A Nena Lola

 
 

Saludos a los Lectores | Cuento

   

A

maxia dos contos é algo que nos vai enfeitizar toda a vida. Personaxes, reais ou non, que nos fan vivir mil aventuras, loitar contra os malos, vivir en castelos, surcar os mares, ser heroes ou heroínas durante unhas cantas páxinas... Contar un conto é algo que todos deberiamos probar. É unha das razóns polas que o Concello de O Pino pón nas súas mans, nestas emblemáticas datas do Nadal, esta pequena, enternecedora e fermosa historia.

Xa saben todos vostedes que nos gusta apoiar todo tipo de iniciativas que procedan dos veciños deste concello, sobre todo no eido cultural/social. Esta incipiente pero prometedora carreira literaria adicada ós cativos chegou ás nosas mans e non dubidamos en darlle azos, e permitir que todo o que se agocha tras unhas páxinas – que é moito- puidese ser compartido por todos. Unha historia, un conto, non é só cousa de nenos. Porque, no fondo, nunca deixamos de ter esa parcela infantil que uns viviron máis ca outros, dependendo dos tempos.

Agardo que desfruten coñecendo a Lola, a pequerrecha que protagoniza este relato. Á súa autora, Eva Varela, só me queda pedirlle que esta sexa a primeira de moitas historias, e darlle as grazas por permitir que esta colaboración sexa posible.

Déanlle a man a Lola e comecen a vivir a súa aventura pasando a páxina. Boa lectura, e xa saben, deixen sair a maxia.
Bo Nadal.

 

 

 

 

  Manuel Taboada Vigo
   
   

C

hámome Eva Varela Gago. Nacín nunha bonita aldea chamada Amenal. Teño un irmán máis novo que vive cos meus pais, Manolo e Mariflor. Son ama de casa e teño un segredo... ¡¡¡chíflame o chocolate!!!
Este conto é moi especial para min, por ser o primeiro que vexo publicado. Por iso teño a necesidade de adicarllo a...

  • Ós amores da miña vida, que son as miñas parrulas Nerea e Sarai. Tamén a ti, Manolo, por apoiarme tanto nisto.
  • A meus pais e a meu irmán, por estar aí cando os necesito.
  • A meus tíos, ós que quero e admiro moito.
  • A meus primos, eses que están preto de min, nas xuntanzas, nas risas e nos choros.
  • A eses amigos, cos que comparto tantas risas as noites dos sábados. Grazas por estar aí.
  • A Eva por ser a miña fada madriña.
  • Á miña querida Loli, por seres a miña mellor niñeira.
  • A Maribel, polo chocolate que temos compartido.
  • A esas queridas nenas, Tata e Cris, que teñen tanta ou máis ilusión ca min por este conto.
  • Para ti, querido Paco, porque grazas ás túas palabras, que me deron tanta seguridade, me atrevín a escribir. Espero que che guste.
  • Ó concello, mil grazas, porque fixeron posible o meu soño.
  • E a ti, María José, por escoitarme. Grazas tamén.

Non quixera que se me quedase alguén no tinteiro, porque me doería moito. Por iso tamén quero darlle as grazas a toda esa xente que levo tempo sen ver, pero que compartiu comigo moitos momentos tanto na miña infancia coma na xuventude. Para todos eles tamén vai o meu conto.

Desexo que vos guste moito, porque, se teño oportunidade, gustaríame seguir contando as miñas pequenas historias.

De todo corazón....................

Bo Nadal.

   
   

webmaster@concellodeopino.com

Mapa Web

consejos para la navegación