Área de Servizos Sociais

P.A.I. (Punto de atención á infancia)

   

T

rátase dun servizo ó alcance de toda a poboación, cuxo obxectivo é promover unha mellor calidade de vida. Calquera veciño de O Pino que o necesite e reúna as condicións se pode beneficiar das súas prestacións sociais e económicas, ben de forma individual ou colectiva.

Desenvólvense diversos programas e facilítase o acceso a recursos sociais existentes en diversas áreas: familia, infancia, xuventude, persoas maiores, persoas con discapacidade, emigrantes e inmigrantes, prevención e inserción social, etc.

Os programas de actuación básica son :

  • Programas de orientación, asesoramiento e información.
  • Axuda a domicilio.
  • Prevención da marxinación. Inserción social. Ambas mediante o apoio técnico e axudas económicas.

Outros programas e axudas que se executan son:

  • Programa de alimentos en colaboración coa Cruz Vermella.
  • Programa de 3ª Idade, Ocio e Tempo Libre.
  • Programa de saúde (termalismo).
  • Programa de Turismo Social.
  • Cheque asistencial.
  • Teleasistencia domiciliaria.
  • Programa de educadores familiares.
  • Programa de emerxencia social.
  • Acollida familiar de persoas maiores e persoas con discapacidade.
  • Asistencia sanitaria e farmacéutica para persoas con discapacidade (Lismi).
  • Atención temperá
  • Axudas económicas para a integración do menor.
  • Axudas económicas para situacións de emerxencia social.
  • Axudas individuais non periódicas destinadas a persoas maiores e persoas con discapacidade.
  • Pensións no contributivas: xubilación, invalidez.
  • Prestacións por fillos discapacitados.
  • Pretacións por fillo a cargo menor de 3 anos.
  • Tramitación de recoñecementos de minusvalías.
  • Tramitación de títulos de familias numerosas e carnet familiar.
  • RISGA (Renda de Integración Social de Galicia)
  • Tarxetas de estacionamento para minusválidos.
  • Trámites de carácter xurídico.
  • Campamentos de verán para minusválidos.
  • Axudas para leite e partos múltiples.

Na área de muller e servizos sociais, ademais dos
programas anteriormente mencionados, existen outros servizos como:

I.- Centro de Información á Muller (C.I.M.)

Trátase dun servizo público e gratuíto, creado co obxectivo de aportar solucións ós problemas ós que se enfronta a muller cada día. Está dotado de persoal cualificado para atender as demandas das usuarias, xa que conta cunha psicóloga e unha avogada.

Informa e orienta sobre cursos, seminarios, encontros... ademais de ofrecer pautas sobre a creación de asociacións e apoio ás xa existentes a través de axudas e subvencións. Tamén aporta información sobre casas de acollida e centros de planificación familiar. A todo isto súmanse programas dirixidos a favorecer o desenvolvemento integral das mulleres para mellorar a súa calidade de vida.

Por outra parte, o C.I.M. de O Pino orienta e asesora en temas de mediación familiar, abandono de fogar, interrupción do embarazo, adopcións, patoloxías de carácter social (alcoholismo, drogadición, ludopatía). Ofrécese intervención psicolóxica en agresións, abusos sexuais, acoso sexual e laboral, enfermidades como por ej. cancro de mama... etc.

En materia xurídico-legal, asesórase e apoia en casos  de ameazas, agresións, sentenzas incumpridas (impago de pensións alimenticias), separación matrimonial, dereitos e obrigacións das traballadoras...etc.

Ó C.I.M. poden acudir todas aquelas persoas que o desexen, que necesiten información, orientación ou asesoramento individualizado sobre aspectos xurídicos, psicolóxicos e sociais en xeral.

Horario de oficina: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
Horario de atención ó público (pedir cita previa):

  • Psicóloga: luns, martes e xoves de 09:00-11:00 horas.
  • Avogada: xoves, de 08:30-14:30 horas.

Casa Consistorial. Teléfono 981 511 002

II.- Punto de atención á infancia (P.A.I.)

Ubicado na rúa Avenida de Santiago (antiga escola unitaria), trátase dun centro que cumpre unha función educativa e asistencial. Presta un servizo de atención e apoio a pais, titores ou coidadores cando concorran as circunstancias que lles impidan o coidado dos máis pequenos. Aténdense tamén aqueles casos que se correspondan con necesidades puntuais, tratando sempre de conciliar a vida familiar e laboral das familias mediante a atención diaria no seo dun grupo de iguais, e cunha proposta de actividades adaptadas a cada idade. O centro va dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 6 meses e os 3 anos.

O P.A.I. está en funcionamento durante todo o ano, excepto durante as vacacións e fins de semana. O seu horario é:

  • Mañás: 09:30-13:30
  • Tardes: 16:00-20:00

III.- Programa Preescolar na casa

É un programa que ten por obxectivo prestar, sen equipamento, un servizo de atención á primeira infancia en zonas con poboación moi dispersa. O Concello de O Pino hai anos que se sumou a esta iniciativa, a través da Fundación Preescolar Na Casa. Existen tres grupos, con sede nas parroquias de Arca, Ferreiros e Lardeiros.

Consiste nunha acción educativa, realizada polas familias e nenos coa axuda de orientadores. Apoiase en reunións periódicas e programas dos orientadores cos pais. Deste modo poden os proxenitores profundizar no desenvolvemento dos seus fillos, ó tempo que se encuentran con outras familias.

Para máis información, deben dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello.

IV.- Apoio a menores con necesidades educativas especiais.

O apoio escolar para nenos con necesidades educativas especiais consiste na realización de actividades de reforzo educativo: a posta en marcha de tarefas escolares, “deberes”, así como a ensiñanza do bo uso, coidado e hixiene do material escolar e persoal. Actividades que permiten ós menores a adquisición dun curriculum escolar básico e un bo axuste escolar. Facilítase á súa vez a transmisión de valores culturais e a adquisición de integración escolar, socialización e autoestima.

Realízase a través de actividades lúdicas e recreativas que permiten mellorar a motivación e , por conseguinte, a adquisición de coñecementos.

Compleméntase con accións enmarcadas en programas individuais psico-educativos, adaptados ás características e necesidades de cada menor. Dentro destes programas englóbanse os individuais para corrixir e mellorar déficits de atención, programas de reforzo de capacidades, de detección precoz, de reeducación da linguaxe, mellora da autonomía persoal e social.. etc.
 

   

webmaster@concellodeopino.com

Mapa Web

consellos para a navegación