esta unha área vital para o concello de O Pino. O departamento traballa día a día para impulsar a industria, o emprego e o turismo, tres grandes claves para entender o desenvolvemento do municipio. O equipo humano que a integra realiza actividades que teñen como obxectivo a implantación de políticas activas de emprego e fomento da actividade económica e social. A única finalidade é favorecer o crecemento económico e –ó mesmo tempo- o desenvolvemento social conseguinte.
Entre as accións que se desenvolven figuran a promoción e potenciación das empresas municipais, a orientación sobre trámites para a posta en marcha de novas iniciativas, a elaboración de estudos de viabilidade económico-empresarial e a información sobre axudas e subvencións. A todo isto se suma a xestión e promoción de cursos de formación continua e a proposta e execución de programas comunitarios.
A posta en marcha do Polígono Industrial de O Pino, xestionado por Fadesa, supoñerá un dos maiores revulsivos da historia do concello no capítulo económico. A primeira fase de un millón de metros cadrados é só o primeoiro paso, posto que a área comprende outros dous millóns de metros, reservados para o futuro crecemento deste núcleo industrial. Trátase dun dos mellores ubicados de toda Galicia, xusto ó lado do aeroporto internacional de Lavacolla, moi preto a estación de mercadorías de A Sionlla e conectado coa futura autovía Santiago-Lugo. |