Xuventude

Camapaña de Inverno 2018


O Concello de O Pino colaborará na Campaña de Inverno 2018 da Deputación da Coruña. Dita campaña vai dirixida a rapaces/zas nados/as nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007 e levarase a cabo na Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda, con actividades dirixidas por monitores especializados, transporte e manutención incluida.
 
Desta volta ao Concello de O Pino adxudicáronselle 3 prazas na 5ª quenda que se levará a cabo dende o 09/03/2017 ate o 12/03/2017.
 
Para poder participar na mesma, tod@s @s interesados deberán presentar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada na Casa do Concello con data límite o 19 de xaneiro ás 14 horas.
Dita ficha poderán solicitada no Concello directamente, ou descargala nesta web (ver arquivo adxunto).
 
Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (TRIPTICO_CAMPANA_DE_INVERNO_2018-1.pdf)Ver tríptico 447 Kb

Lecer Nadal 2017


Os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 levarase a cabo no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago, o programa LECER NADAL que entra dentro das actividades de conciliación da vida familiar e laboral do Concello de O Pino.

Este programa vai dirixido a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos e realizarase en horario de 09:00 a 14:00 horas. No mesmo os asistentes poderán desfrutar de obradoiros, xogos cooperativos, reciclaxe, manualidades e moito máis!!.

Xa te podes inscribir e consultar toda a información aquí e inscribirte na casa do Concello de O Pino.


#NADALLUDICO #NADALENFAMILIA




Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (fichasinscricion.pdf)FICHAS DE INSCRICIÓN.pdf 138 Kb

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016


Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (campamentos_veran.pdf)Campamentos De Verán 2016 370 Kb

XVIII Concurso de Disfraces de Entroido do concello de O Pino

Domingo 7 de febreiro a partir das 17:00 horas na Praza do Concello.

Noraboa os gañadores do XVII Concurso de Carteis onde poden participar todos os nenos/as empadroados no concello de 3 a 17 anos.

Grazas a todos/as pola vosa participación.



Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (BASES_CONCURSO_entroido_2016.pdf)BASES_CONCURSO entroido 2016BASES_CONCURSO entroido 201628 Kb

VOLUNTARIADO XUVENIL 2015

ESCOLA DE VERÁN 2015


Aberto o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2015, programa dirixido a nenos/as de idades comprendidas entre 3 e 12 anos cuias actividades se levarán a cabo no Centro Escolar CPI Camiño de Santiago e nas instalacións do Concello, polideportivo e piscina municipal.

A Escola de verán ofértase para os pais/nais do Concello que teñen dificultades para compaxinar a súa vida laboral e familiar.

O prazo de inscrición estará aberto para a quenda de xullo a partir do mércores 3 de xuño.

Descargue nesta nova as bases e as fichas de inscripción (ver adxuntos)

Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (BASES DA ESCOLA DE VERAN 2015.pdf)BASES DA ESCOLA DE VERAN 2015.pdf 449 Kb
Descargar este adjunto (FICHAS DE INSCRICIO-N O PINO COMPLETAS_2.pdf)FICHAS DE INSCRICIO-N O PINO COMPLETAS_2.pdf 2618 Kb

SORTEO CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN 2015

O vindeiro mércores ás 13 horas terá lugar na Casa do Concello o sorteo para determinar os 3 rapaces/zas do Concello que participarán nos Campamentos Deportivos da Deputación, nos cales concederon 3 prazas a este Concello.

O sorteo será público e poderán asistir os pais/nais ou titores/as dos 8 inscritos no Concello en prazo.


XVII Concurso de Disfraces de Entroido do concello de O Pino

Animación de paiasos a partir das 17:00 horas na Praza do Concello

En caso de choiva teremos carpa

Noraboa os alumnos/as da Aula de 3 anos do CPI Camiño de Santiago máis a Lucía Castro López de 4º de Primaria do CPI Camiño de Santiago por ser os gañadores do XVI Concurso de Debuxos de Entroido.

Grazas a todos/as pola vosa participación.


Bases do concurso



Adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño
Descargar este adjunto (bases_concurso.pdf)bases_concurso.pdf 1669 Kb

LECER NADAL 2014

O Concello de O Pino organizará do 22 de decembro de 2014 ao 7 de xaneiro de 2015 as actividades dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos baixo a denominación de Lecer Nadal 2014.

O Lecer Nadal forma parte dos programas de conciliación familiar e laboral do Concello de O Pino. 

As inscricións realizaranse na casa do Concello do 5 ao 17 de decembro.

As actividades ofertadas serán as seguintes:




BIBLIOPISCINA 2014

Comeza a funcionar a bibliopiscina na piscina municipal en horario de 17:00 a 20:00 de luns a venres. Os nenos/as poderán gozar de diversas actividades como a lectura de libros, actividades de pintura e outros obradoiros. A actividade é gratutíta e non fai falla inscrición previa. 



Estás en Novas Xuventude

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information