maxia dos contos é algo que nos vai enfeitizar toda a vida. Personaxes, reais ou non, que nos fan vivir mil aventuras, loitar contra os malos, vivir en castelos, surcar os mares, ser heroes ou heroínas durante unhas cantas páxinas... Contar un conto é algo que todos deberiamos probar. É unha das razóns polas que o Concello de O Pino pón nas súas mans, nestas emblemáticas datas do Nadal, esta pequena, enternecedora e fermosa historia.
Xa saben todos vostedes que nos gusta apoiar todo tipo de iniciativas que procedan dos veciños deste concello, sobre todo no eido cultural/social. Esta incipiente pero prometedora carreira literaria adicada ós cativos chegou ás nosas mans e non dubidamos en darlle azos, e permitir que todo o que se agocha tras unhas páxinas – que é moito- puidese ser compartido por todos. Unha historia, un conto, non é só cousa de nenos. Porque, no fondo, nunca deixamos de ter esa parcela infantil que uns viviron máis ca outros, dependendo dos tempos.
Agardo que desfruten coñecendo a Lola, a pequerrecha que protagoniza este relato. Á súa autora, Eva Varela, só me queda pedirlle que esta sexa a primeira de moitas historias, e darlle as grazas por permitir que esta colaboración sexa posible.
Déanlle a man a Lola e comecen a vivir a súa aventura pasando a páxina. Boa lectura, e xa saben, deixen sair a maxia.
Bo Nadal.
|