Casa do Concello

 

A Casa Consistorial ubícase nestes momentos e desde hai máis de setenta anos, en Arca. O rexistro que asinou a mediados do século XIX Pascual Madoz situábanos o edificio municipal, sen espazo físico propio, na freguesía de San Vicenzo do Pino. Posteriormente se trasladou ó actual albergue de Santa Irea, e a un edificio ubicado en Arca. Trátase dun inmoble situado fronte ó actual albergue de Arca, e construído nos seus inicios por Luis Santiago Seoane e María López, pais do coñecido e polifacético galeguista Luis Seoane.
 

Na actualidade a casa do concello ten sede propia tamén en Arca. Trátase dun edificio moderno, de tres alturas e cuberta mixta. O principal motivo da aparencia da fachada principal é a potente liña de balcón que aparece na segunda planta. Predomina o movemento volumétrico que artella as diferentes pezas. A porta principal, situada nun dos laterais, conta cun soportal que se forma ó retranquear a liña de fachada na planta baixa uns tres metros. O voado da cuberta sobre o balcón principal, que leva tras si toda a liña de cornixa, contribúe a destacalo de maneira decisiva.

   

ESCUDO E SELO:

Non está claro aínda a orixe do nome do concello. Hai varios anos un grupo de investigadores da Asociación Cultural Chaira, con sede en Arca, asinaron un interesante artigo no número 4 da súa revista, Chaira Escribe.Nel intentaban explicar a orixe do termo O Pino, facendo referencias ó escudo municipal, no que aparece un pino. Según este grupo de investigadores, durante moito tempo creuse que O Pino era unha tradución do castelán El Pino, algo incorrecto, porque en galego sería o piñeiro. En galego, a palabra pino posúe varios significados:

  • O punto máis alto ó que chega ó sol, o cénit.
  • Empinado, vertical.
  • Auxe, punto culminante.
  • Saínte ou entrante dun leiro noutro colindante.
  • Posición vertical do corpo coa cabeza cara a abaixo.
  • Xogo infantil.
  • Racimo.

SELLOIncluso se podería pensar cunha forma de pino relacionada cos populares penedos. É probable que esta forma ou o significado “empinado” son os que máis próximos estean á orixe do nome do concello.

x

O escudo reflicte esta árbore, ó igual que os selos municipais. Neste último epígrafe axúdanos a historia. Remontámonos ó 30 de agosto do ano 1876. Foi o día no que o Gobernador Civil da Coruña remite ó xefe do A.H.N. as contestacións recibidas dos alcaldes da súa provincia sobre os selos que usarán e viñan usando. O de San Vicenzo do Pino comunica ó Gobernador, o 11 de outubro de 1876, que lle remite estampados os selos do concello. O primeiro foi adquirido no ano 1845.

espacio  

webmaster@concellodeopino.com

Mapa Web

consellos para a navegación