Área de Urbanismo

 

O

Pino é un concello que nos últimos anos desenvolveu unha importante actividade urbanística. A calidade residencial que ofrece este municipio, limítrofe con Santiago de Compostela e Arzúa, e colindante co aeroporto de Lavacolla, os seus servizos, fan del un núcleo altamente atractivo para aquelas persoas que desexen un lugar tranquilo e á vez cómodo para situar nel o seu domicilio.

A política urbanística do actual goberno de O Pino é a de realizar unha construción ordenada, sempre seguindo estrictamente os parámetros delimitados no Plan Xeral de Ordenación Municipal, en vigor desde o verán de 2003. O obxectivo é ir debuxando as liñas dunha serie de conxuntos residenciais en diferentes partes do municipio, que configuren un exemplo de convivencia entre o medio natural e os inmobles, esteticamente poco agresivos e con materiais coidados.

Ó mesmo tempo, o executivo municipal, presidido por Manuel Taboada, leva a cabo desde hai anos, unha política centrada en ir adaptando ós novos tempos todos os servizos dos veciños e veciñas de O Pino. Plans anuais para completar o abastecemento de auga, unha cada vez mellor recollida de residuos, a posta en marcha dun punto limpo, a urbanización ou adecuación de camiños/pistas e estradas de titularidade municipal...etc.

Non se trata tanto da materialización de obras faraónicas, como da mellora da calidade de vida dos que se decanten por O Pino. As comunicacións son un dos grandes eixos en torno ós que xiran as actuaciones municipais, para conseguir máis e mellores accesos e vías de enlace internas.

Tampouco se deseña un recuncho de fantasía, senón o crecemento dunha vila, pero en sintonía col rico patrimonio natural que posúe, sen présa, sen pausa. Meditando os pasos a dar para conxugalos co capítulo de servizos e a orde.
   
   

webmaster@concellodeopino.com

Mapa Web

consellos para a navegación