| |
Área de Cultura |
 |
| |
|
O
|
apartado cultural, onde incluímos actividades de ocio, deportivas e formativas, ten gran peso no día a día de O Pino. Ó longo do ano sucédense diferentes citas con destinatarios de todas as idades e de diferente temática, co ánimo de satisfacer todo tipo de demandas áreas. |
| |
| 02/07/2008 |
COMEZA O LUNS UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA VERÁN POR PARROQUIAS |
| noticia |
A iniciativa, que conxuga deporte e obradoiros, percorrerá as trece parroquias do concello de O Pino |
|
O Concello de O Pino comeza unha nova edición do programa
“Verán por Parroquias”
O Pino, 2 de xullo de 2008.- Tralo éxito colleitado na primeira edición, celebrada o pasado verán, a Concellería de Educación e Cultura vén de poñer en marcha unha nova entrega do programa “Verán por parroquias”. A iniciativa, que comeza o luns, consiste na realización de diferentes xogos e talleres nas trece parroquias do Concello de O Pino, co obxectivo de achegar aspectos lúdico-culturais a tódolos veciños do municipio, sobre todo a aqueles que non dispoñen de medios para desplazarse. Ademais do habitual programa de verán, que inclúe cine, concertos, festas e actividades deportivas, está o “Verán por Parroquias”.
A cita comeza o luns, cando os monitores se despracen ó local social de Lardeiros, onde estarán tamén o martes, xa que as actividades desenvolvénse dous días en cada parroquia. Os días 9 e 10 irán a Pastor, o 14 e 15 a Medín; de aí a Gonzar, onde estarán os días 16 e 17 de xullo. En Budiño recalarán o 23 e 24, en O Pino os días 28 e 29, e en Castrofeito, os días 30 e 31 de xullo. Xa en Agosto, tócalle o turno a Pereira os días 4 e 5, en Arca estarán o 6 e o 7, en Cebreiro o 11 e o 12, a Cerceda irán os días 13 e 14, e por último, a Ferreiros, os días 18 e 19 de agosto. As actividades son para tódolos públicos, e realízanse entre as 10:00 da mañá e a 1 da tarde.
CALENDARIO:
XULLO AGOSTO
7 e 8 : LARDEIROS 4 e 5: PEREIRA
9 e 10: PASTOR 6 e 7: ARCA
14 e 15: MEDÍN 11 e 12: CEBREIRO
16 e 17: GONZAR 13 e 14: CERCEDA
23 e 24: BUDIÑO 18 e 19: FERREIROS
28 e 29: O PINO
30 e 31: CASTROFEITO
HORA: 10:00-13:00 horas
LUGAR: Locais Sociais
|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 02/07/2008 |
A BIBLIOTECA PÚBLICA ESTÁ XA ABERTA NO CENTRO SOCIOCULTURAL LUIS SEOANE |
| noticia |
Durante o verán abre tódolos días de 10 a 11 da mañán, e complétase cun servizo de Bibliopiscina |
|
O Concello de O Pino traslada a biblioteca pública ao Centro Sociocultural Luis Seoane

O Pino, 2 de xullo de 2008.- O Centro Sociocultural Luis Seoane, ubicado nas inmediacións do CPI Camiño de Santiago e do polideportivo municipal, acolle xa as dependencias da Biblioteca Pública do Concello de O Pino. Unha sala ubicada na parte traseira do inmoble, a carón do novo Centro de Saúde, é o enclave escollido para a ubicación da colección de libros que están a disposición dos veciños do municipio, tanto para consulta en sala como para o préstamo de volumes. A decisión tomouse tras quedar pequeño o espazo destinado a tal fin na Casa do Concello. Agora, onde antes estaba a biblioteca, permanecerá a Aula de Informática, de acceso libre e completamente gratuito.
A Biblioteca Pública abre tódolos días, durante o verán, de 10 a 11 da mañán. Polas tardes, os veciños desfrutarán dunha novidade, que é a Bibliopiscina. De luns a xoves, de 17:00 a 19:00 horas, os usuarios da piscina municipal desfrutarán da lectura de libros adaptados ás súas idades, e de pasatempos relacionados coa lectura. Haberá un monitor especializado, que irá renovando as obras cos fondos municipais. En canto á Aula de Informática, permanecerá aberta tódolos días de 11:00 a 14:00 horas, así como os martes e xoves, de 16:30 a 20:00 horas.
As novas instalacións da Biblioteca Pública municipal disporán dun espazo adicado aos máis pequenos, con xogos adaptados ás idades. Existe un importante fondo de consulta, con enciclopedias especializadas e obras de referencia en varios ámbitos. Ademais, a Concellería de Cultura está impulsando unha renovación de fondos, coa incorporación das últimas novidades editoriais.
|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 02/07/2008 |
O CENTRO CULTURAL "LUIS SEOANE" ACOLLE A II FESTA DA NARRACIÓN ORAL |
| noticia |
Na cita participarán os mellores narradores galegos, como Cándido Pazó ou Rober Bodegas |
|
O PINO INVITA A ESCOITAR, A CONTAR... E A COMER
Arca acolle este sábado, día 5 de xullo, a segunda edición da FESTA DA NARRACIÓN ORAL DE GALIZA. A Festa naceu hai agora un ano, cun éxito notable, precisamente coa intención de converter, nun país que semella só moverse polos eventos gastronómicos, a narración oral na verdadeira protagonista dunha convocatoria que xa na primeira edición foi multitudinaria. O evento está organizado polo Colectivo Tatalo (creado precisamente para a difusión da narración oral) e polo movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, e está apoiado, entre outras entidades, polo Concello de O Pino, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural ou a SA de Xestión do Plan Xacobeo. 9.30 h. da mañá terá lugar no Centro Sociocultural Luís Seoane, de Arca, unha actividade de formación para o profesorado na que intervirán Antón Cortizas (mestre e escritor), Montserrat Rivera (compoñente do grupo de música Leilía), Paula Carballeira (actriz e escritora) e Bieito Iglesias (escritor). Estes catro persoeiros dirixirán obradoiros e ditarán conferencias baixo o tema central da oralidade e do seu protagonismo nas aulas. 18.45 h., no Centro Sociocultural Luís Seoane terá lugar o acto central da Festa, coa presenza de narradores do talle de Quico Cadaval, Cándido Pazó, Paula Carballeira ou o televisivo Róber Bodegas. O espectáculo contará, ademais de con estes contadores, coa actuación de Guadi Galego (ex-cantante de Berrogüetto) e de Guille Fernández, que constitúen o dúo coñecido como Espido, con varios traballos no mercado. 22.30 h., en todos os bares de Arca sucederanse espectáculos de contacontos animados por narradores tan recoñecidos como Pepo Suevos, Carlos Santiago, Celso Sanmartín e a contadora local Eva Varela. Nestas sesións, os animadores profesionais prestaranlles o micrófono a todos os narradores afeccionados que queiran contar o seu conto, a súa historia. Para anotarse como contador nestes espectáculos que terán lugar nos locais de hostalería, calquera persoa pode facelo desde a páxina web oficial da Festa www.contocho.eu. O grupo tradicional Tombalombos animará a Festa polas rúas.
A Festa consta de tres partes ao longo do día:
- Desde as 9.30 h. da mañá terá lugar no Centro Sociocultural Luís Seoane, de Arca, unha actividade de formación para o profesorado na que intervirán Antón Cortizas (mestre e escritor), Montserrat Rivera (compoñente do grupo de música Leilía), Paula Carballeira (actriz e escritora) e Bieito Iglesias (escritor). Estes catro persoeiros dirixirán obradoiros e ditarán conferencias baixo o tema central da oralidade e do seu protagonismo nas aulas.
- A partir das 18.45 h., no Centro Sociocultural Luís Seoane terá lugar o acto central da Festa, coa presenza de narradores do talle de Quico Cadaval, Cándido Pazó, Paula Carballeira ou o televisivo Róber Bodegas. O espectáculo contará, ademais de con estes contadores, coa actuación de Guadi Galego (ex-cantante de Berrogüetto) e de Guille Fernández, que constitúen o dúo coñecido como Espido, con varios traballos no mercado.
- Xa despois das 22.30 h., en todos os bares de Arca sucederanse espectáculos de contacontos animados por narradores tan recoñecidos como Pepo Suevos, Carlos Santiago, Celso Sanmartín e a contadora local Eva Varela. Nestas sesións, os animadores profesionais prestaranlles o micrófono a todos os narradores afeccionados que queiran contar o seu conto, a súa historia. Para anotarse como contador nestes espectáculos que terán lugar nos locais de hostalería, calquera persoa pode facelo desde a páxina web oficial da Festa www.contocho.eu. O grupo tradicional Tombalombos animará a Festa polas rúas.
O Pino invita a escoitar, a contar... e a comer. A comer tamén invita porque cada bar de Arca ten preparado para os asistentes unha tapa especial que será servida xustamente mentres teña lugar o espectáculo en cada un dos locais. Poderanse degustar desde callos a empanada de variados tipos, pasando polo queixo parmesano de Arzúa, un produto local en auxe.

|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 17/06/2008 |
UN GRUPO DE VECIÑOS DE O PINO VISITA DIVERSOS PUNTOS DA RIBEIRA SACRA |
| noticia |
A iniciativa englóbase no proxecto de visitas que ten progamado a Concellería de Cultura |
Gran éxito da excursión á Ribeira Sacra organizada pola Concellería de Cultura de O Pino
Finalmente foron 55 os veciños de O Pino os que se decidiron a participar nunha das varias excursións programadas para este curso pola Concellería de Educación e Cultura. Desta volta a viaxe dirixiuse á Ribeira Sacra, con varias paradas lúdico-culturais. En primeiro lugar, a comitiva tivo o privilexio de asistir á demostración práctica da elaboración da cerámica de Gundivós, para partir logo ao Mirador de Cadeiras, unha das vistas máis espectaculares do concello de Sober. Tralo pertinente xantar, os veciños desfrutaron dun relaxado paseo en catamarán polo Río Sil, seguido unha pequena ruta de sendeirismo e a visita a unhas adegas, onde puideron degustar os afamados caldos da zona. En tódolos lugares, o grupo, capitaneado pola tenente alcalde, María Xosé Gómez, a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Francos, e pola animadora sociocultural, Ana Vigo, estivo guiado por expertos que foron explicando as claves dos puntos a visitar polos veciños.
Ante a gran resposta positiva por parte dos asistentes, o departamento antes citado traballa xa na organización de futuras visitas, que contribúan tanto á convivencia entre residentes en O Pino-moitas veces interxeneracional- así como a contribuir á difusión de riquezas artísticas e patrimoniais entre os que tomen parte deste tipo de iniciativas.

|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 03/06/2008 |
RESPALDO UNÁNIME AO NOMEAMENTO DE LUIS SEOANE COMO FILLO PREDILECTO DE O PINO |
| noticia |
Durante o acto quedou de manifesto o gran vencellamento do galeguista co municipio |
O Concello de O Pino nomea ao intelectual Luis Seoane Fillo Predilecto a Título Póstumo
Dende o pasado sábado, 31 de maio, Luis Seoane López, intelectual galeguista e un dos artistas máis prolíficos no exilio, forma parte da historia do Concello de O Pino, tras ser nomeado Fillo Predilecto do municipio, tras así decidilo o pleno municipal. O acto simbólico contou coa presenza de destacadas figuras do panorama cultural galego actual: o escritor Xosé Neira Vilas, o intelectual e amigo persoal de Seoane, Isaac Díaz Pardo, así como o presidente da Fundación Penzol e director da Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes.
Todos coincidiron en resaltar o forte vencellamento que unía a Luis Seoane co concello de O Pino, sobre todo con Arca, de onde era orixinaria a súa nai, e onde viviu boa parte da súa infancia e xuventude. Aínda hoxe en día está en pé a casa que fixeron seus pais, xusto diante do albergue de peregrinos do Pedrouzo (Arca). Existen ademais numerosas fotografías que testemuñan esa importante relación co municipio. Así o reflectiu tamén en escritos e debuxos, como o Gaiteiro de Arca. Dende o sábado, ademais do nomeamento, unhas frases do manuscrito "Cierro los ojos y veo", onde fai referencia a Arca, están plasmadas no hall da Casa da Cultura, que dende o sábado se pasa a denominar Centro Sociocultural Luis Seoane, como parte da homenaxe ao intelectual.
Durante a súa intervención, o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, ademais de resaltar que O Pino está comenzando a saldar a débeda moral que tiña con personaxes como Xesús Canabal ou Luis Seoane, animou á clase política, aos empresarios e ós axentes culturais a incrementar o seu diálogo, para que Galicia saiba aproveitar as súas potencialidades. A xuízo do rexidor de O Pino, "ás veces os políticos podemos dar a impresión de que só actuamos “na contra de”. E iso non é así. Reivindicar Galicia, defender o que somos, non é algo único e característico dunha determinada forza política. A ideoloxía cambia pero o obxectivo non. Esa finalidade que debemos ter todos é a de defender, coidar e potenciar a nosa rexión e a súa cultura. Para min, unha das claves está en impulsar e axudar ó empresariado. Así, entre todos, seriamos capaces de artellar unha Galicia forte, unida e con espíritu competitivo. E deixar á marxe, dunha vez por todas, personalismos e loitas estériles que o único que fan é estancarnos no camiño do avance e o progreso."
|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 26/05/2008 |
LUIS SEOANE É NOMEADO ESTE SÁBADO FILLO PREDILECTO DO CONCELLO DE O PINO |
| noticia |
Calquera interesado/a pode asistir ao acto, que comezará ás 12 do mediodía no Auditorio da Casa da Cultura |
O Concello de O Pino nomea a Luis Seoane como Fillo Predilecto a título póstumo o vindeiro sábado 31 de maio
O Pino, 22 de maio.- O Auditorio da Casa da Cultura de O Pino acollerá, o sábado 31, o acto de nomeamento de Luis Seoane como Fillo Predilecto de O Pino, entregado a título póstumo. A iniciativa foi aprobada nun pleno celebrado o pasado 26 de marzo, a proposta da Concellería de Educación e Cultura, e cos votos a favor dos tres grupos municipais, que coincidiron en resaltar a importante relación que Seoane tivo con O Pino, en concreto con Arca, plasmada en debuxos e textos. A pesar de non ter nacido no concello, súa nai sí era de Arca, e el pasou nesta parroquia boa parte da súa infancia e xuventude. Cando volveron de Bos Aires-tiña Seoane 6 anos-seus pais herdaron unha leira en Arca e construíron a casa familiar-que aínda hoxe está en pé- xusto diante de onde se ubica o Albergue de Peregrinos do Pedrouzo. Un inmoble que lles foi arrebatado na Guerra Civil, por pertenceren ó bando republicano.
Os actos de homenaxe terán lugar o sábado, 31 de maio, ás 12 do mediodía na Casa da Cultura. Intervirán, ademais do Alcalde, Manuel Taboada, un home que é toda unha referencia na cultura galega e ademais foi amigo de Seoane, Xosé Neira Vilas, que suple a ausencia doutro dos grandes amigos do galeguista, Isaac Díaz Pardo, a quen as súas obrigas no Padroado do Museo do Pobo Galego impiden a asistencia a esta cita. Tamén intervirá o profesor e director de Galaxia, Víctor Freixanes. Ás súas intervencións hai que sumar o descubrimento do nome que, a partires desa data, terá a Casa da Cultura, que oficialmente pasará a denominarse como Centro Sociocultural Luis Seoane.
Queda así testemuña da importante e constante relación que Seoane tivo con Arca, con, ademais da etapa vivida aquí, constantes visitas unha vez rematado o seu exilio. Boa proba diso é o manuscrito “Cierro los ojos y veo”, que escribiu no ano 1978, apenas un antes de morrer, e onde pón de manifesto as súas orixes. Un texto que tamén contén algúns debuxos do autor, relacionados con Arca e co seu entorno. Seoane estaba emparentado coa coñecida familia Brey; unha tía del foi a avoa de Mariano Rajoy, e outro dos seus tíos, Vicente López, chegou a ser Alcalde de Santiago.
Texto do manuscrito "CIERRO LOS OJOS Y VEO":
Habitan en La Coruña y no saben que los viejos de su infancia decían a los niños que desde la península de la Torre, en la misma ciudad se podía ver en los días claros la cosa de Irlanda. Quizás nunca lo supieron. Yo, sé eso. Lo recuerdo. También sé que cerrando los ojos veo cuando quiero una aldea, Arca, y a la misma aldea rodeada de montañas, de minas, de bosques y labradíos, y al pie de ellas un río transparente, de truchas que se ven correr amedrentadas por las sombras. Un río transparente en el que nadan las libélulas y en el barro de sus orillas se esconden las anguilas. Recuerdo los pobladores y sus trabajos. Era una aldea de músicos y gaiteros. Había dos bandas de música. Algún campesino emigraba y otros se hacían navegantes. Se ejercían los oficios elementales. En los bosques abundaba el jabalí y en las orillas del río la marta y por todas partes la comadreja y la ardilla. En el aire o posados en los árboles una multitud de pájaros.
Cierro los ojos y veo Arca. A ver Arca con los ojos cerrados me conduce la nostalgia. Como puedo ver Irlanda si cierro los ojos, para ello me bastan la historia y el sonido del mar. Puedo evocar todo aquello que vivi u oí y lo que conozco a través de otros.
Es curioso lo que ven por no querer ver algunas personas. Yo cierro los ojos y veo lo que quiero. Alguna vez creí percibir incluso el olor de aquel mar o el de aquella aldea.
También alguna vez quise ver la costa irlandesa de que hablaban los viejos coruñeses y no busqué el horizonte despejado de un buen día claro abriendo más los ojos que cualquier otro día, sino que me bastó cerrar los ojos para verla y, sin embargo era una tarde de espesa niebla.
Estos personajes que hoy evoqué, cerrando los ojos, los acabo de dibujar.
SEOANE, 10-VIII-78
|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 26/05/2008 |
MANUEL LOSA ROCHA PRESENTA ESTE VENRES EN ARCA DOUS LIBROS SOBRE A EMIGRACION |
| noticia |
O acto vai ter lugar ás 8 da tarde no Auditorio da Casa da Cultura, con entrada libre |
O escritor Manuel Losa presenta este venres en Arca dous libros autobiográficos sobre a emigración
O Pino, 26 de maio.- A Casa da Cultura do Concello de O Pino é o enclave elixido para que o editor e escritor Manuel Losa Rocha presente este venres, ás 20:00 horas, os seus libros O vendedor de libros e Relato dun emigrante. Son dúas obras publicadas por este polifacético home, compostelán de nacemento, pero uruguaio de adopción, xa que alí reside e alí discurriu practicamente toda a súa vida, dende que se viu obrigado a emigrar cando aínda era un rapaz, con só 13 anos. A Losa úneo un vencellamento especial con O Pino, posto que foi el quen deu o paso de escribir unha obra sobre a figura de Xesús Canabal, empresario galeguista que foi nomeado Fillo Predilecto do Concello en outubro de 2006. Libro do que tamén se falará no acto do vindeiro venres, ó que tamén asistirán unha filla e varias netas de Canabal.
No primeiro dos libros, Relato dun emigrante...de Santiago de Compostela a Montevideo, o autor fala da súa infancia, das lembranzas da capital de Galicia na Rúa Rosalía de Castro, onde seu pai tiña unha reloxería, a dureza previa á partida, a viaxe ata Urugai no buque “Juan de Garay”, así como da súa evolución, os empregos...etc. Tamén nos relata aspectos da vida montevideana da época, da súa implicación na vida cultural, posto que foi membro do consello directivo do Centro Galego de Montevideo e socio fundador do Patronato da Cultura Galega. Asemade, integrou o consello directivo da Asociación de Empresarios Galegos de Uruguai.
Na súa segunda obra, O vendedor de libros, Losa Rocha fai referencia á súa vida laboral, ás moitas dificultades que tivo que superar para atopar, por fin, a súa profesión definitiva: a de libreiro, que aínda hoxe exerce. Ambas obras están plagadas de anécdotas e vivenzas, que nos levan de Galicia a Montevideo, nun percorrido que abarca os últimos cincuenta anos.
O acto, que contará coa presenza do alcalde, Manuel Taboada, e coa lectura dunha colaboración escrita para Manuel Losa por Xosé Neira Vilas, vai ter lugar o venres, ás 8 da tarde, no Auditorio da Casa da Cultura, con entrada libre. |
| |
María José Gómez |
| |
|
| 06/05/2008 |
PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 2008 |
| noticia |
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello organizará unha serie de actividades de acceso libre e gratuitas |
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2008 o Concello organizará unha serie de actividades culturais de acceso libre e gratuitas, para exaltar a figura de D. Xosé María Álvarez Blázquez, escritor galego nado en Tui (Pontevedra) o cal se adica esta festividade tan característica da Cultura Galega.
PROGRAMACIÓN SÁBADO 17 DE MAIO
HORA
|
ACTIVIDADE
|
LUGAR
|
|
17:00-20:00
|
OBRADOIROS:
v Barro
v Cestería
v Globoflexia
v Bisutería Galega
v Elaboración de marcapáxinas
|
Polideportivo municipal
|
|
17:00-20:00
|
Animación á lectura.
Obradoiro de CREATIVIDADE (pintura...)
Exposición didáctica do carteis sobre o autor galego o que se adica o Día das Letras Galegas:
Xosé María Alvárez Blázquez
|
Casa da Cultura
|
|
20:00-21:00
|
Contacontos a cargo de “CAXOTO”
|
Casa da Cultura
|
|
| |
Iván Sanmartín |
| |
|
| 24/04/2008 |
A CONCELLERIA DE CULTURA ORGANIZA UNHA EXCURSION Á RIBEIRA SACRA |
| noticia |
Os interesados na visita, que vai ter lugar o sábado 14 de xuño, deben anotarse na Biblioteca Municipal |
|
EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA
O Concello de O Pino, a través da Concellería de Educación e Cultura, organiza unha viaxe o sábado, 14 de xuño. Os menores de 13 anos necesitan ir acompañados dun adulto responsable, e todos os menores de idade necesitan cubrir unha autorización.
A viaxe consiste en: Saída ás 08:00 da Praza do Concello (Pedrouzo-Arca), con destino Monforte de Lemos. Visita demostración de Cadeiras, xantar, ruta en Catamarán polos Cañóns do Sil e visita con degustación do Viño de Amandi nunha bodega. Regreso aproximado ás 22:30 horas.
O custo da viaxe á de 25€ para as persoas empadroadas neste Concello, e de 35€ para o resto. Inclúe entradas e xantar. O autobús subvenciónao o Concello.
As persoas interesadas poden inscribirse na Biblioteca Municipal, sita na Praza do Concello, antes do 30 de maio, en horario de luns a venres de 12 a 14 horas, e de 17 a 20; ou ben os sábados de 12 a 13 horas. Tamén chamando á Casa da Cultura, no teléfono 981 51 10 65.
O Pino, 23 de abril de 2008
O Alcalde
Manuel Taboada Vigo
|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 21/04/2008 |
REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TÍTERES "PINOCHO" |
| noticia |
É unha das actividades enmarcadas na celebración, o mércores 23, do Día do Libro |
REPRESENTACIÓN DE "PINOCHO", O VENRES, ÁS 12:30, NA CASA DA CULTURA
A Concellería de Educación e Cultura programa, para este venres, 25 de abril, unha sesión de títeres como unha das actividades previstas co gallo da celebración, o mércores, do Día do Libro. Os profesionais de Títeres Cachirulo serán os encargados de que os rapaces se deleiten con todo un clásico da literatura, Pinocho. A obra vaise desenvolver no Auditorio da Casa da Cultura, ás 12:30 horas. Está previsto que participen os rapaces de Infantil e Primaria do CPI Camiño de Santiago, así comos os nenos que estudan nas unitarias de Gonzar, Castrofeito e Ferreiros.

|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 21/04/2008 |
IV FESTIVAL DE BANDAS NO CONCELLO DE O PINO O DOMINGO, 4 DE MAIO |
| programa |
Á cita concorren as Bandas de Arca, Arzúa e a Recreativa e Cultural de Bandeira |
IV FESTIVAL DE BANDAS NO CONCELLO DE O PINO
A Casa da Cultura é o escenario onde, o domingo 4 de maio, poderemos desfrutar da música de tres bandas galegas. Trátase do IV Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música de Arca, en colaboración co Concello de O Pino. Ademais dos anfitrións, estarán no Auditorio do recinto a Banda de Música de Arzúa e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. Será a partir das 18:30 horas, con entrada libre.
A Banda de Música de Arca, que dirixe José Mª Blanco Pampín, continúa así coa súa andaina, levando a bo porto este Festival, que cada vez vai gañando máis adeptos dentro e fóra do concello. Para máis información sobre a Banda ou sobre os seus concertos, pódese visitar a web www.bandadearca.com.
|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 31/03/2008 |
CAMPAMENTOS DE VERÁN 2008 |
| bando |
Están dirixidos a rapaces de entre 9 e 18 anos e o prazo para solicitalos remata o 11 de abril |
|
CAMPAMENTOS DE VERÁN 2008
D. Manuel Taboada Vigo, Alcalde-Presidente do Concello de O Pino
INFORMA: Que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar acaba de convocar a Orde do 13 de marzo de 2008 para solicitar as prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán 2008. Poderán solicitar as prazas os mozos/as que cumpran os seguintes requisitos:
SUBVENCIÓN: O Concello destina 500 € de orzamento para subvencionar proporcionalmente ao total de solicitantes. A estes efectos, unha vez concedido o campamento, deberán presentar a carta de admisión da Xunta para solicitar a subvención no Concello e estar empadroados neste.
As bases para a concesión da subvención polo Concello e a documentación a presentar publicarase no BOP, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.
PRAZO: O prazo para solicitar as prazas á Xunta de Galicia remata o vindeiro día 11 de abril.
SOLICITUDE: Os impresos poderanse descargar e cubrir directamente desde a páxina web: www.xuventude.net ou ben pedilos na Oficina de Información Xuvenil (localizada na Biblioteca Municipal deste Concello) e asinalos os/as pais/nais ou titores dos menores solicitantes. Deberán presentalos no Rexistro Xeral da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar, por correo ordinario ou a través do Rexistro do Portelo Único deste Concello (nos dous últimos casos deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia da solicitude ao Fax. 981 545 843).
O Pino, 25 de marzo de 2008
O ALCALDE |
| |
María José Gómez |
| |
|
| 27/03/2008 |
VISITA ÁS OBRAS DA CIDADE DA CULTURA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA |
| bando |
Aberto o prazo para anotarse a unha visita que durará 90 minutos e que permitirá coñecer os entresixos do macrocomplexo do Gaiás |
|
D. MANUEL TABOADA VIGO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE O PINO (A CORUÑA)
INFORMA
Que a Concellería de Educación e Cultura abre a convocatoria para anotarse a unha
VISITA ÁS OBRAS DA CIDADE DA CULTURA
A visita vai ter lugar o sábado, 10 de Maio. Comeza ás 10:00 horas e remata ás 11:30. O Concello facilita o transporte. Recoméndase levar roupa de abrigo e calzado cómodo. Permítese acceder con cámaras de fotos e vídeo.
Os interesados poden inscribirse ou recibir máis información na Biblioteca Municipal, en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas de luns a venres, así como os sábados pola mañán. Ou ben chamando á Casa da Cultura, no teléfono 981 51 10 65. O número máximo de inscritos é de 25 persoas. Se a demanda é maior, organizarase outra visita con outra data. Terán prioridade os primeiros 25 inscritos.
|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 24/03/2008 |
CIRCUITOS CIENTÍFICOS NO CPI CAMIÑO DE SANTIAGO |
| noticia |
Os vindeiros días 27, 28 e 29 de marzo levaranse a cabo no CPI Camiño de Santiago uns circuitos científicos |
Os vindeiros días 27, 28 e 29 de marzo levaranse a cabo no centro CPI Camiño de Santiago sito na localidade de Arca-Pedrouzo, unha serie de circuitos científicos cuias temáticas versarán sobre o desarrollo sostible e a ecoloxía en xeral. Os circuitos estarán abertos a tódolos escolares e dirixiranse a tódolos ciclos educativos, de infantil a secudaria.
TEMÁTICAS A TRATAR:
RECICLAXE DIVERTIDA
EFECTO DO DESXEO
O XOGO DOS ECOSISTEMAS
ENERXÍAS RENOVABLES

|
| |
Iván Sanmartín |
| |
|
| 04/03/2008 |
EMPRESARIOS DE O PINO PARTICIPAN NUN PROGRAMA PARA LOGRAR O DISTINTIVO DE CALIDADE TURISTICA |
| noticia |
O proxecto forma parte do Plan de Mellora da Calidade Turística de Portodemouros |
|
O proxecto forma parte do Plan de Mellora da Calidade Turística de Portodemouros e del forman parte once concellos
Empresarios e hosteleiros de O Pino participan no programa para lograr o distintivo de Calidade Turística
O Pino, 4 de marzo de 2008.- Máis dunha ducia de empresarios do Concello de O Pino están participando nas sesións que se levan a cabo na Casa da Cultura (Arca) dentro do Modelo de Aproximación á Calidade Turística (MACT). É unha das accións incluídas en Terras de Ulla e Tambre-Plan de Mellor da Calidade Turística de Portodemouros. Unha iniciativa na que participa O Pino e que conta co financiamento da Deputación da Coruña, a Consellería de Innovación e Industria, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio así como a Unión Europea, a través dos Fondos Feder.
Esta acción concreta consiste nunha serie de sesións teórico-prácticas, acompañadas de visitas dos técnicos ós establecementos que se quixeron sumar, para ir adaptando coñecementos que redunden nunha mellor atención ó cliente, elevando a calidade dos servizos e dos productos ofertados. Son catro sesións que inclúen unha parte teórica e a realización de obradoiros, con asesoramento personalizado unha vez que rematen, nos propios locais. De O Pino participan responsables de hoteis, casas de turismo rural, pensións, restaurantes e bares. Trátase dunha iniciativa completamente gratuíta para os asistentes, que sí teñen a oportunidade de acadar o distintivo antes mencionado, que complementa outros que xa poidan existir, como por exemplo a Q de Calidade.
O obxectivo dos profesionais que desenvolven as xornadas (a próxima é o martes, 11 de marzo) é que este verán tódolos participantes teñan xa o seu diploma de calidade, que servirá de referencia para tódolos turistas e visitantes da zona. Os establecementos adheridos de O Pino súmanse ós case 80 que están a participar na iniciativa dentro dos once concellos ós que atinxe. Outra das finalidades, ademais de mellorar os estándares de calidade, é que o visitante se atope ante un destino concreto, consolidando estas Terras de Ulla e Tambre (porque os once concellos están entre as dúas concas dos ríos) como unha referencia. De aí que o propio Plan inclúa, ademais destas sesións, outras accións como a divulgación da gastronomía da zona, unha importante mellora da sinalización-coa delimitación de rutas de sendeirismo, a colocación de puntos de información turística en tódolos concellos (en O Pino estará no exterior da Casa do Concello) ou a creación dunha imaxe de marca. En total, o Plan conta cun orzamento de 1.200.000€, distribuidos en catro anualidades, ata o 2009.

|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 14/01/2008 |
CONCURSO DE CARTEIS PARA ANUNCIAR O ENTROIDO |
| noticia |
O cartel gañador será o utilizado para anunciar as festas do Entroido en O Pino |
|
ENTROIDO 2008
IX CONCURSO DE CARTEIS
BASES
I.- Poden participar tódolos rapaces do Concello de O Pino.
II.- Os carteis serán en tamaño folio (DIN A4) e deberán levar a lenda “O Pino, Entroido 2008”.
III.- O prazo de presentación dos carteis remata o venres, día 18 de xaneiro. Deben presentarse no Concello de O Pino ou ben no CPI Camiño de Santiago. Teñen que levar no reverso o nome, idade, enderezo e teléfono do autor.
IV.- Outorgaránse dous premios, nas seguintes categorías:
1ª Categoría: rapaces ata 11 anos.
2ª Categoría: rapaces de 12 a 17 anos.
V.- Os premios consistirán en dous lotes de libros en galego e en xogos adaptados ás idades.
VI.- Os premios entregaranse o domingo día 3 de febreiro, durante o Concurso de Disfraces.
VII.- A selección dos carteis premiados realizarase a proposta dun xurado presidido polo Alcalde.
VIII.- O cartel premiado será o que se utilice para anunciar o Entroido por todo o concello.
O Pino, xaneiro de 2008 |
| |
María José Gómez |
| |
|
| 14/01/2008 |
CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO 2008 |
| noticia |
Os interesados en participar no concurso, o domingo 3 de febreiro, deben inscribrise ese mesmo día |
|
ENTROIDO 2008
X CONCURSO DE DISFRACES
BASES
I.- Poden participar tódalas persoas, asociacións, agrupacións que acudan disfrazados o día do concurso.
II.- Os participantes deberán anotarse na praza do concello o mesmo día do concurso pola tarde, a partir das 16:00 horas.
III.- O concurso terá lugar o domingo día 3 de febreiro a partires das cinco da tarde na Praza do Concello (Arca). En caso de choiva celebrarase no Polideportivo municipal.
IV.- Outorgarase un premio por categoría:
1ª Categoría: Disfraz infantil Premio: 90 euros
2ª Categoría: Disfraz de parella Premio: 150 euros
3ª Categoría: Disfraz de grupo Premio: 200 euros
4ª Categoría: Disfraz individual Premio: 120 euros
5ª Categoría: Disfraz comparsa Premio: 400 euros
Nota: Tódolos rapaces de ata 10 anos terán un agasallo se van disfrazados e figuran inscritos no concurso.
V.- As comparsas terán que ter polo menos 10 membros para poder participar.
VI.- A selección dos gañadores realizarase a proposta dun xurado composto por persoal alleo ó Concello de O Pino.
O Pino, xaneiro de 2008 |
| |
María José Gómez |
| |
|
|
| 10/12/2007 |
PROGRAMACION LÚDICO CULTURAL DO NADAL 2007 |
| noticia |
O programa inclúe música, teatro, maxia e xogos para os máis pequenos da casa |
|
NADAL LÚDICO-CULTURAL
-
2 decembro. TEATRO. Asociación Cultural O Marañao representa “O achado do castro”. 19:30 horas, Casa da Cultura.
-
-
16 decembro. TEATRO. Teatro Atlántida de Matamá representa “O polbo morto”. 19:30 horas, Casa da Cultura.
-
-
21 decembro. Festival de Nadal do CPI Camiño de Santiago. Casa da Cultura.
-
-
23 decembro. CONCERTO DE NADAL da Banda de Música de Arca. 20:00 horas. Casa da Cultura.
-
-
27 decembro. NADAL LÚDICO. Torneo de badminton. Obradoiro de maquillaxe. Inchables. Música ambiente. Polideportivo municipal. 16:30-19:30 horas.
-
-
28 decembro. NADAL LÚDICO. Basket 3x3. Obradoiro de barro. Inchables. Música ambiente. Polideportivo municipal. De 16:30-19:30 horas.
-
-
28 decembro. II CIRCUITO GALEGO DE MAXIA. Mago Cali, Mago Pablo, Mago Norberto, Mago Richard e Mago Vituco. 20:00 horas. Casa da Cultura.
-
-
29 decembro. NADAL LÚDICO. Fúbtol 3x3. Obradoiro de globoflexia. Inchables. Música ambiente. Polideportivo municipal. De 16:30-19:30 horas.
-
-
29 decembro. CONCERTO DO CORO DE ARCA e amigos: Coro de Touro, Coro de Lavacolla, Coro de Castrosúa e a cantante Carmen Dor. 20:00 horas. Casa da Cultura.
-
-
30 decembro. TEATRO. Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas de Ulla. “Indíxenas na cidade”. 19:30 horas. Casa da Cultura.
-
-
4 xaneiro. XOGOS COS CONTOS. Para rapaces de ata 13 anos. Casa da Cultura. 18:00 horas.
-
-
5 de xaneiro. CABALGATA DE REIS. Percorrido por tódalas parroquias. Gran festa no Polideportivo a partir das 19:00 horas.
|
| |
María José Gómez |
| |
|
| 10/12/2007 |
CAMBIOS NO PERCORRIDO DA CABALGATA DOS REIS MAGOS DE ORIENTE |
| noticia |
O programa inclúe a visita ás trece parroquias de O Pino, ademais dunha festa no polideportivo |
|
CABALGATA DE REIS
PERCORRIDO DA COMITIVA, Sábado 5 xaneiro
Saída da Praza do Concello ás 11:15 horas, chegando a PEREIRA ás 11:30 ó Campo de Festas; CASTROFEITO ás 11:45 ó lado da Igrexa; BUDIÑO ás 12:15 no Campo de
Festas; O PINO ás 12:30 no Campo de Festas; GONZAR ás 12:50 no Campo de Festas; MEDÍN ás 13:15 no Campo de Festas; PASTOR ás 13:30 no Campo de Festas e
LARDEIROS ás 13:45 no Campo de Festas.
Pola tarde, chegada a SAN BREIXO ás 17:00 horas no Campo de Festas; SAN MAMEDE ás 17:20 ó Campo de Festas; SAN MIGUEL DE CERCEDA ás 17:45 ó lado da
Igrexa e CEBREIRO ás 18:00 no Campo de Festas.
En caso de choiva, as SS.MM. De Oriente chegarán ós locais sociais de Pereira, Budiño, O Pino, Gonzar, Pastor, Medín, Cerceda e Cebreiro ás mesmas horas antes
indicadas. No resto das parroquias irán ós seguintes lugares: Castrofeito (Local Social da Escola de Santiso); Lardeiros (Local Social da Escola do Marquiño), San Breixo
(Teleclube) e San Mamede (Local baixo o palco da festa).
A partir das 17:00, inchables no polideportivo municipal.
ÁS 19:30 CHEGADA DAS SS.MM. DE ORIENTE Ó POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE ARCA
| | | |