sector privado en posto similar será acreditada mediante contratos de traballo ou certificado de empresa no que consten as tarefas desempeñadas, IAE no caso de traballadores autónomos e informe de vida laboral da Seguridade Social.

Cursos de formación relacionados coas función do posto de traballo mediante copia compulsada do correspondente título ou diploma.

Non serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos, dentro do prazo de presentación de instancias.

A documentación presentada deberá ir acompañada pola solicitude que aos interesados se lles facilitará no rexistro do Concello.

Serán publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web as listas de admitidos e excluídos coa motivación da exclusión elevándose a definitiva a lista provisional de admitidos de non existir excluídos e outorgando dous días hábiles aos excluídos no seu caso para alegacións sendo necesaria aprobación de lista definitiva.

Trala lista provisional elevada a definitiva ou lista definitiva de admitidos procederá a Comisión seleccionadora a valoración dos méritos dos/as aspirantes admitidos/as.

En ningún caso serán valorados aqueles méritos que non fosen alegados e xustificados debidamente no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, nin aqueles documentos que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

Cuarta.- Comisión Seleccionadora

Estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: Carmen Gómez Otero, Secretaria – Interventoria do Concello de O Pino, ou funcionario nomeado en caso de ser necesaria a súa substitución.

Vogais:

1º vogal: Pablo Martín Fernández Castro, Técnico de Urbanismo do Concello de O Pino.

2º vogal: Mª Cruz Toande Ramos, Psicóloga do Concello de O Pino.

Secretaria: Gloria Susana Iglesias Botana, AEDL do Concello de O Pino.

A Comisión non poderá constituírse sen a asistencia de polo menos tres membros sendo preciso en todo caso a asistencia do Presidente e da Secretaria.

Quinta.- Sistema de contratación.

A contratación realizarase cos candidato/a que obteña a maior puntuación na modalidade de contrato laboral temporal.

Establécese un período de proba dun mes que será reflectido por escrito no contrato, podendo durante a súa vixencia as partes contratantes resolver de forma unilateral e libremente a relación laboral sen necesidade de aviso previo e sen dereito a ningunha indemnización.

Sexta.- Formalización do contrato

Os contratos formalizaranse a requirimento da Administración acreditado presentado polos/as aspirantes:

A)Certificado médico oficial, acreditativo de non padecer enfermidade ou minusvalía que impida exerce-la función propia a desenrolar.

B) Declaración xurada de non estar incuso en incompatibilidade para ser persoal da/s Administración Pública e non ter sido separado do servizo público (Anexo III).

Sétima.- Incidencias

A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolver as dúbidas que se presenten e adopta-los acordos necesarios para o bo funcionamento do concurso oposición en todo o non previsto nestas Bases.

Oitava .-Dereito supletorio.

O non previsto nestas bases estarase ó disposto na lexislación laboral vixente que resulte de aplicación e, especialmente, ó disposto no Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, e no Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, e demais lexislación concordante en materia laboral asi como normativa administrativa EBEP e demais normativa administrativa básica e de desenvolvemento aplicable en materia de selección de persoal o servizo das administracións públicas.

Novena.- Norma final.

A presente convocatoria, as súas bases e tódolos actos administrativos que da mesma se deriven e das actuacións do tribunal, poderanos impugna-los interesados no caso e na forma dispostos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I FASE DE CONCURSO ( MÁXIMO 10 PUNTOS)

Baremo de méritos para valorar o concurso

1.- Experiencia profesional ( puntuación máxima 5 puntos)

Por ter experiencia profesional na administración pública en traballos como peón da construción: a razón de 0,50 puntos/mes. Por ter experiencia profesional no sector privado en traballos como peón da construción: a razón de 0,25 puntos/mes. Este mérito acreditarase mediante contratos de traballo ou certificado de empresa no que consten as tarefas desempeñadas, IAE ( alta e actualización) no caso de traballadores autónomos e informe de vida laboral actualizado sempre que poida acreditarse a categoría profesional desempeñada.

2.- Formación ( puntuación máxima 5 puntos)

Valoraranse cursos de formación e perfeccionamento ( non valorando seminarios, congresos, xornadas, módulos, etc que non sexan cursos) relacionados directamente coas función a desenvolver no posto de peón da construción, segundo se detalla a continuación:

Curso de prevención de riscos laborais: 1 punto

Outros cursos relacionados co posto de traballo: 1 punto/ curso ata máximo de 3 puntos.

Acreditación destes méritos mediante copias compulsadas dos correspondentes títulos ou diplomas.

FASE DE OPOSICIÓN ( MÁXIMO 15 PUNTOS)

Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de 15 preguntas con 3 respostas alternativas, sendo só unha delas a correcta, nun tempo máximo de 30 minutos relacionadas cos seguintes temas:

- Coñecementos sobre o posto de traballo ofertado:

- Coñecementos dos lugares e parroquias do Concello de O Pino.

O Pino, 27 de abril de 2018

O Alcalde,

Manuel Taboada Vigo



ANEXO II

MODELO DE INSTANCIA




D./Dna____________________________________________________con DNI número________________________e domicilio a efectos de notificacións e comunicación en________________________________________________________ CP_________________localidade_____________________telf__________________

EXPON:

I.- Que ten coñecemento da convocatoria publicada e bases para a praza de peón da construción como persoal laboral temporal non permanente do Concello de O Pino.

II.- Que está en posesión de todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases de selección

Polo exposto,

SOLICITA: Ser admitido ao correspondente proceso selectivo, aportando a estes efectos a documentación que se achega. Lugar e data

Asdo.:



DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA: Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade.

Fotocopia compulsada do título ou declaración ou certificado de estar en condicións de obtelo título esixido nas bases para a praza antes da sinatura do correspondente contrato.

Toda a documentación orixinal ou compulsada acreditativa do cumprimento dos requisitos de participación contados na cláusula segunda destas bases.

A relación dos méritos que aleguen, nomeados segundo a orde establecida no apartado de méritos.

Celga 2 ou equivalente.





SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE O PINO (A CORUÑA)

ANEXO III. DECLARACIÓN XURADA


D/Dª ____________________________________________________________, con domicilio en ________________________________________________, con DNI nº____________________; declaro responsablemente, para os efectos de ser nomeado/a__________________________ no Concello de O Pino,

-Que non fun separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutários das comunicades autónomas nin me atopo en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

-Que non me atopo incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade segundo o establecido na lexislación vixente.



____________________, ________de ____________________de 2018



Asdo_______________________________________

SERVIZO DE ORGANIZACIÓN DA FESTA DOS MAIORES 2017

Anuncio de adxudicación e  formalización de contrato de servizo de organización da festa dos maiores 2017.

1. Entidade adxudicataria:

a. Organismo: Concello de O Pino

b. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría 

     c. Dirección de Internet do perfil do contratante: www.concellodeopino.com

 2. Obxecto do contrato:

a. Tipo: Servizo

b. Descrición: “Servizo de organización da festa dos maiores 2017”

c. CPV (Referencia de Nomenclatura): 55321000-6 e 55322000-3

     d. Medio de publicación do anuncio de licitación: Invitación ás seguintes empresas:

   - Restaurante Casa Taboada

   -Café Restaurante-catering “O que dirán”

   - Restaurante A Magdalena

 3. Tramitación e procedemento:

a. Tramitación: ordinaria

     b. Procedemento: negociado sen publicidade.

 4. Valor estimado do contrato: 31.482,00.- euros.

5. Presuposto base de licitación: Presuposto base de licitación: 31.482,00.-€, Importe IVE: 3.148,20.-€. Importe total: 34.630,20.-€

6. Formalización do contrato:

a. Data de adxudicación: 12/07/2017

b. Formalización do contrato: 14/07/2017

c. Adxudicatario: Restaurante A Magdalena  SL

  d. Importe de adxudicación. 33.000,00 euros , Importe IVE: 3.000,00-€. Importe   total: 33.000,00.-€.

    e. Ventaxas da oferta adxudicataria: Oferta económica, calidade dos materiais empregados no servizo e menú ofertado

SERVIZO DE CONSERVACION, MANTEMENTO E ROZA DE PISTAS 2017

Anuncio de adxudicación e  formalización de contrato de servizo de conservación, mantemento e roza de pistas 2017 .

1. Entidade adxudicataria:

a. Organismo: Concello de O Pino

b. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría 

     c. Dirección de Internet do perfil do contratante: www.concellodeopino.com

 2. Obxecto do contrato:

a. Tipo: Servizo

b. Descrición: “Servizo de conservación e mantemento e roza de pistas 2017”

c. CPV (Referencia de Nomenclatura): 77312000-0/ 77312100-1

     d. Medio de publicación do anuncio de licitación: Invitación ás seguintes empresas:

   - Transportes y Excavaciones Arines SL

   -Obras y Viales de Galicia SL

   - Alcomte Galicia SL

 3. Tramitación e procedemento:

a. Tramitación: ordinaria

     b. Procedemento: negociado sen publicidade.

 4. Valor estimado do contrato: 50.625,00.- euros.

5. Presuposto base de licitación: Presuposto base de licitación: 50.625,00.-€, Importe IVE: 10.631,25.-€. Importe total: 61.256,25.-€

6. Formalización do contrato:

a. Data de adxudicación: 12/07/2017

b. Formalización do contrato: 14/07/2017

c. Adxudicatario: Alcomte Galicia SL

  d. Importe de adxudicación. 50.625,00 euros , Importe IVE: 10.631,25-€. Importe   total: 61.256,25.-€.

    e. Ventaxas da oferta adxudicataria: Plan de prestación do servizo, descrición técnica do servizo e valoración da calidade de execución.

SERVIZO DE MANTEMENTO DE ZONAS VERDES

Anuncio de adxudicación e  formalización de contrato de servizo de mantemento de Zonas Verdes.

1. Entidade adxudicataria:

a. Organismo: Concello de O Pino

b. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría  

     c. Dirección de Internet do perfil do contratante: www.concellodeopino.com

 2. Obxecto do contrato:

a. Tipo: Servizo

b. Descrición: “Servizo de  mantemento de zonas verdes”

c. CPV (Referencia de Nomenclatura): 77311000-3/ 77320000-9

     d. Medio de publicación do anuncio de licitación: Invitación ás seguintes empresas:

   - Coregal, parques y jardines SL

   -Jardinería Arce SL

   - Aspas Emprego SL

 3. Tramitación e procedemento:

a. Tramitación: ordinaria

     b. Procedemento: negociado sen publicidade.

 4. Valor estimado do contrato: 35.000,00.-€.- euros.

5. Presuposto base de licitación: Presuposto base de licitación: 35.000,00..-€, Importe IVE: 7.350,00.-€. Importe total: 42.350,00.-€

6. Formalización do contrato:

a. Data de adxudicación: 07/07/2017

b. Formalización do contrato: 18/07/2017

c. Adxudicatario: Coregal, Parques y Jardines SL  

  d. Importe de adxudicación. 34.895,00 euros , Importe IVE: 7.327,95.-€. Importe   total: 42.222,95.-€.

    e. Ventaxas da oferta adxudicataria: Oferta económica, plan  de prestación do servizo e melloras.

SERVIZO DE CONSERVACION, MANTEMENTO E VIXIANCIA DO CPI CAMIÑO DE SANTIAGO

 Anuncio de adxudicación e  formalización de contrato de servizo de conservación, mantemento e vixiancia do CPI Camiño de Santiago.

1. Entidade adxudicataria:

a. Organismo: Concello de O Pino

b. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría  

     c. Dirección de Internet do perfil do contratante: www.concellodeopino.com

 2. Obxecto do contrato:

a. Tipo: Servizo

b. Descrición: “Servizo de conservación e amntemento do CPI Camiño de Santiago”

c. CPV (Referencia de Nomenclatura): 50700000-2/ 79714000-2/ 98341120-2 e 98341130

     d. Medio de publicación do anuncio de licitación: Invitación ás seguintes empresas:

   - Eulogio Viñal, Obras y construcciones SA

   -Servicios, Obras y Limpiezas SA

   - Gallega de cimentación y estructuras SL

 3. Tramitación e procedemento:

a. Tramitación: ordinaria

     b. Procedemento: negociado sen publicidade.

 4. Valor estimado do contrato: 26.258,05.- euros.

5. Presuposto base de licitación: Presuposto base de licitación: 26.258,05.-€, Importe IVE: 5.514,21.-€. Importe total: 31.772,26.-€

6. Formalización do contrato:

a. Data de adxudicación: 07/07/2017

b. Formalización do contrato: 18/07/2017

c. Adxudicatario: Servicios, Obras  y Limpiezas SA  

  d. Importe de adxudicación. 24.896,48 euros , Importe IVE: 5.228,26.-€. Importe   total: 30.124,74.

    e. Ventaxas da oferta adxudicataria: Oferta económica e programa de traballo e de mantemento das instalación.

Estás en Xestións Contratación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information