Área de Educación

 

O

Concello de O Pino non ten directamente competencias en materia educativa, aínda que si é o responsable do mantemento dos centros de educación primaria e está presente no consello escolar do CPI Camiño de Santiago.  Un dos obxectivos do goberno municipal pasa por establecer unha coordinación adecuada entre os axentes educativos e os representantes políticos, para poder dar resposta ás demandas e necesidades que se presenten n este contexto.

As actuacións en materia educacional pasan por mellorar a calidade da ensinanza e favorecer o acceso á formación en igualdade de oportunidades. Para iso, os esforzos céntranse en mellorar paulatinamente a calidade dos equipamentos, mediante a planificada execución de obras destinadas áá adecuación e mellora dos centros de educación infantil e do Punto de Atención á Infancia (P.A.I.), así como dos seus espazos exteriores.

Ademais, baixo o eixo dunha idea integral de acción socioeducativa, plantéase en O Pino un abano de programas educativos municipais executados en accións concretas para fomentar valores nos máis pequenos como o coñecemento da lingua, o respeto e valorización do medio ambiente...etc., desenvolvidos en colaboración con outras áreas municipais.

   
   

webmaster@concellodeopino.com

Mapa Web

consellos para a navegación